Narf
Francisco Xavier Pérez Vázquez,[1][2] nado en Silleda o 24 de abril[3] de 1968[1][4][5] e finado en Santiago de Compostela[3] o 15 de novembro de 2016,[6] máis coñecido como Narf,[7] nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez,[8][9][10][11] foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra,[12][13] que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras.[14][15][16] Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais.[17] Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega[18] e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.[13][18][19][20]
Narf | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Francisco Xavier Pérez Vázquez |
Alias | Narf |
Nacemento | 24 de abril de 1968 |
Orixe | ![]() |
Falecemento | 15 de novembro de 2016 (48 anos)![]() |
Santiago de Compostela | |
Ocupación | Cantante, compositor (Cancionista) |
Instrumento(s) | Guitarra, voz |
Na rede | |
franpereznarf.com | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Mudouse da súa vila natal a Santiago de Compostela sendo aínda moi novo.[21] Foi membro do grupo Os Quinindiolas, xunto a Xelís de Toro, Pepe Sendón e Marcos Teira, entre outros.[8] Foi membro tamén do efémero grupo Nicho Varullo, xunto a Pepe Sendón e Carlos Santiago.[9] Formou parte da compañía de teatro Chévere e foi un dos fundadores da sala Nasa, que naceu vinculada a devandita compañía no ano 1992, canda el estaban Xesús Ron, Miguel de Lira, Pepe Sendón, Blanca Cendán, John Eastham e Carlos Santiago.[10] Compoñía cancións para a Banda da Nasa e participou nalgunhas montaxes teatrais como actor para a compañía teatral Chévere, como Máquina total (1994), Annus Horribilis (1994) etc. e en infinidade de números da Ultranoite. Abandonou o proxecto no ano 1998.[17]
Segundo Narf declarou: –"co diñeiro de Xelís fundamos en 1990 a discográfica Spectra, pero aquilo foi unha ruína". Cos fondos procedentes dun premio literario concedido en Lugo no ano 1990 á novela de Xelís de Toro Non hai misericordia puideron pagar os debuts de Nicho Varullo e Os Quinindiolas e mais a edición da banda sonora de Río Bravo (1990) da compañía Chévere.[16] En 1998 conformou a banda Psicofónica de Conxo da que Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros seus en traballos anteriores, formaban parte.[11]
Tras un longo percorrido no mundo da música, Fran Pérez creou no ano 2004 o concepto artístico de Narf: "nova identidade para un músico inquedo que investiga o ritmo e a harmonía"[15][22] e gustáballe definirse como cancionista.[12][16] Emprendeu algúns traballos en solitario, contando tres álbums, e colaborou asemade con outros artistas. Con Jabier Muguruza e Miquel Gil puxo en escena Mundo Café (2005), un espectáculo que unía música e literatura,[23] proxecto que finalmente quedou plasmado nun disco.[24] Coa banda mozambicana Timbila Muzimba emprendeu o proxecto cultural Bumba (2006), confluencia dos sons tradicionais do pobo chopi coa música de Narf,[25][26][27] cooperación que perdurarou máis de dez anos e que concluíu con Da Zigala a Zemambiquo (2016), segunda parte do proxecto Bumba.[28][29] Coñeceu a Manecas Costa incidentalmente nun camerino durante o Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré[30][31] en Pontevedra[32] ao que acudiron como convidados e acordaron colaborar xuntos a partir de entón, froito daquel encontro naceu o álbum Aló Irmao! (2010),[22][33] conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco[18] en agosto do ano 2010 e permaneceu no cumio da lista durante tres semanas.[34] Con Quico Cadaval presentou Obrigado!, un espectáculo no que confluían as actuacións musicais e os relatos.[35] E da colaboración con Uxía naceu o disco Baladas da Galiza imaxinaria (2015).[12][36][37]
No festival Liet-Lavlut, dedicado a fomentar o uso das linguas minorizadas europeas, celebrado no ano 2006 en Östersund (Suecia) acadou o segundo posto co tema Santiago,[38][39] incluído no seu álbum Tótem (2007). En decembro do ano 2008 levou a música do seu segundo álbum en solitario Tótem a Delhi e Katmandú na compaña de Juan Ramos, con quen coincidira previamente no grupo Os Quinindiolas.[40][41] Actuou no Festival Câmbio Sonoro en Recife acompañado por Marcos Teira e Pepe Sendón no 2008.[42][43][44] Participou con Manecas Costa e Timbila Muzimba no Festival d'Agosto de Maputo,[45] onde estivo en varias edicións. Asistiu no 2009 ao IX Mercado Cultural para amosar Aló Irmao! con Manecas Costa, actuaron en Jequié, São Paulo e Salvador de Baía,[46][47] estiveron en Porto Alegre[48] e tamén en Buenos Aires,[49] no 2010 actuaron de novo xuntos no City of London Festival.[50][51] Estreou o espectáculo Atlántic@s xunto aos artistas galegos Uxía, Rosa Cedrón e Budiño no Mar del Plata, dentro do MICSUR, no mes de maio de 2014.[52][53] Presentou a súa música en múltiples festivais arredor do mundo, como no Antídoto en São Paulo,[54][55] no festival de Mindelo, noutros ámbitos como o BAFIM en Buenos Aires[56][57] e tamén levou a súa música aos escenarios de Cuba,[58] Niterói, Río de Xaneiro, Guinea-Bisau, Varsovia, Brighton, Barcelona, Sevilla, Cracovia ou Newcastle.[59][60]
Compuxo máis de trinta bandas sonoras para producións teatrais de diferentes compañías de Galiza e Portugal, como a ópera experimental Resaca (1996), con libreto de Pepe Sendón, na súa etapa como membro fundador da sala Nasa,[61] A boa persoa de Sezuán (2008)[62] e Salomé (2010)[63] para o Centro Dramático Galego ou a Queima do Judas para Trigo Limpo teatro ACERT, que se celebra tódolos anos en Tondela o Sábado Santo, espectáculo do que foi responsable musical entre os anos 2000 e 2015.[64][65] Formou parte do elenco de actores na obra de teatro A ópera dos tres reás (2011), interpretando os papeis de Dedotorto e trobeiro cego, baixo a dirección escénica de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego.[66] No eido audiovisual participou como compositor das cancións no relato infantil multimedia O labirinto dos soños, con texto e dirección de Pepe Sendón,[67][68] na serie de televisión baseada no relato anterior O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos[69] e no documental Galicia une entre outros traballos.[70]
MorteEditar
Entre os meses de marzo e abril de 2016 estivo 40 días nos Estados Unidos de América durante a xira de presentación do seu último disco Baladas da Galiza imaxinaria, feito en colaboración con Uxía.[71][72][73] No mes de setembro de 2016 suspendeu por recomendación médica un concerto da antedita xira previsto en Ribeira por mor do seu delicado estado de saúde.[4] Outros concertos programados en Bilbao, Barcelona, Madrid ou Manresa foron aprazados.[74] Malia todo, os seus últimos concertos celebráronse no Teatro Principal de Santiago xunto aos africanos Timbila Muzimba para amosar ao público o proxecto Bumba II: Da Zigala a Zemambiquo, o 22 de outubro no marco do Womex[75][76] e o día 23[77][78] o derradeiro. Faleceu a causa dun cancro o 15 de novembro de 2016 aos 48 anos de idade.[4][21][79]
RecoñecementoEditar
Trala súa morte fixéronse varias homenaxes na súa lembranza. A primeira delas foi o ano seguinte, durante o XIII Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra o 14 de xaneiro de 2017.[80][81][82][83][84] O 10 de xuño de 2017 unha estatua de bronce foi inaugurada en Boiro durante unha homenaxe feita no seu honor na Pousada das Ánimas,[85][86][87] sala de concertos que posteriormente cambiou o seu nome, denominándose A Pousada da Galiza Imaxinaria na súa honra[88] e o 30 de agosto de 2017 celebrouse un concerto tributo a Narf durante o festival Feito a Man na praza da Quintana en Santiago de Compostela.[89]
O ano seguinte, durante a cuarta edición do festival O mar nunha flor celebrada o 4 de agosto de 2018, varios artistas participaron nun concerto dedicado na súa memoria[90] e o 3 de novembro de 2019, durante o festival Ahoje é ahoje organizado polo teatro Avenida en Maputo (Mozambique), celebrouse unha homenaxe en lembranza de Narf.[91]
A Deputación da Coruña pasou a denominar o concurso musical de rock como Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais a partir de 2017.[92]
DiscografíaEditar
- Todos eles baixo a produción de Antonio Vázquez (Asisí producións)
“Fran ergueu o Totem da música día a día, |
Con Os Quinindiolas
- Os Quinindiolas (1991, editado en 2009 por A Regueifa).
Con Nicho Varullo
- Nicho Varullo (Spectra, 1991).
- Psicópolis (Fortes & Rangel, 2001).
- Extramundi (Madame Mir, 2002).
Con Jabier Muguruza e Miquel Gil
- Mundo café (Gintonic, 2005).
Con Manecas Costa
- Aló irmao! (Cartafol/Falcatruada, 2010) (Dvd - Directo).
“Narf foi un cancionista, |
Con Uxía
- Baladas da Galiza imaxinaria (Damadriña, 2015).
Como Narf en solitario
- Directo en Compostela (Changüi, 2004) (Directo).
- Tótem (Falcatruada, 2007).
- Nas tardes escuras (El Patito Editorial, 2013).
No audiovisualEditar
Como compositor de bandas sonoras
- O Labirinto dos Soños, relato infantil multimedia (Grandola Nova, 2002).
- O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos, serie de televisión (Grandola Nova, 2004).
- Galicia Une, documental (Nordesía Producións, 2006).
- Móvete, videoclip da Xunta de Galicia (Atlantis, 2007).
Outros traballosEditar
- A obra sinfónica Canción das árbores danzantes, encarga da Xunta de Galicia para a toma de posesión do presidente Touriño (2005).
- O tema Noite de estrelas incluído no álbum tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007).
- A banda sonora da páxina web Golfiño, cómic (El Patito Editorial, 2007).
- A banda sonora da páxina web Universo Galimatías, cómic (El Patito Editorial, 2009).
PremiosEditar
Como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos
- Premio da Crítica ao mellor musical do 1996, en Barcelona, pola ópera cómica Annus horribilis (con libreto de Pepe Sendón).
- Premio María Casares á mellor música orixinal no 1997, por Finis Mundi Circus (Mofa e Befa). Compartido con Piti Sanz.
- Premio María Casares á mellor música orixinal no 1998, por Órbita mutante (Chévere). Coa Banda da Sala Nasa.
- Premio María Casares á mellor música orixinal no 2003, por Río Bravo'02 (Chévere).
- Premio María Casares á mellor música orixinal no 2004, por Sidecar (Belmondo).
- Premio María Casares á mellor música orixinal no 2010, por O segredo dos Hoffmann (Lagarta Lagarta).
Como músico
- Segundo posto no concurso de canción en linguas minorizadas europeas, Festival Liet Lavlut de Suecia, co tema Santiago no ano 2006, publicada dentro do seu disco Tótem.
- Número 1 no Top ten da RDP-África durante tres semanas de agosto de 2010 co disco Aló irmao!.
- Na primeira edición dos Premios Martín Códax da Música, convocados no ano 2013 pola asociación Músicos Ao Vivo, foi o vencedor na categoría de rock, blues, funk & soul.[94]
- Premio Ari[t]mar da Amizade Galego-Lusófona, no ano 2017.[3]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Graña, A. (16-11-2016). "Falece o compositor e cantante galego Narf". Faro de Vigo. Europa Press. Consultado o 25-12-2016.
- ↑ "Fallece el músico gallego Fran Pérez 'Narf'". Canción a quemarropa (en castelán). 15-11-2016. Consultado o 25-12-2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Premio Ari[t]mar da Amizade Galego-Lusófona para Narf". Sermos Galiza. 25-4-2017. Consultado o 26-4-2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Ro, Santiago (16-11-2016). "Morre Fran Pérez 'Narf', un dos grandes da música galega". El Correo Gallego. Consultado o 25-12-2016.
- ↑ "Fallece el cantante y compositor gallego Narf". La Región (en castelán). 15-11-2016. Consultado o 25-12-2016.
- ↑ Lombao, David (15-11-2016). "Falece o músico Fran Pérez, Narf". Praza Pública.
- ↑ O pseudónimo deriva do seu hipocorístico Fran escrito do revés.
- ↑ 8,0 8,1 "Os Quinindiolas. Los hijos bastardos de James Brown". lafonoteca (en castelán). Consultado o 25-12-2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Nicho Varullo. Post punk compostelano". lafonoteca (en castelán). Consultado o 25-12-2016.
- ↑ 10,0 10,1 Gómez, Lupe (5-10-2009). "Compartir unha aventura". Galicia Hoxe. Consultado o 27-12-2016.
- ↑ 11,0 11,1 Beceiro, M. "Novos sons de Psicofónica e Chouteira". La Voz de Galicia. Consultado o 25-12-2016.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "A beleza dos sons de Uxía e Narf únense nas Baladas da Galiza imaxinaria e visitan o Verán Cultural". Xornal Galicia. 11-8-2016. Consultado o 2-1-2016.
- ↑ 13,0 13,1 "Fran Pérez 'Narf' e Manecas Costa abren no Salón Teatro o Ciclo Novas Músicas". Axencia Galega das Industrias Culturais. 11-6-2008. Consultado o 4-1-2017.
- ↑ anajimandro (11-3-2008). "NARF Biografía". last.fm (en castelán). Consultado o 4-1-2017.
- ↑ 15,0 15,1 "Narf". Dotgalicia. 2011. Arquivado dende o orixinal o 17-03-2018. Consultado o 30-12-2106.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Iglesias, Óscar (23-11-2007). "O retorno de Narf". El País. Consultado o 27-12-2016.
- ↑ 17,0 17,1 "Galeg@s - Fran Pérez". Galicia Dixital. Consultado o 28-12-2016.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 Dopico, Montse (27-3-2011). "A cultura e o idioma son o maior activo que temos. Creo que descoidalos é un erro". El Mundo. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ Torres, Ramiro (3-12-2014). "Entrevista a Fran Pérez, Narf". Palavra comum. Arquivado dende o orixinal o 04-01-2017. Consultado o 4-1-2017.
- ↑ "A fusom entre a Guiné Bissau e a Galiza". Diário Liberdade. 27-6-2010. Arquivado dende o orixinal o 09-01-2017. Consultado o 8-1-2017.
- ↑ 21,0 21,1 Montes, S. (16-11-2016). "A música dóese pola morte de Fran Pérez "Narf"". cultura galega. Consultado o 27-12-2016.
- ↑ 22,0 22,1 "Narf y Manecas Costa graban en directo Aló Irmao en el Teatro Principal de Compostela". galicia digital (en castelán). 12-6-2009. Consultado o 27-12-2016.
- ↑ Cubillo, Igor (19-5-2016). "Jabier Muguruza, Miquel Gil y Narf aúnan música y literatura en 'Mundo Café'". El País (en castelán). Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "Mundo Café". Resistencia (en castelán). 2005. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "O proxecto musical "Bumba", en Santiago". El Correo Gallego. 10-5-2006. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "A Fundación Caixa Galicia leva a Vilaboa a BUMBA, o novo proxecto de NARF e Timbila Muzimba". Pontevedra. Europa Press. 23-6-2006. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "Bumba (Narf e Timbila Muzimba) actúa en Barbadás". La Voz de Galicia. 17-6-2006. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "Bumba II: un viaje de ida y vuelta, Da Zigala a Zemambiquo". Por causa dela (en castelán). 2016. Consultado o 29-12-2016.[Ligazón morta]
- ↑ "Narf e Timbila Muzimba, diálogo musical e cultural este domingo no Principal". El Correo Gallego. 19-10-2016. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ Ucha, Olaia (26-4-2009). "Fran Pérez: "O galego é unha ponte"". Galicia Hoxe. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ Sotelino, B. R. (4-3-2010). "«En 'Aló irmao' estamos Manecas Costa e eu, e un bosque de guitarras ao redor creando sonoridades»". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 17-10-2017. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "Galicia y Guinea Bissau se unen en «Aló Irmao!»". cancioneros (en castelán). 28-10-2010. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "Aló Irmâo". B!ritmos (en castelán). 2010. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 27-12-2016.
- ↑ "Músicas posibles - Aló Irmao!". Radio Televisión Española (en castelán). 30-10-2010. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "11º Festival "O Gesto Orelhudo"". www.dorfeu.pt (en portugués). 4-10-2012. Consultado o 6-4-2020. Quinta feira, 4 de outubro: "Obrigado!" - Quico Cadaval & Narf (Galiza)
- ↑ Calveiro, P. (4-6-2015). "Uxía e Narf unen as súas naves no disco «Baladas da Galiza imaxinaria»". La Voz de Galicia. Consultado o 2-1-2016.
- ↑ "Uxía Senlle e Narf presentan 'Baladas da Galiza imaxinaria', o seu primeiro disco". El Progreso. EFE. 3-6-2015. Consultado o 2-1-2017.
- ↑ "Narf actuará o domingo no festival europeo de linguas minorizadas". Galicia Hoxe. 13-10-2006. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "O galego Narf obtén o segundo posto no certame de linguas minorizadas". La Voz de Galicia. 16-10-2006. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "Narf leva a música do seu "Totem" á India e ao Nepal". Galicia Hoxe. 14-12-2008. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "Narf leva o seu "Totem" á India e ao Nepal". Ghastas pista?. 2008. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "Festival de Música Espanha-Pernambuco no Santa Isabel". RecifeRock! (en portugués). 2008. Consultado o 1-1-2017.
- ↑ "Brasil e Espanha unidas em Pernambuco". Raiz (en portugués). 11-3-2008. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 1-1-2017.
- ↑ "Festival reúne artistas pernambucanos e espanhóis no Santa Isabel". Boletin Diário (en portugués). Prefeitura do Recife. 13-3-2008. Consultado o 1-1-2017.
- ↑ "Semana mozambicano-galega en Maputo". Vieiros. 13-8-2008. Consultado o 31-12-2016.
- ↑ "...Aló Irmao...". Casa Via Magia (en portugués). 2009. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 31-12-2016.
- ↑ "IX Mercado Cultural promove caravana artística pela Bahia". Tribuna da Bahia (en portugués). 30-11-2009. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 31-12-2016.
- ↑ "Aló Irmao pecha este venres a súa xira polo Brasil". Galicia Hoxe. 2-12-2009. Consultado o 1-1-2017.
- ↑ "Aló Irmao convértese en banda deseñada". Vieiros. 12-1-2010. Consultado o 1-1-2007.
- ↑ "Alô Irmão! – Narf & Manecas Costa (Galicia Guinea-Bissau)". St Ethelburga's (en inglés). 25-6-2010. Consultado o 6-4-2020.
- ↑ Angel (22-6-2010). "New Meetup: Manecas Costa & Fran Perez (Narf) Alô Irmão! ( Galicia Guinea-Bissau )". Meetup (en inglés). Consultado o 31-12-2016.
- ↑ "El Día de las Letras Gallegas llega a Argentina". La Vanguardia (en castelán). EFE. 17-5-2014. Consultado o 31-12-2016.
- ↑ "Uxía, Rosa Cedrón, Budiño y Narf emocionan en Argentina en el concierto Atlántic@s". Galicia en el Mundo (en castelán). 23-5-2014. Consultado o 31-12-2016.
- ↑ Show Narf e Manecas Costa - Antídoto Anaco do show do encontro de Narf e Manecas Costa durante o Antídoto: Seminário Internacional de Ações Culturais em Zonas de Conflito en maio de 2010 no Itaú Cultural.
- ↑ "5ª edição do ANTÍDOTO - Mostra Internacional de Ações Culturais em Zonas de Conflito". programavai. 29-4-2010. Consultado o 1-1-2017. Sendo en maio, o dia 14 sexta feira 20h - "Aló irmão" - Narf & Manecas Costa (Galícia / Guiné-Bissau)
- ↑ "A música galega entra na BAFIM de Bos Aires con concertos de Carlos Núñez, Xoel López, Vetusta Morla, Aló Irmao e Uxía". Axencia Galega das Industrias Culturais. 13-11-2009. Consultado o 1-1-2017.
- ↑ Castro, Jamila (25-2-2010). "Hablamos con... Uxía". B!Ritmos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 1-1-2017.
- ↑ "Varios artistas composteláns seguen a participar en Cuba no evento "Os Camiños de Santiago"". Concello de Santiago. 13-11-2006. Consultado o 2-1-2017.
- ↑ "Narf". Redescena (en castelán). Consultado o 1-1-2017.
- ↑ "Encontro con Narf". aCentral folque. 22-4-2014. Consultado o 1-1-2017.
- ↑ "Chévere - Resaca". Centro de Documentación Teatral (en castelán). Consultado o 4-1-2017.
- ↑ "CDG: A boa persoa de Sezuán". Centro Dramático Galego. 2008. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "CDG: Salomé". Centro Dramático Galego. 2010. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "NARF na “Queima do Judas” de Tondela". música en galego. 2012. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ Franco, Camilo (6-4-2012). "Máis de 200 actores e 500 voluntarios participan na Queima do Judas, de Tondela". Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "CDG: A ópera dos tres reás". Centro Dramático Galego. 2011. Consultado o 2-1-2016.
- ↑ "A película de animación interactiva O labirinto dos soños amosa as posibilidades dos productos multimedia feitos en Galicia". cultura galega. 24-4-2003. Consultado o 25-12-2016.
- ↑ Sánchez, Olalla (1-7-2005). "«O Labirinto dos soños»: el éxito de una producción independiente". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 28-12-2016.
- ↑ "Ventura na Illa de Hypnos". cultura galega. Consultado o 28-12-2016.
- ↑ "Bio". Fran Pérez [Narf]. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2016. Consultado o 28-12-2016.
- ↑ "Uxía y Narf llegan este viernes a Vigo para presentar en concierto su disco ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’". Noticias Vigo (en castelán). 2016. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "Uxía & Narf. Baladas da Galiza imaxinaria". Culturactiva. 2016. Arquivado dende o orixinal o 26-04-2016. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ Ballesteros, Álvaro (12-4-2016). "Uxía e Narf: «En EE. UU. quedan fascinados coa cultura galega»". La Voz de Galicia. Consultado o 29-12-2016.
- ↑ "Fallece el músico Narf a los 48 años". El Progreso (en castelán). Europa Press. 15-11-2016. Consultado o 27-12-2016.
- ↑ "WOMEX 2016 - Teatro Principal (Atlantic Connections)". Santiago turismo. Arquivado dende o orixinal o 05-01-2017. Consultado o 4-1-2017.
- ↑ "Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, sons galegos para o Womex 2016". Praza Pública. 13-7-2016. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "Narf e Timbila Muzimba, diálogo musical e cultural este domingo no Principal". El Correo Gallego. 19-10-2016. Consultado o 4-1-2016.
- ↑ "Concerto: Narf & Timbila Muzimba". Santiago turismo. Arquivado dende o orixinal o 05-01-2017. Consultado o 4-1-2016.
- ↑ "Homenaxe a Fran Pérez, Narf, que nos deixou esta semana". crtvg. 20-11-2016. Arquivado dende o orixinal o 28-12-2016. Consultado o 27-12-2016.
- ↑ "Un Cantos na Maré dedicado a «Narf» y su legado musical". La Voz de Galicia. 27-12-2016. Consultado o 6-1-2017.
- ↑ "O festival da lusofonía Cantos na Maré brindará homenaxe á figura de Narf". Diario de Pontevedra. Europa Press. 26-12-2016. Consultado o 6-1-2017.
- ↑ "Cantos na Maré dedica en su edición de 2017 un homenaje al artista gallego Narf". Galicia Dixital (en castelán). 26-12-2016. Consultado o 6-1-2017.
- ↑ "O Festival da Lusofonía Cantos na Maré rende homenaxe a Narf". Faro de Vigo. 27-12-2016. Consultado o 6-1-2017.
- ↑ L. B. D. (12-1-2017). "Oda a Narf". Diario de Pontevedra. Consultado o 12-6-2017.
- ↑ R. C. (23-5-2017). "Primeiro concerto-homenaxe a Narf en Boiro, estatua incluída". Sermos Galiza. Consultado o 23-5-2017.
- ↑ "Chévere, Uxía, Guadi Galego, Marcos Teira, Aida Saco e Barahúnda actuarán por Narf na Pousada". La Voz de Galicia. 30-5-2017. Consultado o 30-5-2017.
A gala, que inclúe o descubrimento dunha escultura, será conducida por Lucía Aldao e María Lado
- ↑ Gómez, Marta (12-6-2017). "Narf e o seu puño no alto fanse eternos". La Voz de Galicia. Consultado o 12-6-2017.
- ↑ "A renovada Pousada homenaxea a Narf". La Voz de Galicia. 14-10-2018. Arquivado dende o orixinal o 21-01-2019. Consultado o 20-01-2019.
- ↑ Gómez, Silvia; M. G. (12-8-2017). "Máis de 30 artistas de varios países homenaxearán a Narf". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 05-08-2018. Consultado o 5-8-2018.
- ↑ "A homenaxe a Narf pon fin ao programa "O mar nunha flor"". Faro de Vigo. 5-8-2018. Consultado o 5-8-2018.
- ↑ "Mozambique homenajea este domingo al cantautor gallego Fran Pérez 'Narf' con el festival tributo 'Ahoje é ahoje'". La Vanguardia (en castelán). 3-11-2019. Consultado o 29-11-2020.
- ↑ Deputación da Coruña. "Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais (antes concurso musical e rock)". Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ 93,0 93,1 Uxía (20-11-2016). "Narf, alma xemelga e viaxeira". La Voz de Galicia. Consultado o 26-12-2016.
- ↑ Conde, María (14-12-2013). "Pontevedra entrega os primeiros Premios Galegos da Música". La Voz de Galicia. Consultado o 23-5-2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narf |