Psicofónica de Conxo
Psicofónica de Conxo foi un proxecto musical e creativo xurdido en Santiago de Compostela en 1998 e activo até 2005. Fixo proxectos relacionados coa música escénica, performances, producións multimedia e colaboracións con artistas de Galiza, España e Portugal[2].
Psicofónica de Conxo | |
---|---|
Orixe | Santiago de Compostela, A Coruña, ![]() |
Período | 1998-2005? |
Xénero(s) | Audiovisual |
Selo(s) discográfico(s) | Fortes & Rangel, Zanfonia |
Membros | Carlos Santiago (voz), Fran Pérez (guitarras, harmónica e voz), Suso Alonso (piano, teclados, cello e acordeón), Xavier Olite (baixo, programacións), Marcos Teira (guitarras), Pepe Sendón (batería, octapad, vibrafonette, percusión e voz)Antonio Vazquez (Produtor, Tecnico de son)[1]. |
DescriciónEditar
Psicofónica de Conxo estivo ligada ao grupo Chévere de teatro, e participaron na creación da Sala Nasa[Cómpre referencia] (Nave de Servicios Artísticos) en Santiago de Compostela, onde fixeron concertos, edición de discos, festivais, fancines, obradoiros e cursos.
DiscografíaEditar
- Psicópolis (2001-Fortes & Rangel)
- Zero (A glaciación)
- Psicópolis
- Farolas
- A viente do 3º milenio
- Son tan feliz
- Mundo submarino
- Electroshock
- Elka
- Luca Malone
- Amor cromático
- Belmondo
- O día do xuízo final
- A ko bram ka fona tana rom
- Extramundi (2002-Madame Mir)
- Desfeita
- Finlandia
- Merengue
- Sol de Luanda
- Día D
- Aeroplanos
- Doutor da tristeza
- Pistas falsas
- Invocación
- Venres noite
NotasEditar
- ↑ M. Beceiro. La Voz de Galicia, ed. "Novos sons de Psicofónica e Chouteira". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Terra (ed.). "PSICOFÓNICA DE CONXO". Consultado o 26 de agosto de 2013.