Marcos Teira
Marcos Román Teira Fernández, nado na Pobra do Caramiñal en 1967, é un guitarrista galego.
Marcos Teira | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marcos Román Teira Fernández |
Nacemento | 1967 |
Orixe | A Pobra do Caramiñal |
Ocupación | guitarrista |
Instrumento(s) | guitarra |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Ten tocado con Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño, Leilía, e Uxía. Gravou varios discos de música folk, rock, jazz e flamenco, sendo este último a súa mellor forma de expresión. Punta de Cabio é o seu primeiro traballo discográfico como solista. Foi membro do grupo compostelán Psicofónica de Conxo e comparte Marful co proxecto Narf.