Xosé Manuel Budiño

músico galego

Xosé Manuel Budiño, nado en Moaña en 1969, é un músico e gaiteiro galego.

Xosé Manuel Budiño
Budiño no MICSUR, Mar del Plata, Arxentina, en maio do 2014.
Nome completoXosé Manuel Budiño
Data nacemento1969
Nado enMoaña
Ocupaciónmúsico
Instrumento(s)Gaita, frauta, percusión, guitarra e piano
Tempo en activodende 1991
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm1974197 Facebook: xosemanuelbudino iTunes: 265498779 Last fm: Xosé+Manuel+Budiño Musicbrainz: 7025b16f-c58d-4939-9d25-74b871cbc6da Songkick: 354140 Discogs: 1625898 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña. Participa na banda de gaitas Xarabal e en 1991 funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía Senlle.

En 1996 presenta o seu proxecto en solitario Paralaia. Para as actuacións contou con Leandro Deltell (Batería, percusións), Xan Hernández (baixo), Pedro Pascual (bouzouki, mandola), Xabier Díaz (acordeón) e Pablo Alonso (clarinete baixo).

No seu álbum Fulgor (2019), Budiño interpreta por primeira vez coa súa voz as melodías das cancións.[1] Neste álbum mestura elementos da música tradicional galega coa electrónica ou o pop.

A carreira musical de Budiño permitiulle levar a música galega polo mundo, con actuación en cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Frankfurt, Milán, Glasgow ou Cidade de México.

Discografía editar

Notas editar

  1. "«Fulgor», la brillante metamorfosis de Budiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-08-02. Consultado o 2023-02-22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar