Jeremy Bentham, nado en Houndsditch (Londres) o 15 de febreiro de 1748 e finado na mesma cidade o 6 de xuño de 1832, foi un pensador inglés, pai do utilitarismo.

Infotaula de personaJeremy Bentham

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1748 Editar o valor em Wikidata
Houndsditch (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 1832 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Londres (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Primeira República Francesa
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónDeísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónThe Queen's College (pt) Traducir (1760–)
Westminster School (1755–1760) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, dereito, filosofía social, Dereitos civís e políticos e direitos civis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , activista polos dereitos dos animais , xurista , escritor , economista , reformador protestante (pt) Traducir , Activista polos dereitos humanos , politicólogo , sufraxista , comerciante , avogado , teórico político Editar o valor em Wikidata
Período de tempoIlustración Editar o valor em Wikidata
MovementoUtilitarismo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioPhilip Beauchamp
Gamaliel Smith Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisJeremiah Bentham (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Alicia Woodward Grove (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSamuel Bentham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bentham-131 Find a Grave: 3365 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Defence of usury, 1788

Neno precoz dunha familia acomodada, estudou na Universidade de Oxford e empezou a exercer como avogado aos 19 anos. De seguida se mostrou crítico coa educación da súa época e coa práctica xurídica, dedicándose por completo a tarefas intelectuais.

Os seus traballos iniciais atacando o sistema legal e xudicial inglés levárono á formulación da doutrina utilitarista, plasmada na súa obra principal: Introdución aos principios de moral e lexislación (1789). Nela preconizaba que todo acto humano, norma ou institución, deben ser xulgados segundo a utilidade que teñen, isto é, segundo o pracer ou o sufrimento que producen nas persoas. A partir desa simplificación dun criterio tan antigo como o mundo, propoñía formalizar a análise das cuestións políticas, sociais e económicas, sobre a base de medir a utilidade de cada acción ou decisión. Fundamentouse así unha nova ética, baseada no goce da vida e non no sacrificio nin o sufrimento.

O obxectivo último de lograr «a maior felicidade para o maior número» acercouno a correntes políticas progresistas e democráticas: a Francia republicana xurdida da Revolución honrouno co título de «cidadán honorario» (1792), se ben Bentham discrepaba profundamente do racionalismo de Rousseau e consideraba absurda a proposta iusnaturalista subxacente na Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789. Tamén dedicou a súa atención ao tema da reforma penal, elaborando por encargo de Xurxo III un modelo de cárcere (O Panóptico) polo que entraron en conflito.

Dende 1814 converteu a súa casa nun centro de intercambio intelectual e foco dun activo movemento utilitarista. Entre os seus amigos e seguidores máis próximos atopábase James Mill, que quixo facer do seu fillo, John Stuart Mill, o herdeiro de Bentham á fronte do movemento. Ambos foron editores de importantes obras de Bentham, quen tiña o costume de escribir moito, pero deixando a maior parte dos textos inacabados para que os completasen os seus editores.

O utilitarismo exerceu a súa influencia sobre toda unha xeración de políticos británicos, representada por Peel; tamén pode sinalarse a incidencia que tería, co tempo, sobre as doutrinas subxectivas do valor que se impuxeron na teoría económica occidental a partir da «revolución marxinalista» (Walras, Pareto etc.). Bentham fundou o University College de Londres, onde, por expreso desexo seu, está exposto ao público o seu esqueleto.

O utilitarismo editar

É un sistema ético relativamente fácil de aplicar. Para determinar se unha acción é moral débense calcular as consecuencias boas e malas que resultarán da acción. Se o bo supera o malo, entón a acción é moral. O utilitarismo evita a necesidade de apelar á revelación divina. O sistema substitúe os deuses polo uso da razón e da lóxica, que guían a toma de decisións. Este modelo de conduta ten algúns problemas tales como que conduce a unha mentalidade de que "o fin xustifica os medios", non respecta a opinión das minorías e cre coñecer o resultado de toda acción (actitude omnisciente).

O panóptico editar

 
Debuxo dun panóptico.

O panóptico é un centro penal imaxinario deseñado por Bentham en 1791. O concepto deste deseño permítelle a un vixilante observar (-opticón) a todos (pan-) os prisioneiros sen que estes poidan saber se están sendo observados ou non.

A estrutura da prisión incorpora unha torre de vixilancia no centro dun edificio anular que está dividido en celas. Cada unha destas celas comprende unha superficie tal que permite ter dous buratos, un exterior para que entre a luz e outro interior dirixido cara a torre de vixilancia. Os ocupantes das celas encontraríanse illados uns doutros por paredes e suxeitos ao escrutinio colectivo e individual dun vixilante na torre que permanecería oculto. Para iso, Bentham non só imaxinou persianas venecianas nas ventás da torre de observación, senón tamén conexións labirínticas entre as salas da torre para evitar destelos de luz ou ruído que puideran delatar a presenza dun observador.

De acordo co deseño de Bentham, este sería un deseño máis barato que o das prisións da súa época, xa que require menos empregados. Xa que os vixilantes non poden ser vistos, non sería necesario que estiveran traballando todo o tempo, deixando o labor de observación por instantes. Aínda que o deseño tivo efectos limitados nos cárceres da época de Bentham, viuse como un desenvolvemento importante. Así, Michel Foucault considerouno coma un exemplo dunha nova tecnoloxía de observación que transcendería ao exército, á educación e ás fábricas.