Klein Bonaire
Klein Bonaire (en neerlandés "Pequena Bonaire") é un pequeno illote deshabitado fronte á costa occidental da illa caribeña de Bonaire.
Klein Bonaire | |
---|---|
Todo Klein Bonaire é visible desde os outeiros no lado de sotavento de Bonaire | |
Klein Bonaire é o illote redondeado do centro da imaxe | |
Situación | |
País | Bonaire |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 12°09′29″N 68°18′39″O / 12.15806, -68.31083Coordenadas: 12°09′29″N 68°18′39″O / 12.15806, -68.31083 |
Xeografía | |
Superficie | 6 km² |
Longura máxima | 3'9 km. |
Largura máxima | 2´5 km. |
Punto máis alto | 1 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Xeografía
editarO illote, que se atopa próximo á media lúa formada pola illa principal, ten 6 km² e é moi chan, levantándose non máis de dous metros sobre o nivel do mar. As únicas estruturas son algunhas ruínas de chozas de escravos (pequenas, estruturas dun só cuarto que datan do período de escravitude da rexión).
A distancia desde a costa de Bonaire á costa de Klein Bonaire é de aproximadamente 800 metros no punto máis próximo. A distancia é frecuentemente atravesada por barcos particulares e comerciais e pódese facer en kaiak con certa dificultade. A principal atracción para os visitantes é o mergullo e o snorkeling no prístino dos arrecifes de coral que rodean o illote.
Historia
editarEn 1868, Klein Bonaire foi vendida a un particular chamado Angel Jeserun e permaneceu en mans privadas ata 1999, cando foi comprada polo goberno de Bonaire, o Fondo Mundial para a Natureza, e a Fundación para a Preservación de Klein Bonaire por 9 millóns de Florines das Antillas Neerlandesas (5 millóns de dólares estadounidenses).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fundación para a preservación de Klein BonaireArquivado 04 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Fotos de Klein Bonaire