Enrique Ramil

cantante, compositor, músico e profesor galego


Enrique Ramil Bastida, nado en Ares o 18 de xuño de 1984, é un cantante, músico, compositor e profesor galego que participou en programas como Operación Triunfo 8, Factor X[1]​ e Tierra de Talento (2020), sendo gañador deste último.[2]

Infotaula de personaEnrique Ramil
Biografía
Nacemento(es) Enrique Ramil Bastida Editar o valor em Wikidata
18 de xuño de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Ares, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , voice coach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá, lingua galega, lingua inglesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesManuel Ramil (tío) Editar o valor em Wikidata

Páxina webenriqueramil.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: EnriqueRamilmusic Twitter: EnriqueRamil Instagram: enriqueramil Discogs: 6020606 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Aos tres anos comezou a cantar no coro parroquial da súa vila natal[3], para adestrar despois en canto e teatro musical. A súa carreira profesional comezou no 2005 pasou por etapas de diversa índole, dende a rúa ata a televisión. Entre 2006 e 2007 participa como Coco Mandala, rol protagonista no musical PaquitaDora[4]

En 2009 Enrique participou no concurso de televisión La batalla de los coros de Cuatro, formando parte do coro coordinado pola cantante Marta Sánchez[5] Durante ese ano presentou o tema "Es mi voluntad" para a preselección de Festival de Eurovisión 2010[6] quedando o número 28 de máis de trescentos temas candidatos.[7]. En 2010 pasou polo concurso Tu sí que vales[8] de Telecinco.

Enrique participou no casting para OT 2011, a oitava edición do programa de televisión musical Operación Triunfo en España. Foi seleccionado como un dos 16 concursantes que ingresaron na Academia[9]. Grazas a este programa e á xira posterior obtivo unha gran visibilidade a nivel estatal.

En 2012 fundou o coro Mandala Gospel en Ares, que dirixiu ata 2015[10]. Comeza tamén a súa carreira como adestrador vocal[11].

Entre 2015 e 2017 viviu en Londres, onde cantou na rúa[12] e participou en The X Factor (Reino Unido), aínda que decidiu retirarse durante o Six chairs challenge (desafío das seis cadeiras).

Despois de regresar a España, en 2017 traballou como corista en La voz e La Voz Kids como parte da formación Black Light Gospel Choir[13] durante a súa edición en Telecinco, ata que decidiu presentarse en Factor X (España), sendo seleccionado e acadando o semifinais en programas de televisión.

Despois da súa participación no programa de televisión, comeza unha xira titulada Ramil y una noches na que abarca cancións clásicas que despois recollería nun novo álbum co mesmo nome[8] e que lanzou ao mesmo tempo que unha campaña de crowdfunding[14] para o seu videoclip "Volcanes".

Durante o ano 2019 estivo publicando unha serie de sinxelos nos que abarca temas doutros artistas como Perdóname escrita por Beatriz Luengo e popularizada por Ricky Martin, ou 18 años popularizada por Luz Casal.

En 2020 Enrique Ramil apareceu na segunda edición do programa de televisión Tierra de Talento, en Canal Sur, acadando admiración en todas as galas do xurado formado por India Martínez, José Mercé, Carlos Álvarez e Jesús Reina[15]. Ao longo do programa interpretou as versións[16] de cancións da India Martínez, Vanesa Martín, Rocío Jurado ou unha mestura da banda sonora do musical Aladdín, para o que foi un xenio durante unha das súas actuacións no programa[17]. O 25 de xullo proclamouse gañador da edición, despois de interpretar a súa versión da canción de Alejandro Sanz Mi soledad y yo[18]

Durante a súa estancia nos Estados Unidos, compuxo e gravou cancións para o que será o seu novo proxecto discográfico. En novembro, o artista ofrece dous concertos, un en Nova York e outro en Miami.

Discografía

editar

Álbums

editar
  • Versión original (2008; CD)
  • Juguetes Rotos (2011; CD; Tercera Planta)
  • Thank You (2015; CD)
  • Ramil y una noches (2019; CD; AGP Music)
  • Believe in Love (2012)
  • Volcanes (2019)
  • Paradise (2019)

Sinxelo

editar
Ano Canción Álbum Discográfica
2011 «Juguetes Rotos»
Juguetes Rotos
Tercera Planta
«Si me caigo...»
2018 «The Sound of Silence»
Factor X Directos
Sony Music
«Hombres»
«Toy»
«Muera el amor»
2019 «Volcanes»
Volcanes
AGP Music
«La gata bajo la lluvia»
Ramil y una noches
«Perdóname»
«90 minutos»
«18 años»
2020 «90 Minutos + Durmiendo Sola»
Single
AGP Music
«Señora + Se nos rompió el amor»
Single
«Soy lo prohibido»
Single
«A tu vera»
Single
2021 «Lela»
Single
AGP Music
«El perdón»
Single
«Mentira»
Single
Castillera Music

Colaboracións

editar
Ano Sinxelo Álbum
2011 «Juguetes Rotos» (con Ainhoa Cantalapiedra)
Juguetes Rotos
«Fios de vida» (con María do Ceo)
«Mira hacia el cielo» (con Rosa Cedrón)
2012 «Believe in Love» (Pride Barcelona 2012 Anthem)
Pride Barcelona 2012 Anthem
2017 «Ghetto Track» (colaboración con Vanilla Ace)
Single de Vanilla Ace - Club Sweat
2019 «Don't You Worry Child» (colaboración con Freshtuff)
Single de Freshcords
2020 «No somos inmortales» (colaboración con varios artistas) [19]
Himno del Festival emergentes
«Leo» (colaboración con Alejandro de Pinedo)
Zodiac de Alejandro de Pinedo - AGP Music
«Forgiveness» (colaboración con J Sanz)
Two Singles by J Sanz – Caresse Records
«Time To Fly» (colaboración con Carlos Garo)
Single de Carlos Garo – Rocket Music
2021 «Lela» (colaboración con María Villalón)
Sencillo
«El Perdón» (colaboración con Diana Navarro)
Sencillo

Videoclips

editar
Ano Canción Dirección
2009 Es mi voluntad (preselección Festival de Eurovisión 2010)
2011 Juguetes Rotos Victor Moreno
2012 Si me caigo... Cristina Fraga
2019 Volcanes Fran Granada
Perdóname David León
18 años David León
90 minutos David León
2020 You Make Me Feel So Young (Enrique Ramil & The Jazzifiers) David León
90 minutos + Durmiendo sola David León
Señora + Se nos rompió el amor David León
Soy lo prohibido David León
A tu vera David León
2021 El Perdón (dúo con Diana Navarro) David León
Mentira Alexander Escorcia

Musicais

editar
  • PaquitaDora - como Coco Mandala, papel co-protagonista - España, 2006 e 2007 [20]

Televisión

editar
Ano Título Plataforma Papel Notas
2009 La batalla de los coros Cuatro Membro do coro de Marta Sánchez Concursante
2010 Tú sí que vales Telecinco El mesmo Concursante
2011 Operación Triunfo Telecinco El mesmo Concursante na Academia
Land Rober TVG El mesmo Invitado
2015 O país mais grande do mundo TVG El mesmo Invitado
2018 Factor X (España) Cuatro El mesmo Concursante e finalista da edición
2019 Estando Contigo CMM El mesmo Invitado[21]
El legado de... Canal Sur El mesmo Invitado[22]
2020 Tierra de talento[23] Canal Sur El mesmo Concursante e gañador da edición

Premios e nomeamentos

editar
Ano Categoría Premio Resultado
2020 Adultos Tierra de talento Canal Sur Gañador
  1. "El cantante Enrique Ramil saborea en Tierra de Talento una victoria “que ya tocaba”". Diario de Ferrol. 29 de xullo de 2020. 
  2. "Me rindo", "te quiero", confesiones del jurado al ganador, Enrique Ramil. Canal Sur
  3. "Ramil (‘Operación Triunfo’): «Lo negativo para la carrera de un cantante es no ser honesto con uno mismo» Ambienteg.com". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  4. Cogam.es
  5. "Tres voces de la comarca para el coro de Marta Sánchez". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 2009. 
  6. "La estrella de 'OT' es Enrique Ramil, un 'drag queen' gallego". El Correo Gallego. 31 de xaneiro de 2011. 
  7. "esc-history.com". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Enrique Ramil: “Hay mucha gente que cree en lo que hago”". Diario de Ferrol. 26 de decembro de 2018. 
  9. "«Me siento más valorado por la gente en las calles de Londres»". La Voz de Galicia. 21 de agosto de 2015. 
  10. "maspalomaspride.es". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  11. "radiounioncatalunya.com". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  12. as.com Factor X: Enrique Ramil ya fue concursante de OT y en Tú sí que vales. as.com
  13. "«Me han dado mucha caña por no esconder mi sexualidad»". ABC. 13 de maio de 2018. 
  14. "Ramil: "La tele está bien pero hay que saber en qué programa participar. No volvería a Operación Triunfo"". La Opinión de Málaga (en castelán). 6 de febreiro de 2019. 
  15. Enrique Ramil gana la segunda edición de Tierra de Talento. Formula TV
  16. Ramil no defraudó y ganó el concurso «Tierra de Talento»
  17. Enrique Ramil, el genio de Aladdin, directo a la final en una alfombra mágica
  18. canal "Me rindo", "te quiero", confesiones del jurado al ganador, Enrique Ramil. Canal Sur
  19. No somos inmortales, de Raquel Brandía se hace himno de los artistas emergentes. revistayoung.es
  20. www.cogam.es
  21. Castilla La Mancha Media[Ligazón morta]
  22. europapress.es
  23. lavozdegalicia.es