Sala Nasa
A Sala NASA (Nave de Servizos Artísticos) foi un espazo multidisciplinar de Santiago de Compostela promovido polo Grupo Chévere xunto con Blanca Cendán en outubro de 1992, localizado no número 51/53 da rúa de San Lourenzo. Nel realizábanse espectáculos teatrais, concertos e todo tipo de disciplinas artísticas. Desde 1992 foi o lugar de estrea e permanencia dos espectáculos da compañía creadora, ademais das súas funcións periódicas chamadas Ultranoites. Durante a súa existencia foi tamén un escenario de referencia no circuíto da música alternativa. Funcionou ata setembro de 2011[1], meses despois da supresión das axudas procedentes do Concello de Santiago coa toma de posesión do alcalde Gerardo Conde-Roa[2].
Sala Nasa | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Concerto da orquestra Omega na Sala NASA | ||||
Tipo | teatro, sala de concertos e club nocturno ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Altitude | 239 m ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | outubro de 1992 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Distincións | Premio de Honra Marisa Soto ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
En 2012 recibiu o Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
O local que ocupaba na rúa de San Lourenzo, actualmente a Sala Malatesta, era un garaxe particular que foi remodelado e adaptado ás novas funcións polos propios membros da compañía[2]. A Sala exercía tamén de editora de libros, CD, DVD ou CD-ROM[1] e en 2010 inspirou a creación da páxina Redenasa.tv, «converténdose na súa alma dixital e con intención de sobrevivila cando desaparecese o corpo material»[3]. Actualmente Redenasa.tv é usado como selo editorial das publicacións de Chévere.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Dossier de prensa de Eurozone" (PDF). Ministerio de Cultura. p. 12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/03/2018. Consultado o 16/04/2018.
- ↑ 2,0 2,1 Alfonso Zarauza. A viaxe dos Chévere (Documental).
- ↑ "Que é Redenasa?". Redenasa.tv. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2018.
- ↑ Chévere (2019). Berberecheira. Redenasa.tv. p. 6. ISBN 978-84-09-08813-3.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sala Nasa |