Abrir o menú principal

Faltriqueira é un cuarteto vocal feminino de Pontedeume, constituído a principios dos anos 90.

Faltriqueira
OrixePontedeume, Galicia
Período1990 – presente
Xénero(s)Folk
MembrosMaría López
Ana Leira
Carolina Rodríguez
Teresa García
Olalla López
Páxina webhttp://www.faltriqueira.com
Instrumento indispensábel de Faltriqueira.

Índice

DiscografíaEditar

O seu primeiro traballo discográfico, Faltriqueira, editouse en 2002. Este disco é para estas cantareiras-pandeireteiras o resultado dunha intensa traxectoria que comezou na Asociación folklórica e cultural Orballo, onde as rapazas se iniciaron no mundo da tradición, e onde acadaron as pautas precisas para facerse cunha sólida disciplina de grupo. O grupo Faltriqueira, que colaborou con Luar na Lubre entre outros, componse de voces femininas modernas e, á vez, con respecto á música tradicional galega (e trazando pontes coa música tradicional portuguesa). No mesmo, colaboraron varios instrumentistas vascos. Así mesmo, este grupo de cantareiras colaboraron con outros grupos peninsulares como Oskorri, Kepa Junkera ou mesmo Víctor Manuel.

Efffecto Faltriqueira é o seu 2º disco, editado en maio de 2006. Este segundo traballo das eumesas, que as afianza como un proxecto vocal autónomo, prsenta unha variada selección de temas, cuns arranxos polifónicos máis arriscados. Teñen temas en galego principalmente (incluíndo unha versión de "Corpiño xeitoso" de Andrés do Barro), mais tamén aparecen representadas outras linguas como o castelán ou o senegalés.

O principio básico do grupo é a música tradicional, pero nas case dúas décadas de existencia, foron moi diversos os proxectos nos que participaron. As catro cantareiras teñen presentes os autores que -ao seu entender- xogaron un papel importante ao longo da historia musical.

ColaboraciónsEditar

Faltriqueira colabora en varias gravacións con outros artistas, participando activamente nos seus directos. Debemos destacar, ademais, que o grupo aposta polas aparicións a capela.

Compuxeron e crearon a sintonía do programa Doa a doa, retransmitido pola TVG.

O xogo da tradiciónEditar

Xorde como idea para achegarlles a música aos máis novos. É un proxecto pensado para interaccionar cos nenos, amosándolles dun xeito próximo a infinidade de posibilidades que teñen os instrumentos máis antigos e as melodías que se foron transmitindo de xeración en xeración.

O principal obxectivo é convidar os rapaces a sentirse parte viva do universo que hoxe se coñece co nome de músicas do mundo, no que podemos incluír a música de Faltriqueira.

Véxase taménEditar