A guerra das galaxias
A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, literalmente «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira. Vinte anos máis tarde, George Lucas comezaría a traballar nunha nova triloxía que narraría a historia inicial vinte anos antes do que acontece no episodio IV, desvelando a orixe de tódolos personaxes e da trama. Así, a nova triloxía consta dos Episodios I, II e III: A Ameaza Pantasma, O Ataque dos Clons e A Vinganza dos Sith, que resultarían un novo éxito comercial, pero un fracaso rotundo na crítica que fixo que o propio Lucas se retirase da dirección de novas películas da saga.
A guerra das galaxias | |
---|---|
Logo da franquía Star Wars do filme orixinal A guerra das galaxias | |
Creador | George Lucas |
Obra orixinal | A guerra das galaxias (1977) |
Cine e televisión | |
Filmes | Saga:
Outros filmes:
Animación:
|
Series de televisión | Canon:
Lendas:
|
Xogos | |
Videoxogos | Lista de videoxogos de Star Wars |
Trama
editarA historia comeza cun evocador Hai moito tempo, nunha galaxia moi, moi lonxe... e narra, se seguimos a orde dos episodios, a historia dunha gran república galáctica en crise, na que os Jedi, gardiáns do ben e da xustiza, e os Sith, donos do lado escuro da forza e conspiradores contra a democracia, enfróntanse polo dominio da galaxia. Dun xeito casual, os jedis atopan un neno chamado Anakin Skywalker que concentra unha extraordinaria forza. O neno é adestrado polos jedis e, cando chega a maior, namórase da bela senadora Padmé Amidala. O seu amor prohibido fai que o mozo Skywalker, no seu medo a perdela, se interne no lado escuro da forza axudado polo corrupto líder do senado e lord sith Palpatine. Cando estes controlan o senado e instauran un autoritario Imperio, comezará un aniquilamento de tódolos jedi. Nun espectacular enfrontamento nun planeta volcánico, o antigo adestrador de Skywalker, Obi-Wan Kenobi, bate o novo sith, deixando a este abrasado pola lava, o que lle deixaría enormes secuelas físicas. Rehabilitado por Palpatine, o rebautizado Skywalker, agora Darth Vader, adquire un aspecto tétrico a través dun traxe negro e dunha emblemática máscara.
A acción avanza vinte anos cando unha pequena forza rebelde, liderada pola princesa Leia, se fai cos planos da maior arma do malvado imperio, a Estrela da Morte. A partir de aquí comezaría unha loita que implicaría o novo Luke Skywalker, o descoñecido e oculto fillo de Darth Vader. A través do tamén mestre de Vader, Obi-Wan Kenobi, e do contrabandista Han Solo, Luke comezará unha viaxe que o alzaría como líder da rebelión. Pero cando coñece a realidade do seu pai e da súa irmá secreta, a princesa Leia, Luke comezará unha loita persoal por salva-la galaxia e, á súa vez, o seu pai. Finalmente, a rebelión alzaríase coa vitoria e Vader acadaría a súa redención matando o seu mestre, o emperador Palpatine, para salvar o seu fillo co que a galaxia recuperaría a paz e a xustiza coa extinción dos sith e a vitoria dos jedi.
Filmes
editarSaga
editar- Star Wars Episode I: The Phantom Menace (1999).
- Star Wars Episode II: Attack of the Clones (2002).
- Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005).
- Star Wars Episode IV: A New Hope (1977).
- Star Wars Episode V: The Empire Strikes Back (1980).
- Star Wars Episode VI: Return of the Jedi (1983).
- Star Wars Episode VII: The Force Awakens (2015).
- Star Wars Episode VIII: The Last Jedi (2017)
- Star Wars Episode IX: The Rise of Skywalker (2019)
Antoloxía
editar- Rogue One (2016)
- Filme da antoloxía de Han Solo Anthology sen título (2018)
- Filme da antoloxía de Boba Fett Anthology sen título (2020)
Outras
editarRepartición principal e personaxes
editarVideoxogos
editar- Artigo principal: Videoxogos de Star Wars.
Os videoxogos de Star Wars son moi numerosos xa dende a aparición das primeiras videoconsolas. Os videoxogos son variados, habendo dende arcades ata xogos de rol, pasando por arcades de carreiras ou xogos de estratexia, producidos en gran parte pola propia compañía de videoxogos LucasArts.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 SNIDER, Mike (9 de agosto de 2004). "Lucas revisits his Star Wars empire for box set". USA Today (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: A guerra das galaxias |
A Galicitas posúe citas sobre: A guerra das galaxias |
- StarWars.com Sitio oficial verbo dos filmes e o universo expandido (en inglés)
- LucasArts Compañía que edita os videoxogos de Star Wars (en inglés)
- Star Wars en IMDb (en inglés)
- Wookieepedia - Wiki de Star Wars (en inglés)
- Wookieepedia en español - Wiki de Star Wars (en castelán)
- Enciclopedia sobre Star Wars (en castelán)
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |