O son do ar
O son do ar é o primeiro álbum de estudio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse en 1988, baixo o selo Edigal. Foi reeditado en CD en 1997, polo selo Punteiro e en 2000, por Warner Music.
O son do ar | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Luar na Lubre | ||||
Publicado | 1988 | |||
Estudio(s) | Aula Taller (A Coruña) | |||
Xénero(s) | Folk | |||
Selo(s) | Edigal Punteiro Warner | |||
Producido por | Luar na Lubre | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O disco foi gravado nos estudios Aula Taller, da Coruña e está adicado a Rafael Mejuto García, anterior membro da banda finado en 1987. Contén o coñecido tema "O son do ar", que posteriormente gravou Mike Oldfield baixo o título de "The Song of the Sun".
Lista de cancións
editarN.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Muiñeira de Niñodaguía – Chascarraschas" | Bieito R. – Gzlez. Enríquez | 4:17 |
2. | "Danza de paus – Danza do S. Lucas" | Tradicional | 3:43 |
3. | "Gaivota" | Bieito R. – Tradicional | 4:27 |
4. | "Luar na lubre" | Bieito R. | 4:02 |
5. | "O son do ar" | Bieito R. | 5:20 |
6. | "O berce do sol" | Bieito R. | 3:10 |
7. | "A frol da iauga" | Tradicional | 5:37 |
8. | "Morrison's Jig" | Tradicional | 3:03 |
9. | "O mouro" | Bieito R. – L.M. Gutiérrez | 3:29 |
Formación
editar- Patxi Bermúdez: Tamboril, pandeiro e bodhran
- Daniel Cerqueiro: Guitarra acústica
- Xan Cerqueiro: Frautas traveseiras, irlandesas, soprano, gaita e punteiro
- Ana Espinosa: Voz e teclados
- Roberto Ouro: Baixo eléctrico e mandolina
- Bieito Romero: Gaitas galegas, tin whistle, punteiro, acordeón diatónico
- Xulio Varela: Pandeirete, bodhran, gaita, castañuelas, voz e punteiro