Lo mejor de Luar na Lubre. XV Aniversario é un álbum recompilatorio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse o 4 de febreiro de 2001, baixo o selo Warner Music.

XV Aniversario
Recompliación de Luar na Lubre
Lanzamento4 de febreiro de 2001
Xénero(s)Folk
Selo(s)Warner
Cronoloxía
Cabo do mundo
(1999)
XV Aniversario Espiral
(2002)

A edición está composta dun CD onde se inclúen éxitos do grupo e dúas actuacións en directo: "O berce do sol" e "Muñeira do Miño", gravadas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no ano 2000. Ademais, conta coa colaboración de Pablo Milanés en "Tu gitana", Ismael Serrano en "Chove en Santiago" e Hevia en "Grial". O disco inclúe 3 temas inéditos: "Camariñas", "Grial" e "Terra".

Cronoloxicamente, publicáronse no álbum O son do ar (1988) os seguintes temas: "O son do ar", (tamén no álbum Plenilunio, de 1997), "A frol d'augoa" e "O berce do sol". Corresponde ao álbum Beira Atlántica (1990) o tema "Muiñeira do Miño" (gravado en directo). Do álbum Plenilunio (1997) son os temas "Tu gitana" (coa colaboración de Pablo Milanés) e "Galaecia". Por último, pertencen ao álbum Cabo do mundo (1999) os temas: "Nau", "Chove en Santiago" (con Ismael Serrano), "O trebón" e "Heicho de dar".

Lista de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Camariñas"  Tradicional 4:34
2. "Grial (Con José Ángel Hevia e María José Hevia)"  Bieito Romero 3:22
3. "Tu gitana (Con Pablo Milanés)"  Zeca Afonso 4:28
4. "Nau"  Bieito Romero 3:13
5. "Terra"  Tradicional · Bieito Romero · Raquel González Gamallo 4:11
6. "Chove en Santiago (Con Ismael Serrano)"  Federico G. Lorca · Alberto Gambino 4:35
7. "Galaecia"  Bieito Romero 4:49
8. "O son do ar"  Bieito Romero 7:08
9. "A frol d'augoa"  Tradicional · L.N.L. 5:37
10. "Pola ponte de San Xoán"  Tradicional · L.N.L. 3:49
11. "O trebón"  Xan Cerqueiro 3:47
12. "Heicho de dar"  Tradicional · Bieito Romero 4:50
13. "Muiñeira do Miño (En directo)"  Tradicional · Bieito Romero · Ramiro Couce 4:42
14. "O berce do sol (En directo)"  Bieito Romero 3:10

Colaboracións editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar