Andrés Goteira
Andrés Goteira, nado en Meira en 1983,[1] é un director, realizador e guionista galego. É o cofundador de Gaitafilmes.
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 ![]() Meira, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | andresgoteira.com… ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Técnico de Son da Escola de Imaxe e Son da Coruña.
A súa primeira longametraxe, Dhogs, estreouse no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame.[2] Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges,[3] o 9 de outubro de 2017. Gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo 2017,[4] gañando os premios a mellor longametraxe, guión e dirección. Ademais, foi premiada pola súa dirección de fotografía, dirección de arte, montaxe, música orixinal, son, dirección de produción, interpretación masculina protagonista e secundario e interpretación feminina protagonista e secundario.
Filmografía
editar- Dhogs (2017)
- Welcome to ma maison (2021)
- Monstro (en desenvolvemento)
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2017 | Mellor director | Dhogs | Gañador |
Mellor guión | Dhogs | Gañador | |
Mellor montaxe | Dhogs | Gañador |
Notas
editar- ↑ García, Julián (9 de outubro de 2017). "'Dhogs': animales sumisos, animales perversos". El Periódico. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ El Blog de Cine Español (ed.). "La película “Dhogs”, de Andrés Goteira, se estrenará en el festival internacional de cine independiente de Buenos Aires (BAFICI)". Consultado o 8 de outubro de 2017.
- ↑ Dopico, Montse (4 de agosto de 2017). "Andrés Goteira: "Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada"". Praza.gal. Consultado o 8 de outubro de 2017.
- ↑ "Dhogs, de Andrés Goteira, é a gañadora dos Mestre Mateo". 4 de marzo de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial
- Andrés Goteira na IMDb (en inglés).