Música negra
A música negra ou música afroamericana é un termo dado a unha serie de xéneros musicais con orixe ou influencias na cultura dos afroamericanos, que dende hai moito tempo constituían unha minoría étnica da poboación estadounidense.
Historia
editarAlgúns dos seus antepasados ao principio foron traídos a Norteamérica para traballar como escravos, traendo con eles cancións tipicamente polirrítmicas de centos de grupos étnicos a través de África occidental e África subsahariana. Nos Estados Unidos, ao se fusionaronen as culturas, múltiples tradicións culturais entraron en contacto coa polca, o valse e outras músicas europeas. Máis tarde houbo considerábeis períodos da innovación e de cambio. Os xéneros afroamericanos foron moi influentes en agrupacións socio-económicas e internacionalmente. A música afroamericana e todos os aspectos da cultura afroamericana son celebrados durante o Mes da Historia do Negro durante o mes de febreiro de cada ano nos Estados Unidos.