Antón Cancelas
Antón Cancelas Padín, nado en Vigo en 1955, e finado ibídem o 9 de xaneiro de 2021,[1] foi un actor de dobraxe galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 Vigo, España |
Morte | 9 de xaneiro de 2021 (65/66 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor de dobraxe , locutor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarComezou a traballar en dobraxe en 1986,[1] nos inicios da TVG, e foi a voz de J.R. na serie de televisión Dallas, sendo esta a primeira serie que emitiu a canle na súa historia.[2] Ao longo dunha carreira de máis de 30 anos puxo a voz en galego de numerosos personaxes de cinema e televisión, sendo a voz habitual de Clint Eastwood, Jack Nicholson, Arnold Schwarzenegger ou Anthony Hopkins, e traballou na dobraxe da saga de Harry Potter ou As bólas máxicas.[3]
A frase A rañala, raparigo[4][5] pronunciada por Cancelas en Terminator 2: O xuízo final nunha escena na que Terminator acaba co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG.[6] Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 CRTVG (ed.). "Morreu Antón Cancelas, un mestre da dobraxe e a voz de J. R. en 'Dallas'". Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ "G25". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2010.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda) - ↑ "Adiós a Antón Cancelas, el gallego que le dijo a Sue Ellen: «Estás bébeda»". La Voz de Galicia. 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ "A rañala raparigo". Consultado o 2019-06-15.
- ↑ Redacción (10 de xaneiro de 2021). "Muere Antón Cancelas, popular doblador gallego que puso voz a Clint Eastwood o Terminator". elespanol.com (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ P., E. (30 de maio de 2010). "'Vai rañala raparigo' de 'Terminator', premio a la mejor frase de la historia del doblaje de TVG". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xullo de 2017.
|archiveurl=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda)