Star Trek (filme)

Star Trek é un filme de ciencia ficción de 2009 dirixido por J. J. Abrams, con guión de Roberto Orci e Alex Kurtzman, produción de Damon Lindelof e Bryan Burk ademais do propio Abrams, e distribuído por Paramount Pictures. É o décimo primeiro filme baseado no universo Star Trek creado por Gene Roddenberry e nel aparecen os personaxes da serie de televisión orixinal de Star Trek como o doutor Leonard McCoy ("Bones"), o oficial de comunicacións Uhura, o enxeñeiro Montgomery Scott, o temoneiro Hikaru Sulu e o oficial mozo Pavel Chekov.

Star Trek
Ficha técnica
Título orixinalStar Trek
DirectorJ. J. Abrams
ProdutorJ. J. Abrams
Damon Lindelof
GuiónRoberto Orci
Alex Kurtzman
Baseado enStar Trek de Gene Roddenberry
IntérpretesChris Pine
Zachary Quinto
Leonard Nimoy
Karl Urban
Zoe Saldana
Simon Pegg
John Cho
Anton Yelchin
Eric Bana
Bruce Greenwood
MúsicaMichael Giacchino
Alexander Courage
(Temas)
FotografíaDaniel Mindel
MontaxeMary Jo Markey
Maryann Brandon
EstudioSpyglass Entertainment
Bad Robot Productions
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea2009
Duración126 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción
Orzamento$150.000.000[1]
Filme seguinteStar Trek Into Darkness
Na rede
http://www.startrek.com/page/star-trek-2009 e http://www.startrekmovie.com/
IMDB: tt0796366 Filmaffinity: 138466 Allocine: 114887 Rottentomatoes: m/star_trek_11 Mojo: startrek11 Allmovie: v356492 TCM: 684177 Metacritic: movie/star-trek TV.com: movies/star-trek-2009 Netlix: 70101276Editar o valor em Wikidata

A intriga do filme céntrase na primeira misión común de James T. Kirk (Chris Pine) e Spock (Zachary Quinto) no USS Enterprise para combater a Nero (Eric Bana), un romulano que procedo do futuro que se enfronta á Federación de Planetas Unidos ameazando con destruír todos os seus planetas.

O desenvolvemento do filme comezou en 2005, pretendíase ser fiel ó canon de Star Trek pero modernizando a produción, introdución elementos dalgunhas das novelas e modificando a historia con viaxes no tempo a filmación realizouse entre o 25 de decembro de 2007 e marzo de 2008 e a estrea foi o 7 de maio de 2009 en Australia, recadando máis de 76 millóns de dólares na primeira semana.

Sinopse editar

Historia de como se coñeceron o capitán Kirk e Spock. Todo está preparado para a viaxe inaugural da nave máis moderna que xamais existiu: a USS Enterprise. A súa tripulación ten unha importante misión: atopar un xeito de deter ó malvado Nero (Eric Bana), que movido pola vinganza ameaza a toda a humanidade. Pero o destino da galaxia está en mans de dous rivais que naceron en mundos diferentes. Un deles, Tiberio James Kirk (Chris Pine), un rapaz dunha granxa de Iowa que busca emocións, é un líder nato na busca dunha causa. O outro, Spock (Zachary Quinto), que creceu no planeta Vulcano, é un paria debido á súa parte medio humana. Mais Spock é tamén un brillante e decidido estudante. A tripulación da USS está liderada polo Capitán Christopher Pike (Bruce Greenwood). Tamén están o Oficial Médico, Leonard "Bones" McCoy (Karl Urban); o home que pasará a ser o enxeñeiro xefe do buque, Montgomery "Scotty" Scott (Simon Pegg); a oficial de comunicacións Uhura (Zoe Saldana); o experimentado Timonel Sulu (John Cho) e o rapaz de 17 Chekov (Anton Yelchin).

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 2009: Oscar: Mellor maquillaxe. 4 nomeamentos.
  • 2009: 2 nomeamentos ós Premios BAFTA: Mellor son e efectos especiais visuais.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar