Os Quinindiolas [1] foron un grupo de rock en galego, activo entre 1988 e 1992. Nos comezos estiveron influídos polo rock enerxético (The Jam, The Clash, The Stooges ou The Sex Pistols), mais nunha segunda etapa, o seu son evolucionou coa influencia da música negra, sobre todo o funk (James Brown, Curtis Mayfield) e o primeiro hip hop (Run DMC, Public Enemy). O seu único EP, unha gravación moi ben producida, deixou rexistro de que Os Quinindiolas desta segunda etapa era un grupo que estaba na vangarda da música daquel tempo.

Os Quinindiolas
OrixeSantiago de Compostela, Galicia
Período19881992
Xénero(s)Rock, hip hop
MembrosPepe Sendón
Xelís de Toro
Fran Pérez
Xoán Ramos

Compoñentes editar

Traxectoria editar

Inicios editar

Os Quinindiolas xorden a finais dos anos oitenta do século XX a partir do Colectivo Favorita, do que formaban parte Pepe Sendón e Xelís de Toro. Este colectivo operaba en Santiago de Compostela editando revistas, organizando performances e facendo grafittis. Un dos proxectos da Favorita foi Trilateral, un grupo de afinidade con artistas de Santiago, Porto, Barcelona e máis tarde Milán.

O interese pola música xorde cando os milaneses adquiren na Europa do Leste unha máquina de prensar vinilos. Esta adquisición provoca a decisión da Trilateral de gravar un disco colectivo. Pepe Sendón coordina a gravación da canción que aportan os de Santiago.

Consolidación editar

A partir de aí, algúns membros da Favorita empezan a quedar informalmente nun local de ensaio onde lles prestaban os instrumentos, e compoñen algunhas cancións máis. Os integrantes do grupo nese momento son Pepe, Xelís, Xoán e Óscar. Esta é a formación que se presenta ao concurso de maquetas Racha coas Ondas de TVE-Galicia.

Pouco despois, vendo Os Quinindiolas que aínda non tiñan repertorio abondo, deciden acudir ao encontro da Trilateral en Barcelona acompañados do grupo compostelán Nicho Varullo. Este encontro dos Nicho e dos Quinindiolas enriquece aos dous grupos, pois un membro de cada un deles pasa a formar parte tamén do outro grupo: Pepe Sendón entra en Nicho Varullo a tocar a batería, posto que acababa de quedar vacante. E Fran Pérez, baixista dos Nicho, entra tamén a tocar o baixo nos Quinindiolas. Con Fran de baixista, Os Quinindiolas evolucionan rápido, aumentan o seu repertorio, e empezan a dar concertos en moitos lugares de Galicia.

Logo dun tempo tocando en directo, Xan tivo problemas de saúde e o grupo tivo que parar a súa actividade. Curiosamente, foi neste momento cando tiveron oportunidade de deixar rexistro sonoro e visual da súa actividade: no ano 91 gravaron o EP, e tamén os playbacks para os programas Sitio Distinto e Mar a Mar da TVG. Todas estas gravacións foron en formato de trío, con Xelís, Pepe e Fran.

Separación editar

Andando o ano 91, Xelís deixa o grupo ao irse de lector de galego á Universidade de Birmingham. Despois diso, Os Quinindiolas aínda fixeron algún concerto en trío, contando con Marcos Teira á guitarra. Pero no ano 92 Fran e Pepe (que tamén eran membros do Grupo teatral Chévere) vólcanse na inminente apertura da Sala Nasa, e Os Quinindiolas abandonan a actividade.

Traballos gravados editar

  • A canción "Esperando ao meu amigo", incluída nun EP de 4 cancións editado pola Trilateral.
  • Os Quinindiolas. EP de 5 cancións gravadas en 1991 nos estudos Sitar de Pontevedra por Antonio Vázquez. Foi editado moitos anos despois, en 2009, por A Regueifa Plataforma.
  • Son pregravado para o programa Sitio Distinto da TVG.
  • Son pregravado para o programa Mar a Mar da TVG.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar