Mr. Bungle foi un grupo musical norteamericano formado en 1985 en Eureka (California), con Mike Patton como vocalista. Nos seus comezos integrou estilos musicais como o rock, heavy metal, funk ou jazz, resultando algo similar ó funk metal. Nos seus traballos posteriores integraron estilos como o ska, swing ou pop entre outros estilos. A banda disolveuse en 2003.

Mr. Bungle
OrixeEureka, California
Período1985 - 2003
Xénero(s)rock experimental, metal alternativo, metal de vangarda, funk metal
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros. Records
Slash Records
MembrosMike Patton, Trey Spruance, Trevor Dunn, Danny Heifetz, Clinton Mckinnon
Artistas relacionadosFaith No More, Secret Chiefs 3, Fantômas, Tomahawk, Umlaut
Na rede
páxina sobre o grupo
IMDB: nm8827148 Facebook: ou818 Twitter: mrbungle Instagram: mrbungleofficial Bandcamp: mrbungle Spotify: 2zq0uqN9Wq12tqrQQt1ozw iTunes: 161620 Last fm: Mr.+Bungle Musicbrainz: 277e21a9-2d64-452d-96c4-2d23a7af5891 Songkick: 484663 Discogs: 202323 Allmusic: mn0000506513 Deezer: 2193 Genius: Mr-bungle Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Os seus integrantes fundadores foron Trevor Dunn no baixo, Mike Patton á voz, Trey Spruance na guitarra e Jed Watts na batería. A banda tomou o nome dun pallaso traveso que mostraba ós nenos as cousas que non se debían facer no programa "The Pee Wee Herman Show".

A súa primeira maqueta foi The Raging Wrath of the Easter Bunny (1986), gravada con moi baixa calidade e cun pronunciado estilo death metal, que incorporaba novedosamente bongós, saxofóns e outros instrumentos exóticos.

No 1987 o grupo difundiu copias en formato casete da súa seguinte maqueta, Bowel of Chiley, entre as emisoras de radio locais. Copias desta produción foron reproducidas e vendidas sen o permiso da banda co nome erróneo de Bowl of Chile, no 1991 en casete e en 1997 xa en formato CD, converténdose nunha das rarezas máis preciadas. O estilo desta produción é moi diferente da maqueta inicial, mesturando sons do ska, o swing ou o funk. Por entón o batería Jed Watts foi substituído por Hans Wagner, entrando ademais os músicos Scott Fritz e Theo Lengyel como trompetistas.

En 1988 Fritz abandonou o grupo, integrándose Luke Miller. Lanzaron Goddammit I Love America!, cun son moi similar ó seu anterior traballo (e descrito por eles mesmos como un plaxio a Fishbone) pero cun son máis sólido. Dous dos temas deste álbum foron posteriormente publicados coa súa primeira gran produción discográfica.

En 1989 editaron a súa última maqueta, OU818, con Danny Heifetz na batería e Clinton "Bär" McKinnon no saxofón. Contiña cancións de maquetas anteriores, e case a metade dos temas chegaron a estar presentes no seu primeiro gran lanzamento.

Por estas datas xa estaban consolidados como unha ds bandas con máis seguidores do norte de California, e o seu vocalista Mike Patton fora contratado polo grupo Faith No More. Non tardou en chegar un contrato co selo Warner Bros Records. O seu primeiro álbum, producido por John Zorn e titulado Mr. Bungle, foi lanzado o 13 de agosto de 1991. A crítica describiu o seu son como "funk metal", e tivo boas vendas, que os levaron a realizar unha exitosa xira de promoción polos Estados Unidos.

Moitos proxectos paralelos e atrasos no deseño contribuíron ao paro de catro anos entre o lanzamento do primeiro disco e o seguinte, Disco Volante, que vería a luz en outubro de 1995. Contiña só temas novos, e collía elementos de estilos como o jazz, techno, tango, ou death metal. Deron concertos por norteamérica, Europa e mesmo Australia, coa colaboración do percusionista William Winant.

O seu último disco, California, saíu ó mercado o 13 de xullo de 1999. Theo Lengyel non aparece nel, nin tampouco o fixo nos seguintes proxectos de Mr. Bungle, segundo os representantes por diferenzas creativas. Se ben a xira prevista de presentación do disco tivo complicacións por conflitos coa distribuidora, ó ano seguinte deron concertos polos Estados Unidos, Europa e Australia de novo, ó mesmo tempo que seguiron coa composición de novos temas.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Mr. Bungle 1991 Warner Bros. Records
Disco Volante 1995 Warner Bros. Records
California 1999 Warner Bros. Records
The Raging Wrath of the Easter Bunny Demo 2020 Ipecac Recordings

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar