Abrir o menú principal

Manecas Costa

cantante e compositor de Guinea-Bisau

Manecas Costa, nado en Cacheu en 1967[1] é un cantante e compositor de Guinea-Bissau.

Manecas Costa
Manecas Costa3.jpg
Manecas Costa no Festival Músicas do Mundo de Sines no ano 2009.
Nacemento1967
OrixeCacheu Guinea-Bissau Guinea-Bissau
OcupaciónCompositor, cantante
Instrumento(s)Guitarra, voz
Tempo en activo1976 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Medrou nunha familia da etnia Manjaca. Comezou a tocala guitarra con 9 anos e estudou con José Carlos Schwarz, un dos artistas máis recoñecidos de Guinea-Bissau[1][2]. Formou o grupo musical Africa Livre co seu irmán Nelson con tan só 10 anos, tiveron éxito e converteuse na estrela local[1][2]. O traballo do compositor e guitarrista Manecas Costa baséase no gumbe, expresión musical e danza predominante na súa rexión de orixe, acompañada polo tambor de auga e canta en crioulo, unha mestura das linguas indíxenas e o portugués[1]. Na década de 1970 colaborou con moitos artistas de Guinea-Bissau,como N'Kassa Cobra, Cobiana Djaz, Mama Djombo, que o levou a Cuba onde tocou xunto á Orquesta Aragón, e Kapa Negra[3][4]. A finais da década de 1980 converteuse no baixista de artistas como Ze Manel. Porén decidiu comezar a súa carreira en solitario, gañou un premio de UNICEF nun concurso internacional de radio en 1987. A súas letras tratan da situación na que se atopan as mulleres guineanas e sobre terceiro mundo en xeral[4]. Foi nomeado Embaixador de boa vontade de UNICEF ós 20 anos, participou en campañas para os programas de saúde infantil e compuxo cancións para difundila mensaxe, como o tema Meninos[1].

Coma moitos músicos de Guinea-Bissau emigrou na busca de mellores oportunidades, trasladouse a Lisboa en 1990[1]. Na década de 1990 fixo xiras por Angola, Cabo Verde, Italia e Portugal, onde se estableceu. Gravou o seu primeiro álbum en Lisboa Mundo di Femea (1991), proxecto no que participaron algúns músicos da comunidade de Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa como Paulino Vieira, Eduardo Paim e tamén seu irmán Nelson Costa. Nesta etapa colaborou con moitos outros artistas como Paulo Flores, Tabanka Djaz, Bius, Waldemar Bastos e Astra Harris. O seu segundo álbum Fundo di Mato é un traballo que vai do acústico ó eléctrico e do tradicional á música moderna[4].

Participou no disco recompilación Palop Africa!, que reuniu varios músicos dos países africanos de fala portuguesa e fixo algunhas actuacións no Reino Unido para amosalo traballo. A canción Ermos di terra causoulle impresión á musicóloga inglesa e presentadora do programa World Routes da BBC Radio 3 Lucy Duran[3], o resultado foi o álbum Paradiso Di Gumbe (2003), producido por Lucy Duran. Considérase o primeiro disco gravado en Guinea-Bissau a pesar da rica tradición musical do seu país, que aínda se atopaba en proceso de reconstrución trala guerra civil de 1998. Lucy Duran e máis o produtor Jerry Boys montaron un estudio de gravación improvisado na discoteca The Rio en Guinea Bissau. Traballaron predominantemente con músicos nativos pero incorporaron á gravación novos instrumentos[1].

Tras coñecer a Narf no Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré[5][6] en Pontevedra[7] e decidiron traballar xuntos. Gravou o seu cuarto disco Aló Irmao! (2010), en colaboración con Narf, en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela o ano 2009[8][9]. Conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco[10] en agosto do ano 2010 e permaneceu no cumio da lista durante tres semanas[11].

DiscografíaEditar

  • Mundo Di Fêmea (1991)
  • Fundo Di Matiu (1999)
  • Paradiso Di Gumbe (2003)
  • Aló irmao! (2010)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Manecas Costa - Artist Biography". AllMusic (en inglés). Consultado o 7-1-2017. 
  2. 2,0 2,1 "Manecas Costa". La Mar de Músicas (en castelán). Cartaxena. Consultado o 7-1-2017. 
  3. 3,0 3,1 Galilea, Carlos (17-4-2004). "La esperanza de Manecas Costa". El País (en castelán). Consultado o 7-1-2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Manecas Costa, o Paraíso do Gumbé". Djambadon (en inglés). 2-12-2005. Consultado o 7-1-2017. 
  5. Ucha, Olaia (26-4-2009). "Fran Pérez: "O galego é unha ponte"". Galicia Hoxe. Consultado o 30-12-2016. 
  6. Sotelino, B. R. (4-3-2010). "En 'Aló irmao' estamos Manecas Costa y yo, y un bosque de guitarras alrededor creando sonoridades". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30-12-2016. 
  7. "Galicia y Guinea Bissau se unen en «Aló Irmao!»". cancioneros (en castelán). 28-10-2010. Consultado o 30-12-2016. 
  8. "Aló Irmâo". B!ritmos (en castelán). 2010. Arquivado dende o orixinal o 01-01-2017. Consultado o 27-12-2016. 
  9. "Narf y Manecas Costa graban en directo Aló Irmao en el Teatro Principal de Compostela". galicia digital (en castelán). 12-6-2009. Consultado o 27-12-2016. 
  10. Dopico, Montse (27-3-2011). "A cultura e o idioma son o maior activo que temos. Creo que descoidalos é un erro". El Mundo. Consultado o 30-12-2016. 
  11.   "Músicas posibles - Aló Irmao!". Radio Televisión Española (en castelán). 30-10-2010. Consultado o 30-12-2016. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar