J. J. Abrams

produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor estadounidense
(Redirección desde «J.J. Abrams»)

Jeffrey Jacob Abrams, nado en Nova York o 27 de xuño de 1966, é un produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor xudeu estadounidense, máis coñecido coma J. J. Abrams.

Modelo:BiografíaJ. J. Abrams

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sl) Jeffrey Jacob Abrams Editar o valor en Wikidata
27 de xuño de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPacific Palisades
Nova York Editar o valor en Wikidata
EducaciónSarah Lawrence College (en) Traducir
Palisades Charter High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, escritor, actor, director de televisión, compositor de bandas sonoras, produtor, produtor delegado, compositor, actor de televisión, produtor de cinema, actor de cinema, produtor de televisión, guionista, produtor creador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
FillosHenry Abrams, Gracie Abrams Editar o valor en Wikidata
PaisGerald W. Abrams Editar o valor en Wikidata  e Carol Ann Abrams Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDisney A to Z (en) Traducir, (sec:Abrams, J.J.)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0009190 Allocine: 41000 Rottentomatoes: celebrity/jj_abrams Allmovie: p240910 0 TV.com: people/j-j-abrams IBDB: 511412
Twitter: jjabrams Instagram: jjabramsofficial Youtube: UCGXbeWJnkC4NaRT-cn2TP1g TED: j_j_abrams BNE: XX1167094 Spotify: 6ohN5wWTugetzOSkKPF0Vw Musicbrainz: 02b4f40f-964d-4b81-91c7-c49c559b9b12 Discogs: 654496 WikiTree: Abrams-2644 Editar o valor en Wikidata
J.J. Abrams.

Traxectoria

editar

Criouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[1]

Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[2]

Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.

Filmografía

editar

Televisión

editar
  • Felicity (1998–2002) (cocreador, guionista, produtor executivo, director, cocompositor do tema principal)
  • Alias (2001–2006) (creador, guionista, produtor executivo, director, compositor do tema principal)
  • Lost (2004-2010) (produtor executivo, compositor do tema principal, cocreador, guionista, director)
  • The Office (2005–2011) (director invitado nun episodio)
  • What About Brian (2006–2007) (produtor executivo)
  • Six Degrees (2006–2007) (produtor executivo)
  • Jimmy Kimmel Live! (2006) (director invitado nun episodio)
  • Fringe (2008–presente) (cocreador, guionista, produtor executivo, director invitado nun episodio)
  • Anatomy of Hope (2009) (produtor executivo, guionista, director)
  • Undercovers (2010) (cocreador, produtor executivo, guionista, director)[5]
  • Person of Interest (anunciada)[6]
  • Alcatraz (anunciada)[7]

Premios

editar
Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor serie internacional Lost Candidato
Ano Categoría Película Resultado
2005 Mellor dirección de serie dramática Lost Gañador
2005 Mellor serie dramática Lost Gañador
2005 Mellor guión de serie dramática Lost Candidato
2002 Mellor guión de serie dramática Alias Candidato
Ano Categoría Película Resultado
1999 Peor guión Armageddon Candidato
Ano Categoría Película Resultado
2007 Serie dramática Lost Candidato
2006 Serie dramática Lost Gañador
  1. "J.J. Abrams: Biography". Arquivado dende o orixinal o 12-08-2011. Consultado o 21-08-2011. 
  2. "J.J. Abrams to Direct Star Wars: Episode IX!". ComingSoon.net. 2017-09-12. Consultado o 2022-07-30. 
  3. Tatiana Siegel (30-03-2009). "'Star Trek' sequel on track". Variety. Arquivado dende o orixinal o 15-02-2011. Consultado o 31-03-2009. 
  4. "J.J. Abrams Producing Samurai Jack Movie". Arquivado dende o orixinal o 16-08-2011. Consultado o 21-08-2011. 
  5. "EXCLUSIVE: J.J. Abrams Goes Into Warp Speed with Star Trek and Beyond". Arquivado dende o orixinal o 28-03-2010. Consultado o 21-08-2011. 
  6. "David Semel To Direct Jonah Nolan/J.J. Abrams' CBS Pilot 'Person Of Interest'". Arquivado dende o orixinal o 15-08-2011. Consultado o 21-08-2011. 
  7. "Fox orders J.J. Abrams pilot 'Alcatraz'". Arquivado dende o orixinal o 07-02-2011. Consultado o 21-08-2011. 

Véxase tamén

editar