Slash Records é un selo discográfico estadounidense baseado na cidade californiana dos Ánxeles e orixinalmente especializado en bandas locais e bandas de punk rock.

Slash Records
Fundado en1978
FundadorBob Biggs
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónOs Ánxeles

Historia editar

A etiqueta fundouna no ano 1978 Bob Biggs a raíz do fancine Slash. Biggs, que era pintor, iniciou o selo cun sinxelo en 7" de The Germs. O ano seguinte publicou un álbum completo do grupo, ao que lle seguiu o álbum Los Angeles da banda X en 1980. Ata 1981 o selo foi distribuído a través de Jem, pero esa compañía entrou en bancarrota e Slash asinou un contrato de distribución con Warner Bros., un movemento que estivo entre as primeiras colaboracións dun selo que se iniciou como independente e unha gran discográfica. Durante o tempo deste acordo, a etiqueta lanzou álbums de prominentes bandas de punk e rock de Los Angeles, como Fear, The Blasters, L7 e Los Lobos.

Slash Records floreceu incluso despois de que o fancine deixase de editarse en 1980. No ano 1981 creouse unha subsidiaria, Ruby Records, que editou álbums de Misfits, Dream Syndicate e The Gun Club. Cara mediados da década dos 80, Slash estendérase máis aló de Southern California, lanzando discos de Robyn Hitchcock e Burning Spear.

O selo foi vendido a London Records en 1986. Dende 1982 ata 1996, os lanzamentos de Slash Records foron distribuídos nos Estados Unidos por Warner Bros. Records, e no resto do mundo por Mercury Records.

Universal Music Group (o dono de American Decca) creouse pola fusión das familias MCA e PolyGram Records, a última das cales posuía a London Records, no ano 2000 e pechou Slash como un selo activo. Cando o presidente de London Records Roger Ames pasouse ao Warner Music Group retivo os dereitos de London e Slash, e o vello catálogo de Slash foi adquirido por Warner. No ano 2003 Ames relicenzou o uso do nome de Slash de novo a Bob Biggs, que entón relanzou o selo.

Artistas destacados editar