Depósito legal
O depósito legal é a obrigación legal feita a calquera editor de libros ou publicacións de enviar un ou máis exemplares de calquera obra impresa no país a un repositorio específico, xeralmente a súa biblioteca nacional. Esa doazón é normalmente empregada para libros e xornais, mais co avance da tecnoloxía e dos novos medios de comunicación, algúns países xa están alterando as súas lexislacións para incluír filmes, mapas e até mesmo sitios web de Internet.
Historia
editarNa antigüidade, a Biblioteca de Alexandría xa tiña un sistema de depósito legal e modernamente foi Francia a que instituíu o depósito legal en 1537[1]; Inglaterra fundou o depósito legal en 1662[2]. Esta lei existe en varios países, como Alemaña, Brasil, España, Estados Unidos de América e Portugal. Nalgúns deses a doazón de libros ao repositorio nacional é un prerrequisito para pedidos de rexistro de números de ISBN ou para o recoñecemento de dereitos de autoría.
O número de exemplares a seren depositados poden variar, sendo xeralmente entre un e catro, mais algúns países requiren depósitos maiores, como Polonia, que obriga ao depósito de 19 copias de calquera nova obra.
Xeralmente os órganos do goberno tamén son obrigados a obedecer a leis extras de depósito legal, o que pode obrigar os documentos públicos a seren distribuídos a un gran número de bibliotecas para acceso público.
Notas
editar- ↑ CUNHA, Murilo Bastos da; CAVALCANTI, Cordélia Robalinho de Oliveira. Dicionário de Biblioteconomia e Arquivologia. Brasília, Briquet de Lemos, 2008. Páxina 55. ISBN 9788585637354
- ↑ http://www.scielo.br/pdf/pci/v16n3/15.pdf
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Depósito legal |