Malencolía é un filme galego de 2021 dirixido e escrito por Alfonso Zarauza e rodado en lingua galega. Está protagonizado por Melania Cruz e Xulio Abonjo e é unha mestura de cinema de terror e comedia. Recibiu 11 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo,[1] sendo o gañador de dous premios, mellor actor secundario para Diego Anido e mellor actriz secundaria para Iolanda Muíños.[2]

Malencolía
Ficha técnica
Título orixinalMalencolía
DirectorAlfonso Zarauza
GuiónAlfonso Zarauza
IntérpretesMelania Cruz
Xulio Abonjo
Iolanda Muíños
Diego Anido
MúsicaXavier Bértolo
FotografíaAlberte Branco
MontaxeFernando Alfonsín
EstudioMaruxiña Film Company
Televisión de Galicia (TVG)
Axencia Galega das Industrias Culturais
DistribuidoraBaños Films
Estrea2021
Duración75 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroComedia e terror
Na rede
IMDB: tt14846930 Filmaffinity: 809201 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

O filme conta a historia de Sira e Pepe, unha parella que logo de vivir 10 anos en Berlín, decide regresar a Galicia. A súa nova residencia será unha casa nunha aldea considerada abandonada, mais na que vive unha muller coa que comezarán unha relación estraña.

Personaxes

editar

Produción

editar

O rodaxe do filme fíxose nos concellos de Boborás, O Irixo e O Carballiño.[2] A banda sonora foi composta por Xavier Bértolo.

  1. "O filme Cuñados parte como favorito da 20ª edición dos Premios Mestre Mateo". Nós Diario. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 elespanol.com, ed. (25 de marzo de 2021). "'Malencolía', de Alfonso Zarauza, llega este viernes a 24 salas de cine gallegas". Consultado o 7 de abril de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar