Germán Díaz
Germán Díaz, nado en Valladolid (Castela e León) o 13 de decembro de 1978, é un músico español residente en Arneiro (Cospeito)[1] que destaca como zanfonista, sendo considerado como un dos intérpretes deste instrumento máis innovadores de Europa,[2] chamado por algúns "O Jimi Hendrix da zanfona".[3] Ao longo da súa traxectoria ten tocado en numerosos países de todo o mundo. Destaca pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co contrabaixista galego Baldo Martínez.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Germán Díaz López 13 de decembro de 1978 (45 anos) Valladolid, España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | compositor, músico |
Instrumento | Zanfona, Bendir (pt) , tonbak (en) e Krakebs (en) |
Premios | |
| |
Sitio web | germandiaz.net |
Traxectoria
editarGermán Díaz naceu en Valladolid en 1978, cursando os seus estudos musicais na capital castelá-leonesa na especialidade de guitarra clásica, así como Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid e o Curso de Posgrao de Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición. Posteriormente estudou zanfona con mestres como Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin, ou Valentin Clastrier entre outros.
En 1996 gañou un concurso de canto tradicional que promovía a Xunta de Castela e León, e decidiu empregar os cartos do premio en comprar no único instrumento decente que se axustaba ao seu presuposto, unha zanfona de segunda man que vendía Carlos Beceiro, do grupo folk La Musgaña. Comezou a súa formación zanfonística da man do seu tío, o etnógrafo e folclorista Joaquín Díaz, e o cantautor berciano Amancio Prada.[2] Froito do seu labor de recompilación e difusión da música tradicional, recibiu en 1999 o premio Racimo de Oro da música.
Germán Díaz foi o único zanfonista do Estado español que pertenceu á Viellistic Orchestra, unha orquestra de zanfonas francesa integrada por algúns dos mellores zanfonistas do mundo e que desaparecería no ano 2004. Trala desaparición da agrupación francesa, Germán, formou un dúo xunto co director artístico da orquestra, Pascal Lefeuvre, amais de cofundar o Symphonía Quartet, e o cuarteto ibérico de zanfonas, xunto con Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre. Ese mesmo ano creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras xunto con Fernando Fuentes, prestando especial atención aos traballos de novos zanfonistas.
Representou a Castela e León no PopKomm de Berlín (Alemaña) en 2005, ao ano seguinte foi escollido para representar o Estado español no 27º Festival da Unión Europea de Radiodifusión celebrado en Finlandia, e en 2009 foi seleccionado pola Embaixada Española para representar ao país nas prestixiosas European Jazz Nights en Oslo (Noruega). Ese mesmo ano recibiu o premio á mellor banda sonora no Festival de Cortometrajes La Fila, por Artículo 349.
O músico aparece citado na novela de Domingo Villar Ollos de auga (2006).
Foi declarado “Mellor artista 2014” polos XIV Premios Opinión (A Coruña)
Nos Premios Mestre Mateo 2018 levou o galardón á mellor música orixinal pola banda sonora de Dhogs[4]
Discografía
editarAno | Título | Grupo | Selo |
---|---|---|---|
2003 | Zona Acústica | Baldo Martínez cuarteto acústico | Xingra |
2003 | Poesía Necesaria, IV Congeso Internacional de la Lengua | Deputación de Valladolid | VVAA |
2003 | El suéter de Claudia | Germán Díaz | Fonomusic Dro Warner |
2004 | Sin título | Rao Trío | Producciones efímeras, nube 1001 |
2005 | Dúo de fuego | Germán Díaz e Pascal Lefeuvre | CDf80 |
2008 | Pi (o sea, Pi) | Germán Díaz | Producciones efímeras, nube 1001 |
2009 | Músicas populares de la guerra civil | Antonio Bravo e Germán Díaz | Producciones efímeras - nube 1001 |
2010 | Nube de nanas para ASPACE | Varios autores | Producciones efimeras - nube 1010 |
2014 | Método Cardiofónico | Germán Díaz | Producciones efímeras – nube 1011 |
2014 | Oh Trío. Cancionero Gallego | Germán Díaz | Producciones efímeras - nube 1012 |
2016 | Músicas populares de la gran guerra | Brigada Bravo & Díaz | Producciones efímeras - nube 1012 |
2018 | Trece cancións bonitas | Germán Díaz e Benxamín Otero | Producciones efímeras - nube 1015 |
Colaboracións
editarAno | Título | Grupo | Selo |
---|---|---|---|
1995 | En clave de folk | Albehaca | GAM |
1998 | Del romancero segoviano | Nuevo Mester de Juglaría | RTVE |
1998 | Siete modos de guisar las berenjenas | María Salgado | Nubenegra |
1998 | Bichito | César Cuenca | Tin records |
1999 | Romances del cid | Joaquín Díaz | PNEUMA |
1999 | I si…? | Toni Xuclà | Música Global |
2000 | Canciones Populares de Salamanca | Gabriel Calvo | Vaivén producciones |
2000 | ¡¿Peroquésexto?! | La Carraca | La fábrica de Ideas Música |
2000 | Andar andola | Tradere | La fábrica de Ideas Música |
2001 | A ti, querido cochino | Nuevo Mester de Juglaría | |
2002 | Romances españoles | Joaquín Díaz | Tecnosaga |
2002 | De tu puerta a la mía | Salmantice | |
2002 | Luneda | Laio | Muxxic |
2002 | Tornando al abellugu'l llar | Brenga Astur | Dro Warner |
2003 | Fronteira de cegoñas | Anxo Rei | Armando records |
2003 | Barrunto | Acetre | Promúsica |
2003 | La zanfona. La tradición Musical en España. La zanfona | Tecnosaga | |
2003 | Trazzeri | Fratelli Mancuso | Openfolk |
2004 | Parsifal goes to La Habana | Gateway4M | |
2004 | Gran rapsodia de aires populares de galicia | Real banda de Gaitas | RTVE |
2005 | Dendrolatrías | Joaquín Díaz | Factoría Autor |
2005 | Spain Where Music Lives | Popkomm | SGAE |
2005 | Un signe en Passant | Maxime Piolot | AIR |
2005 | Awen Magic Land | Carlos Soto e María Desbordes | Resistencia |
2006 | Abrecaminos | María Salgado | |
2006 | El Evangelio según mi jardinero | Martín Buscaglia | Love Monk |
2006 | Tangosophy | Gorka Hermosa | X-trañas grabaciones |
2006 | 24 rosas | Diana Navarro | Warner Dro |
2007 | Dehesario | Acetre | Nufolk |
2007 | Medina sonora, Volumen 6 | SUPER HÉROES | |
2008 | Canciones Populares del S XVI de Francisco Salinas | Joaquín Díaz | CDf |
2008 | Alí | Marcos Teira | Autoedita |
2009 | Jaleos | Orquesta nacional de jazz de España | Sony/BMG |
2009 | El mundo no se acaba | Aínda | Several Records |
2009 | Projecto Miño | Baldo Martínez | Karonte |
2009 | Recopilación | Joaquín Díaz | CDf |
2009 | Benzón | Guadi Galego | Autoeditado |
2010 | Manual de seducción | Marful | |
2010 | Abrazo-Abraço | María Salgado | Unión Europea, FEDER |
2011 | Desparafusador de Gominola | Pedro e Pablo Pascual | Xunta de Galicia |
2011 | Folkidelia | Folkidelia | Autoproducido |
2011 | Fetén Fetén | D. Galaz e Jorge Arribas | Autoproducido |
2011 | Acróbata | Fred Martins e Ugia Pedreira | Lonxa Cultural |
2012 | Vilamor BSO | Zeltia Montes | |
2012 | BSO Damned by Despair | Dan Jones | National Theatre, Londres |
2013 | Miniaturas de Eugenio Granell | Alejandro Vargas | Folque |
2019 | Immersion | Guadi Galego | Altafonte Music |
Bandas sonoras
editarGermán Díaz tamén ten composto numerosas bandas sonoras para curtametraxes, obras teatrais e documentais:
- Longametraxe: Dhogs (Andrés Goteira), Gaitafilmes / Pixel Films, 2017
- Spot: Fp funciona (Alex Martin), RQR, 2011.
- Documental sobre a obra teatral: Arte y Álbumes ilustrados (sobre a obra de Luis de Horna), A mano cultura, 2010.
- Obra teatral: Construcións Clementina, Dígame?, Palimoco Teatro, 2009.
- Curtametraxe: Os falantes (Eva Alfonso), 2010.
- Obra teatral: Guyi Guyi, Periferia Teatro, 2009.
- Obra teatral: Na(s)cer Cansado, sobre H. Michaux (Luciano Amarelo), 2009.
- Curtametraxe: En mi memoria (Roberto Quintanilla), 2007.
- Obra teatral: La Cama Voladora, Calamar Teatro, 2005.
- Obra teatral: La estrategia de la luz (Adriana Argenta), Azar teatro, 2005.
- Música para o Festival Internacional de las Artes de Castela e León, Fundación Siglo, 2005.
- Curtametraxe de animación: A vista é soño, Miguel Lasangre, 2005.
- Música para o pavillón español na Expo Aichi 2005, Nagoya (Xapón).
- Obra teatral: Penas x amor perdidas (William Shakespeare), Mallo de Luna Teatro, 2004.
- Obra teatral: Mucho ruido y pocas nueces (William Shakespeare) Regie: Lembit Peterson, 2003.
- Obra teatral: Yes, puede ser...? (Marguerite Duras), La Nave Teatro, 2002.
Notas
editar- ↑ "En Castela non hai cultura de aldea" Arquivado 03 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., entrevista en El Progreso, 31 de decembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "La zanfona impredecible", artigo en El País, 18 de xuño de 2005 (en castelán).
- ↑ Germán Díaz - Método cardiofónico Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Cuadernos de Jazz
- ↑ "Premio #MestreMateo18 a mellor música orixinal: Germán Díaz por Dhogs". @TVGalicia. Consultado o 13 marzo 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)
- Entrevista a Germán Díaz en tomajazz (2004) (en castelán)
- Artigo "Germán Díaz - Método cardiofónico" Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Cuadernos de Jazz
- Germán Díaz, el zanfonista ‘cardiofónico’