A Panadaría

A Panadaría é unha compañía de teatro galega creada en 2013 polas actrices e cantantes Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Nos seus cinco anos de percorrido recibiu os seguintes galardóns: o 1º Premio Xuventude Crea en 2013[1], o Premio da Crítica Galicia na categoría de artes escénicas e audiovisuais en 2015[1] e o Premio María Casares ao mellor espectáculo por Elisa e Marcela en 2018. Unha das peculiaridades das súas producións é a ausencia de escenografía e de efectos sonoros dixitais, pois as bases musicais son producidas vocalmente polas actrices[2]. Dirixiu en 2016 e 2017 as galas dos Premios Martín Códax da Música[3][4].

MontaxesEditar

  • Pan! Pan! (2013)
  • Panamericana (2015)[5]
  • Elisa e Marcela (2017)[6], coprodución co CDG. Premio do Público na MIT no ano 2018.[7]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "A Panadaría". Consultado o 17/04/2018. 
  2. "Pan pan - Erregueté". Erregueté. 2014-11-06. Consultado o 2018-04-17. Cun escenario completamente baleiro, sen efectos sonoros e cos poucos cambios de luces que lle son estritamente necesarios á evocación dos distintos ambientes [...] A aposta por renunciar a unha banda sonora pregravada ou a unha aparataxe escenográfica 
  3. Músicos ao Vivo. "Sorpresas nunha gala centrada na diversidade". Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/04/2018. 
  4. Músicos ao Vivo. "A gala dos IV PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA reivindicou o papel da muller e a presenza da música en todos os ámbitos da sociedade". Arquivado dende o orixinal o 17/04/2018. Consultado o 17/04/2018. 
  5. "Panamericana". aaag.gal. Consultado o 2018-04-17. 
  6. "Elisa e Marcela". aaag.gal. Consultado o 2018-04-17. 
  7. "'Elisa e Marcela' da compañía A Panadaría leva o Premio do Público da MIT". Cultura Galega. 23 de xullo de 2018. Consultado o 6 de agosto de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar