Marful (grupo)

grupo musical galego

Marful é un grupo de música galega composto por Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.

Concerto de Marful

Historia

editar

A súa música lembra os salóns de bailes con balcóns das décadas de 1930 e 1940, inspirada neles e na introdución das primeiras jazz-band en Galiza e na súa fusión coa música folk. Combinan ritmos bailábeis americanos e europeos, como tangos, habaneras ou foxtrot, con letras actuais de corte social.

O grupo ten actuado en París, Cataluña e Portugal ademais de Galiza.

O día 30 de novembro de 2019[1], tras moito tempo separados, deron o seu derradeiro concerto no Culturgal coa participación de Sabela Ramil, quen concursara cunha das súas cancións en Operación Triunfo.

Discografía

editar
  • Marful (Ediciones Efímeras, 2006)
  • Manual de sedución (2010)[2].
  1. "O 'Tristrás' máis especial de Marful e Sabela, no escenario de Culturgal". Consultado o 2019-12-01. 
  2. "Souto: “Marful representa a banda imposible”" Arquivado 20 de setembro de 2010 en Wayback Machine., artigo de Alberto Ramos en Xornal de Galicia, 15 de setembro de 2010.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar