Dhogs

filme de 2017 dirixido por Andrés Goteira

Dhogs é un filme independente galego en lingua galega[3] dirixido polo meirense Andrés Goteira que se estreou no ano 2017. Trátase do primeiro filme do director,[4] e está protagonizado por Carlos Blanco, Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos e María Costas. Estreouse no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame.[5] Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges,[6] o 9 de outubro de 2017.[7] A nivel galego a estrea levouse a cabo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o 21 de outubro de 2017.[8] O primeiro pase para o público (fóra dun festival), previo á estrea en salas comerciais proxectada para o 17 de maio de 2018, foi no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 15 de marzo de 2018.[9][10]

Dhogs
Elenco de Dhogs xunto con Andrés Goteira na presentación do filme no OUFF.
Ficha técnica
Título orixinalDhogs
DirectorAndrés Goteira
ProdutorSuso López
GuiónAndrés Goteira
IntérpretesMelania Cruz
Antonio Durán "Morris"
Miguel de Lira
Carlos Blanco
Iván Marcos
María Costas
MúsicaÓscar Trigo
Germán Díaz
FotografíaLucía Catoira Pan[1]
MontaxeJuan Galiñanes
Andrés Goteira
EstudioGaitafilmes
Pixelfilms
EstreaFestival de Cine Independente de Buenos Aires
Duración85 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroSuspense
Orzamento120 000 €
Recadación25.791,40 €[2]
Na rede
IMDB: tt5612554 Filmaffinity: 942403 Rottentomatoes: m/dhogs Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O filme conecta seis historias paralelas que xiran arredor de diferentes personaxes: unha muller fermosa, un home cunha vida escura, un taxista e un vello ex-militar.

Produción editar

O filme contou con financiamento de AGADIC e da Deputación de Lugo, pero tamén se conseguiu parte do orzamento do filme a través da plataforma Verkami,[11] con máis de 400 mecenas. Rodouse en varias localizacións de Galicia, como Viveiro, As Pontes, Oleiros e A Coruña, así como no deserto de Tabernas, en Almería.

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo 2017 editar

Dhogs gañou trece premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor, mellor actriz, mellor actor secundario e mellor actriz secundaria, converténdose no filme máis premiado da historia dos premios.[12] Estaba nomeado a 17 premios en 14 categorías.

Categoría Persoa Resultado
Mellor longametraxe Gañadora
Mellor director Andrés Goteira Gañador
Mellor actor Iván Marcos Gañador
Mellor actriz Melania Cruz Gañadora
Mellor actor secundario Antonio Durán "Morris" Gañador
Mellor actor secundario Carlos Blanco Vila Nomeado
Mellor actor secundario Miguel de Lira Nomeado
Mellor actriz secundaria María Costas Gañadora
Mellor guión Andrés Goteira Gañador
Mellor dirección de produción Suso López Gañador
Mellor dirección artística Noelia Vilaboa Gañador
Mellor montaxe Andrés Goteira e Juan Galiñanes Gañador
Mellor música orixinal Germán Díaz Gañador
Mellor son David Machado e Javier Pato Gañadores
Mellor fotografía Lucía Catoira Pan Gañadora
Mellor maquillaxe e peiteado Ana Coya Nomeada
Mellor deseño de vestiario María Porto Nomeada

Notas editar

  1. "Lucía Catoira Pan, directora de fotografía en 'Dhogs' de Andrés Goteira". CRTVG. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  2. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Urxa". Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  3. "Estrea mundial en Buenos Aires da película 'Dhogs' de Andrés Goteira". Culturagalega.org (CCG). 3 de abril de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  4. Rodríguez, J. C. (6 de abril de 2017). "La película 'Dhogs', del meirense Andrés Goteira, lista para su estreno". Cadena Ser. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  5. "La película “Dhogs”, de Andrés Goteira, se estrenará en el festival internacional de cine independiente de Buenos Aires (BAFICI)". El Blog de Cine Español. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  6. Dopico, Montse (4 de agosto de 2017). "Andrés Goteira: "Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada"". Praza Pública. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  7. "‘Dhogs’ estréase o 9 de outubro no Festival de Sitges". 5 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  8. "DHOGS | OUFF | Festival de Cine Internacional de Ourense". www.ouff.org. Arquivado dende o orixinal o 30-10-2017. Consultado o 29-10-2017. 
  9. "'Dhogs', de Meira para o mundo". El Progreso. 16 de marzo de 2018. 
  10. "El Auditorio Gustavo Freire acoge la proyección del filme Dhogs este jueves a las 21.00h en el marco del ciclo Lubicán del Campus Terra". USC. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 21 marzo 2018. 
  11. "ANDRÉS GOTEIRA". Crea.gal. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  12. "A longametraxe Dhogs arrasa nos XVI Premios Mestre Mateo". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 4 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar