Rosa Cedrón
Rosa Cedrón, nada en Monforte de Lemos o 25 de outubro de 1972, é unha cantante galega e intérprete de violoncello, coñecida por ser a voz durante nove anos no grupo Luar na lubre, así como en colaborar en discos de músicos como Mike Oldfield.
Rosa Cedrón | |
---|---|
![]() no bicentenario do cemiterio de S. Amaro, 2012. | |
Data nacemento | 25 de outubro de 1972 |
Nado en | Monforte de Lemos |
Ocupación | cantante |
Xénero | Música celta Folk galego |
Instrumento(s) | Voz e violoncello |
Relacionado con | Luar na Lubre, Mike Oldfield |
Na rede | |
www.rosacedron.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Rosa Cedrón, que naceu en Monforte de Lemos, axiña se mudaría á cidade da Coruña. A súa vocación xa desde nena foi o violoncello, e pertenceu á Orquestra de Cámara Municipal da Coruña, e máis tarde foi profesora de música en Ferrol.
Luar na Lubre Editar
Comezou a colaborar con Luar na Lubre, inicialmente como cellista, mais acabou sendo tamén vocalista e con gran fortuna, feito que observaría o coñecido músico Mike Oldfield convidándoa a participar na gravación de Tubular Bells III, así como o feito de incrementar o éxito do grupo de música folk.
Con Luar na Lubre, Rosa desenvolveu un amplo labor durante 9 anos: actuou nos mellores escenarios, gravou varios discos e recolleu premios de recoñecemento á súa música. Mentres tanto, simultaneou a súa intensa carreira con outros proxectos: as gravacións co grupo de música flamenca Barbería del Sur, a participación nas BSO de Blanca Madison ou Ilegal puxeron a proba a súa polivalencia.
En solitario Editar
No ano 2005 deixa o grupo Luar na Lubre e a partir dese momento dedícase á súa carreira en solitario, publicando en 2007 o seu primeiro disco en solitario, Entre dous mares.
En 2010 sacou un disco xunto a Cristina Pato, Soas muller, encargándose ela da voz e Cristina do piano. En 2013 gravou o disco Cantando a Galicia con Paco Lodeiro e Sito Sedes, proxecto que ademais inclúe unha xira de concertos. En 2016 publicou Nada que perder, o seu segundo álbum en solitario.
No ano 2020 ten previsto lanzar o seu novo disco Nómade. O traballo conta coa produción de Sergio Moure, e a participación dos músicos Xavier Cedrón e o pianista Miguel Artus. Foi grabado no estudio Casa de Tolos.[1]
Discografía Editar
Con Luar na Lubre Editar
- Plenilunio (1997)
- Cabo do mundo (1999)
- XV Aniversario (2001)
- Espiral (2002)
- Hai un paraíso (2004)
En solitario Editar
- Entre dous mares (2007)
- Nada que perder (2016)
- Nómade (2020)
En colaboración Editar
- Soas muller (con Cristina Pato, 2010)
- Barlovento (con SonDeSeu, 2010)
- Mira hacia el cielo (no álbum Juguetes Rotos de Enrique Ramil, 2011)
- Cantando a Galicia (con Paco Lodeiro e Sito Sedes, 2013)
- Beiralúa (con SonDeSeu, 2018)
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina oficialArquivado 28 de outubro de 2012 en Wayback Machine.