Bonaire
A illa de Bonaire, municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao.
Bonaire | |||
---|---|---|---|
Boneiru | |||
| |||
Himno: ''"Tera di Solo y suave biento"'' | |||
Capital • Poboación | Kralendijk 17 408 | ||
Linguas oficiais | Neerlandés, | ||
• Cooficiais | Papiamento[1] | ||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria | ||
Guillerme Alexandre Etienne Ys | |||
Nación constituínte | dos Países Baixos | ||
• Total | 288 km² | ||
• Total | 19.549[2] (febreiro 2019) hab. | ||
• Densidade | 67 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
Moeda | Dólar estadounidense | ||
Xentilicio | Bonairense | ||
Fuso horario | UTC -4 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Prefixo telefónico | +599-7 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao. A súa capital é Kralendijk, situada na costa centroccidental da illa.
A súa poboación é duns 10.635 habitantes (ano 2005). A maior parte dos seus habitantes son mulatos, produto da mestizaxe, entre europeos e africanos. Con todo, podemos observar que unha importante parte da súa poboación ten variadas orixes, entre as que debemos destacar os Países Baixos, República Dominicana, Venezuela, Colombia, Suriname e os Estados Unidos, entre outros países.
HistoriaEditar
Bonaire foi descuberta polos españois en 1499, nunha expedición dirixida por Alonso de Ojeda e Américo Vespucio.
Esta pequena illa chamouse primeiro Illa do Brasil. Os indios caiquetio e os arauacos, que habitaban a illa cando esta foi descuberta, foron descritos polos españois como homes que vivían na Idade de Pedra e refuxiábanse en miserables chozas de adobe.
Como parte da colonización española, os indios foron escravizados e enviados, en 1515, ás minas de cobre da illa de A Española.
Os restos da poboación indíxena de Bonaire poden observarse nalgúns dos actuais habitantes da illa. De feito a maioría da poboación é mulata, con minorías de europeos (descendentes dos holandeses) e africanos (descendentes dos escravos).
Os holandeses compraron Curaçao aos portugueses en 1634, pois necesitaban encarecidamente unha base naval na súa guerra contra os españois. Bonaire e a veciña Aruba caeron en mans dos holandeses no ano 1636 e convertéronse nunha colonia holandesa.
A Compañía Holandesa das Indias Occidentais comezou en 1639 a produción de sal, a cal é hoxe en día unha parte moi importante da economía da illa, xunto co turismo subacuático.
En 1800, e durante algúns anos, a illa foi controlada por piratas franceses e ingleses. Os holandeses non recuperaron o control ata o ano 1816.
As Antillas Neerlandesas, incluíndo Bonaire, convertéronse en Territorio autónomo dos Países Baixos en 1954, no momento en que este país garantiulles economicamente o desenvolvemento dos seus propios recursos con subvencións.
Bonaire pasou a ser, en xaneiro de 1986, un territorio do Reino dos Países Baixos, que agora se compón dos Países Baixos, as Antillas Neerlandesas (Bonaire, Curaçao, Saba, San Eustatius e San Marteen) e Aruba.
Este feito permite que o desenvolvemento do turismo e dos outros recursos económicos quede en mans das Antillas Neerlandesas, mentres que a defensa e asuntos exteriores son responsabilidade dos Países Baixos.
XeografiaEditar
O seu clima é do tipo semiárido tropical. Ao norte da illa preséntanse elevacións montañosas, cuxa maior altitude é o monte Brandaris, de 240 m.
A illa está percorridas por carreiros e camiños. No seu interior áchanse lagos de augas salgadas. Un dos máis atractivos é o Lago Goto, habitados por uns 20.000 flamengos.
O sur é chan. E tamén dentro da illa pódese apreciar a flora e a fauna protexida, no Parque Nacional de 55 km² creado en 1969, e onde se detectaron máis de 195 especies de aves.
Ao oeste de Bonaire, moi próxima á costa, está a pequena illa de Klein Bonaire, deshabitada e rodeada de praias, covas, refuxio dunha colonia de tartarugas e arrecifes de coral nun mar acougado, pois a costa oeste está protexida dos ventos.
NaturezaEditar
A maior beleza áchase na vida subacuática, na que o mergullador atopa unha variedade de flora e fauna que semella unha paisaxe de coral. Hai unha perfecta visibilidade de 30 metros nas transparentes augas baixo a superficie.
O pobo aborixe que a habitaba, os arauacos, chamárona Bojnay ("Terras baixas"). Tamén estaba poboada por grupos de indios Caiquetios.
O patrimonio subacuático está permanentemente controlado polo Bonaire Marine Park. En Bonaire hai regulamentacións que protexen toda a vida do seu Parque Mariño nas proximidades da costa, os seus arrecifes de corais e as especies que viven alí, meros, peixes trompeta, peixe anxo, barracudas, ourizo ermitán etc. A pesca está permitida fóra da zona costeira.
Os deportes máis practicados son o mergullo, o windsurf e a pesca.
Os 287,5 km² desta illa están rodeados por un arrecife ao que se chega moi fácil mergullando desde a beira. Os sitios para mergullo (hai 60 na illa principal e outros 26 máis na próxima Klein Bonaire) están marcados por rocas pintadas de amarelo brillante situadas ao carón do camiño. Levan nomes como 1.000 Steps (Mil Pasos), Alice in Wonderland (Alicia no país das marabillas), Country Garden (País Xardín) e Sweet Dreams (Doces Soños). Hai máis de 30 anos, Bonaire converteuse na primeira illa do Caribe en prohibir a pesca con arpón, e pouco tempo máis tarde proscribiu sacar os corais das súas augas. O Bonaire Marine Park, un parque establecido en 1979, protexe todas as augas da illa.
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial de Boneiru
- www.gov.an - Portal oficial do goberno das Antillas Holandesas
- Bonaire-gov.an - Páxina oficial do goberno de Boneiru
- BonaireEconomy.org - Department of Economic & Labour Affairs (DELA)
- bonaire flickr.comArquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Bonaire Eiland van rust
- ↑ Papiamentu can be used in relations with the government
"Invoeringswet openbare lichamen Bonaire, Sint Eustatius en Saba" (en Dutch). wetten.nl. Consultado o 14 de outubro de 2012. - ↑ Aantal inwoners van Caribisch Nederland Centraal Bureau voor de Statistiek (CBS), geraadpleegd op 3 februari 2019