Premio María Casares á mellor actriz protagonista
Os Premios de Teatro María Casares á mellor actriz protagonista outórgaos a Asociación de actores e actrices de Galicia ás mellores actrices de teatro da tempada anterior.
Os galardónsEditar
Os Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor actriz protagonista as seguintes profesionais.
- 1997 - Casilda García por A noite das tríbades (Teatro do Atlántico)
- 1998 - Mercedes Castro por Anxeliños (Teatro do Aquí)
- 1999 - Patricia de Lorenzo por Rastros (Teatro do Aquí)
- 2000 - Susana Dans por O cerco de Leningrado (Teatro do Atlántico)
- 2001 - Rosa Álvarez por Compañía (Manivela & Galería)
- 2002 - Elena Seijo por Sexismunda (Sarabela Teatro)
- 2003 - Laura Ponte por Mulleres (Uvegá)
- 2004 - Maxo Barjas por A gran ilusión (Teatro do Morcego)
- 2005 - Rosa Álvarez por Fobias (Lagarta lagarta)
- 2006 - Anabel Gago por Tío Vania (Factoría Teatro)
- 2007 - Luísa Merelas por O regreso ao deserto (Centro Dramático Galego)
- 2008 - Susana Dans por A piragua (Centro Dramático Galego)
- 2009 - María Bouzas por Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico)
- 2010 - Belén Constenla por O segredo dos Hoffman (Lagarta Lagarta).[1].
- 2011 - Iolanda Muíños por Life is a paripé (Obras Públicas).[2].
- 2012 - Patricia de Lorenzo por Citizen (Grupo Chévere)
- 2013 - Marián Bañobre por Pequenos actos pseudorrevolucionarios (Ibuprofeno teatro).
- 2014 - Susana Dans por As do peixe (Abrapalabras creacións escénicas).
- 2015 - Elina Luaces por Meu ben (Eme2 producións).
- 2016 - Mela Casa por Noiteboa (Redrum Teatro) e Melania Cruz por Xardín Suspenso (Centro Dramático Galego)
- 2017 - Patricia de Lorenzo por Eroski paraíso (Chévere)
- 2018 - Areta Bolado por Elisa e Marcela (A Panadaría)
- 2019 - Iria Pinheiro por Anatomía dunha serea (Chévere)
As actrices máis premiadasEditar
Susana Dans e Patricia de Lorenzo obtiveron o galardón en tres ocasións, Rosa Álvarez en dúas ocasións.
NotasEditar
- ↑ A Esmorga triunfa nos María Casares con cinco galardóns Arquivado 28 de marzo de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal.com
- ↑ Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de actores e actrices de Galicia, 25/3/2011