Alonso de Ojeda

navegante, gobernador e conquistador español

Alonso de Ojeda, nado en Torrejoncillo del Rey, Cuenca en 1468 e finado en Santo Domingo en 1515, foi un navegante, gobernador e conquistador español. Percorreu as costas da Güiana, Venezuela, Trinidad, Tobago, Curaçao, Aruba e Colombia. É famoso por dar o nome Venezuela á rexión que explorou nas súas dúas primeiras viaxes e por descubrir o lago de Maracaibo e fundar Santa Cruz (La Guairita).

Alonso de Ojeda
Nacementoc. 1466
Lugar de nacementoTorrejoncillo del Rey
Falecementoc. 1515
Lugar de falecementoSanto Domingo
SoterradoDominican National Pantheon
Ocupaciónexplorador e Conquistadores casteláns
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Torrejoncillo del Rey (Cuenca) en 1468, no seo dunha familia fidalga de poucos recursos. Na súa mocidade estivo ó servizo do duque de Medinaceli, Luis de la Cerda, como paxe. Alonso de Ojeda era parente próximo dun alto membro do Tribunal da Inquisición, do seu mesmo nome, quen lle presentou ó bispo de Badaxoz, e moito despois de Burgos e presidente da Xunta de Indias, Juan Rodríguez de Fonseca.

Participou na toma de Granada, onde deixou constancia das súas dotes militares, da súa destreza como espadachín e da súa audacia.

O mozo Ojeda gañou en breve a boa vontade do bispo, quen ofreceu dispensarlle a súa protección á primeira oportunidade. Alonso tiña vinte e seis anos en 1494.

O bispo soubo distinguir a ambición que podía servirlle nos plans que por entón maduraba para anular o poder de Cristovo Colón.

Chegada á Española editar

En setembro de 1493, grazas a Rodríguez de Fonseca, embarcouse con Cristovo Colón na súa segunda viaxe a América, chegando á illa da Española. En xaneiro de 1494, Colón encargoulle que buscase algúns tripulantes extraviados no territorio da illa. Puido penetrar con só quince homes na rexión do Cibao, onde gobernaba un cacique caribe chamado Caonabo. Era Cibao, zona rica en minas de ouro e Ojeda regresou á La Isabela para informar ó Almirante, afectado alí dunhas febres.

Colón partiu para aquelas terras en marzo de 1494 e fixo fundar a fortaleza de Santo Tomás, da que nomeou alcaide a Ojeda.

Caonabo e os seus guerreiros atacaron o forte en canto tiveron oportunidade e Ojeda venceunos. A lenda di que logrou apresar persoalmente a Caonabo empregando unhas cadeas de ouro e enganando ó cacique facéndolle crer que eran pezas reais.

Tamén participou Alonso de Ojeda na Batalla de la Vega Real ou Batalla de Jáquimo, alcumando a Ojeda como «O Centauro de Jaquimo», na que, baixo o seu mando, os españois venceron ós indíxenas. Esta batalla enfrontaría a un número de indíxenas cifrado en dez mil por frei Bartolomé de las Casas fronte a tan só ó redor de catrocentos españois, aínda que é moi posible que estas cifras sexan esaxeradas. Posteriormente, en 1496, regresou a España.