Abrir o menú principal

Melania Pérez Cruz, nada en Lugo o 25 de xullo de 1983, é unha actriz galega de televisión, cinema e teatro.

Melania Cruz
Melania Cruz presentación Doghs no OUFF 2017.jpg
Melania Cruz en 2017 no OUFF na presentación de Dhogs.
Nome completoMelania Pérez Cruz
Nacemento25 de xullo de 1983 (36 anos)
LugarLugo, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Santiago de Compostela
ProfesiónActriz
http://www.melaniacruz.net/
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou dende nova facendo teatro de xeito afeccionado na súa cidade, e posteriormente obtivo o título en ensinanza superior pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2009 comezou a súa relación coa compañía Escénate con catro espectáculos. No 2010 protagonizou xunto con Josito Porto a obra Ai, Carmela! e no 2013 participou en Los que no pudieron huir de 611 Teatro e máis nunha adaptación de Inventarios de Philippe Minyana baixo a dirección de Cristina Domínguez.

En 2012 fundou xunto a catro compañeiros a compañía ilMaquinario Teatro[1] estreando a súa primeira montaxe, O home almofada (dirixida por Tito Asorey) na que dá vida ao personaxe protagonista, Katurian.[2] En 2014 estrearon Perplexo, espectáculo que consegue cinco Premios María Casares e polo que é nomeada ao premio de mellor actriz protagonista.

No 2014 participou no filme galego A esmorga, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou o papel da Raxada[3]. En 2015 rematou a rodaxe de Dhogs, baixo a dirección de Andrés Goteira, e traballou como actriz secundaria nas series Urxencia cero e Serramoura.

No ano 2016 gañou o premio María Casares á mellor actriz protagonista pola súa interpretación do personaxe de Lucía en Xardín suspenso, de Abel Neves, dirixida por Cándido Pazó no Centro Dramático Galego[4]. En 2017 traballou nas series Fontealba e Viradeira, así como no filme Trote, ópera prima de Xacio Baño.

Dende 2019 interpreta á comisaria Manuela Fortes na serie A estiba, da Televisión de Galicia.[5]

Filmografía e traballos en teatroEditar

LongametraxesEditar

TelevisiónEditar

CurtametraxesEditar

  • Albedrío (J.S. Raimundi e Álex Vázquez, 2017)
  • Papá llevaba peluca (Chema Montero, 2016)
  • Ao terceiro día (Vicente Pedreira, 2015)
  • El coche rojo (Karla Taveras, 2015)
  • Desde dentro (Samuel Lema, 2015)
  • La falta (Francisco González, 2012)
  • Una mala noche (Fernando Rivero, 2011)

TeatroEditar

  • O Tolleito de Inishmaan (Cándido Pazó, 2017)
  • X Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Marta Pazos, 2017)
  • Resaca (Tito Asorey, 2017)
  • IX Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Tito Asorey, 2016)
  • Xardín Suspenso (Cándido Pazó, 2015)
  • Perplexo (Tito Asorey, 2014)
  • Inventarios (Cristina Domínguez, 2013)
  • Los que no pudieron huír (Javier Hernández- Simón, 2013)
  • O home almofada (Tito Asorey, 2012)
  • A fala das pedras (Ana Carril, 2012)
  • Xeración Nós (Ana Carril, 2011)
  • Ai, Carmela! (Tito Asorey, 2010)
  • Lugo. Ciudad 10 (Ana Carril, 2010)
  • Lugo de Alma Romana (Ana Carril, 2009)

Galardóns e nomeamentosEditar

Premios María CasaresEditar

Ano Categoría Traballo Resultado
2016 Mellor actriz protagonista Xardín suspenso Gañadora
2015 Mellor actriz protagonista Perplexo Nomeada

NotasEditar

  1. [1] "Melania Cruz: grazas á miña avoa son actriz". La Región. Publicado o 15 de xaneiro de 2015.
  2. Sas, Francisco (18 de outubro de 2014). "Melania Cruz: "Foi complicado traballar un texto duro coma este, que non é para nenos"". Faro de Vigo. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  3. [2] Entrevista á actriz Melania Cruz por Pilar Comesaña. Zigzag diario. Publicado o 27 de marzo de 2015.
  4. [3] Melania Cruz gaña o premio a mellor actriz nos María Casares. Xornal de Lugo. Publicado o 31 de marzo de 2016.
  5. "El «thriller» policial «A estiba» llega a TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar