The Office (serie de televisión estadounidense)

serie de televisión estadounidense

The Office é unha serie de televisión estadounidense, unha comedia satírica rodada como se fose un documental que conta as xornadas de traballo dos empregados dunha oficina en Scranton, Pennsylvania da compañía ficticia Dunder Mifflin Paper Company. Emitiuse orixinalmente na NBC dende o 24 de marzo de 2005 até o 16 de maio de 2013 comprendendo nove tempadas.[1]

The Office
Formato
Creado porGreg Daniels
Desenvolvido por
Intérpretes
Tema de aperturaJay Ferguson
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas9
Episodios201
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
CámaraUnha cámara
Duración22–42 minutos
DistribuidorNBCUniversal Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeNBC
Formato de imaxe1080i (HDTV)
Primeira emisión24 de marzo de 2005
Derradeira emisión16 de maio de 2013
Na rede
https://www.nbc.com/the-office
IMDB: tt0386676 Filmaffinity: 304093 Allocine: 199 Rottentomatoes: tv/the_office Allmovie: v326360 Metacritic: tv/the-office TV.com: shows/the-office
Youtube: UCa90xqK2odw1KV5wHU9WRhg Netlix: 70136120Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Está baseada na serie The Office da BBC (2001–2003) creada por Ricky Gervais e Stephen Merchant, e foi adaptada para a televisión estadounidense por Greg Daniels, guionista de Saturday Night Live, King of the Hill e The Simpsons. Foi coproducida entre Deedle-Dee Productions e Reveille Productions (posteriormente Shine America), en asociación con Universal Television. Os produtores executivos orixinais foron Daniels, Gervais, Merchant, Howard Klein e Ben Silverman, con moitos outros produtores en tempadas posteriores.

Notas editar

  1. "Shows A-Z - The Office on NBC". The Futon Critic. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Griffin, Jeffrey. "The Americanization of The Office: A Comparison of the Offbeat NBC Sitcom and its British Predecessor.” Journal of Popular Film and Television 35 (2008): 154–16.
  • Schwind, Kai Hanno. "Chilled-out Entertainers: Multi-layered Sitcom Performances in the British and American Version of The Office." Comedy Studies 5.1 (2014): 20–32.

Ligazóns externas editar