Fantômas (grupo musical)
Fantômas é un supergrupo de metal experimental formado en 1998 en California. O nome é tirado dun personaxe de novelas moi populares en Francia durante a primeira guerra mundial.
Fantômas | |
---|---|
Orixe | California, Estados Unidos |
Período | 1998 - presente |
Xénero(s) | música experimental, metal de vangarda |
Selo(s) discográfico(s) | Ipecac Recordings |
Membros | Mike Patton Buzz Osborne Trevor Dunn Dave Lombardo |
Antigos membros | Terry Bozzio |
Na rede | |
http://www.ipecac.com/artists/fantomas | |
Historia
editarA banda formouse cando o vocalista Mike Patton compuxo un feixe de temas despois da fin da súa anterior banda, Faith No More. Patton entón enviou as composicións orixinais aos seus amigos agardando formar un supergrupo. Eses amigos eran o guitarrista Buzz Osborne (de The Melvins), o baixista Trevor Dunn (de Mr. Bungle, a banda que Patton formou na universidade) e o batería Igor Cavalera (de Sepultura). Cavalera declinou o ofrecemento, pero recomendou a Dave Lombardo de Slayer, que aceptou a invitación.
No verán do 2005 a banda estivo de xira por Europa con Terry Bozzio na batería, porque Lombardo estaba de xira con Slayer. Lombardo volveu á banda para as últimas datas da xira, que rematou o 15 de setembro do 2005, porén, hai rumores de que Bozzio será o encargado da batería nun futuro álbum de Fantômas.
O 13 de maio do 2006, Patton revelou a billboard.com que un quinto álbum de Fantômas estaba en proxecto. En novembro do 2008, Rock-A-Rolla, unha revista de música alternativa baseada en Reino Unido, revelou en exclusiva a través da súa web que a banda estaba traballando no novo álbum e procurarían lanzalo en xuño do 2009. Porén, no número de maio/xuño da revista, nunha entrevista con Greg Werckman, este afirmou que Patton aínda non comezara a gravar o seguinte álbum da banda.
Estilo
editarA pesar de que as súas raíces están no heavy metal, a súa música toca realmente moitos máis xéneros, e caracterízase polo seu sentido do humor. Patton rara vez canta letras convencionais coa banda, preferindo o seu propio estilo bizarro de cantar.
As cancións de Fantômas son acotío discordantes e sen melodía, usando moitos acoplamentos e ruído, e podería ser doadamente descrita como ruído experimental. No entanto non é unha banda pura de noise xa que ten ritmos e melodías concretas en moitos dos seus temas.