Barlovento (álbum de SonDeSeu)

Barlovento é o terceiro álbum de estudio da orquestra folk galega SonDeSeu. Componse de once temas e foi publicado no ano 2010.[1] A maioría das cancións son tradicionais e foron arranxadas por Rodrigo Romaní para a orquestra, agás "Tradiculata" e "Nadal de Caroi e Reis de Rinlo" (arranxadas por Anxo Pintos) e "O galo de Leirado" (arranxada por Xaquín Xesteira).

Barlovento
Álbum de SonDeSeu
PublicadoMarzo de 2010
Estudio(s)Auditorio municipal de Cangas
Conservatorio de música de Vigo
Xénero(s)Música galega e folk
Selo(s)Fol Música
Cronoloxía
Trastempo (2007) Barlovento Danzas Brancas
(2013)

Tamén contou coa participación da artista convidada Rosa Cedrón, que puxo voz ao seu tema "Romance de Mirabella".

Listaxe de cancións

editar
Barlovento
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Melchor de Cumieira"  Tradicional 6:31
2. "Alalá de Padrón"  Tradicional 7:03
3. "Mecer no camiño"  Tradicional 3:23
4. "Aires de Moscarnoia"  Tradicional 8:03
5. "Romance de Mirabella"  Rosa Cedrón e Alba Felpete 4:24
6. "O galo de Leirado"  Xaquín Xesteira e Nazario González "Moxenas" 5:37
7. "Canto de arrieiro da Lamosa"  Tradicional 2:13
8. "Tradiculata"  Tradicional 4:34
9. "Nadal de Caroi e Reis de Rinlo"  Tradicional 5:18
10. "Espadelada de Penosiños"  Tradicional 3:39
11. "Barlovento"  Tradicional 4:38
  1. "SonDeSeu - Discografía". Consultado o 8 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar