Lucía Catoira Pan
Lucía Catoira Pan, nada en Cambre en 1984, é unha directora de fotografía galega que recibiu tres premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Cambre, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | director de fotografía |
Páxina web | luciacpan.com |
Traxectoria
editarEstudou Belas Artes na Universidade de Vigo e especializouse en fotografía cinematográfica pola ESCAC. [2]
Traballou en diversos proxectos como directora de fotografía[3] e recibiu tres premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual, sendo a primeira muller en conseguilo. En 2018 foi galardoada polo seu traballo no filme Dhogs, acadou o segundo premio Mestre Mateo co filme Trote e o terceiro polo filme ¿Qué hicimos mal?, de Liliana Torres.[2][4]
Obra
editar- 2023: Matria, fotografía da longametraxe de Álvaro Gago.
- 2018: Dhogs, directora de fotografía da longametraxe de Andrés Goteira.
- 2015: Islas, fotografía do documental de Adriana F. Castellanos.
- 2014: Unary, directora de fotografía da curtametraxe de Luís Avilés.
- 2011: Anacos, directora de fotografía da curtametraxe de Xacio Baño.
- 2010: Esteroscopía, fotografía da curtametraxe de Xacio Baño.
Vai recibir o Premio Chano Piñeiro do Ourense Film Festival ao talento e o emprendemento audiovisual.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Fálase de Lucía C. Pan rec...". Praza Pública. Consultado o 4/9/2022.
- ↑ 2,0 2,1 "A directora de fotografía Lucía Catoira, próxima convidada... - NUMAX". numax.org. Consultado o 4/9/2022.
- ↑ "Lucía Catoira Pan: "Hace falta mucho, pero sobre todo hacemos falta muchas"". Kluid Magazine (en castelán). 8/3/2022. Consultado o 4/9/2022.
- ↑ "¿Qué hicimos mal?". Premios Mestre Mateo. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2022. Consultado o 4/9/2022.