Xabarín Club
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil emitido pola TVG que comezou a súa andaina o 18 de abril de 1994.[1] O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia. Actualmente, é transmitido desde o 2 de febreiro de 2009 pola tvG2.
Xabarín Club | |
---|---|
Formato | Infantil e xuvenil |
Creado por | Antonio Blanco |
Dirixido por | Alberte Casal Francisco Carballés |
País de orixe | ![]() |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Rosa Lorenzo Loli Fraga |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG e tvG2 |
Primeira emisión | 18 de abril de 1994 |
Derradeira emisión | actualidade |
Ligazóns externas | |
Páxina web |
A Cantar con Xabarín é unha serie de 5 CD gravados por grupos galegos significativos, tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos para o programa. Na segunda metade dos anos 1990 converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados (83.065 afiliados activos en 2004) e as Xabaxiras (1998), concertos da música do programa, que viron milleiros de nenos e nenas galegos.
A nova etapa do XabarínEditar
O Xabarín estreou nova imaxe en 2007 para celebrar en abril o seu 13º aniversario. Nesta nova etapa o Xabarín convida aos seus socios a iniciar novas aventuras co seu novo X. Asemade conta con novas seccións: como "Xabarín informa"; que é un pequeno espazo no que se dá a información e as noticias diarias que interesan aos seus socios.
O Xabarín tamén trae moitas outras novidades de cine, vídeo e DVD; música e bandas sonoras de novos grupos galegos, (que farán novas cancións para o programa) concertos, discos, series de debuxos animados, cómics, mangas, eventos, mostras, certames, videoxogos, revistas e fanzines, literatura infantil e xuvenil e unha axenda de recomendacións para o lecer na fin de semana.
O Xabarín Club ten presenza en diversas manifestacións da música galega popular de comezos do século XXI[2]. En marzo de 2019 celebrou o seu 25º aniversario cun concerto na Sala Capitol de Santiago[3].
PresentadoresEditar
Primeiras tempadasEditar
- Voz do Xabarín: Juanillo Esteban
- Doutor TNT: Carlos Portela
- Silvia Superstar (cantante de "The Killer Barbies")
- Manolo Romón
- Manuel Manquiña
Tempadas actuaisEditar
- Voz do Xabarín: Juanillo Esteban [cando?]
- Manolo Romón
- Luís Tosar
- Xavier Viana
- Esteban Yáñez "Arroz Hacker" (Pepiño da A.R.S.I. en Pratos combinados)[Cómpre referencia]
Personaxes animadosEditar
XabarínEditar
O Xabarín é un personaxe de ficción que realiza a función de presentador do programa. Trátase dun xabaril que foi creado polas mans de Miguelanxo Prado.
O 18 de abril de 1994, segundo as súas propias palabras, dixo o primeiro Hai alguén aí?; o encargado de lle pór a voz desde aquela é Juanillo Esteban.
Outros personaxesEditar
Series do clubEditar
Ficha técnicaEditar
Dirección: Alberte Casal e Francisco Carballés
Realización: Oswaldo García
Postprodución: Marta Abalde
Montaxe: Pérez Soliño
Produción: Rosa Lorenzo e Loli Fraga
Guión: Xosefa Valiño e Nico Campos
Colaboración: Juanillo Esteban, Miguelanxo Prado, Manolo Romón, Paulo Novoa, Mofa e Befa, Nacho de la Cierva, Nuria Barreras, Víctor Coyote, Cristina Cameselle, Josito Porto, Anxos Lago, Nicolau Rodríguez e Xabier Viana
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2012 | Premio de Honra Fernando Rey | Gañador |
NotasEditar
- ↑ Uvigo.tv (ed.). "Historia da dobraxe en Galicia". Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ 25 anos do Xabarín, toda unha xeración. Revista Luzes nº 63, decembro 2018.
- ↑ "12/03/2019". Celebramos os 25 anos do Xabarín Club con concertos na Sala Capitol. Consultado o 19/05/2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Series que se están a emitir no Xabarín Club.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Series que se están a emitir na G2.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 7,22 7,23 7,24 7,25 7,26 7,27 7,28 Series que se están a emitir no Xabarín Club e na tvG2 (inicialmente G2).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2011.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- VV.AA. (2018): 25 anos do Xabarín, toda unha xeración. Revista Luzes nº 63. ISSN 2387-1431.