Rocío Jurado
María del Rocío Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1943[1][2][3][4][5][6] e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado 18 de setembro de 1943 Chipiona, España |
Morte | 1 de xuño de 2006 (62 anos) Alcobendas, España |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Lugar de sepultura | San José municipal cemetery (en) |
Datos persoais | |
Outros nomes | La más grande La niña de los premios La insuperable La chipionera La Jurado |
Residencia | Alcobendas |
País de nacionalidade | España |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) |
Relixión | Catolicismo |
Altura | 167 cm |
Cor dos ollos | Coffee (en) |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Campo de traballo | Música e Actuación |
Ocupación | cantante , actriz de cinema , artista discográfico |
Período de actividade | 1958 - 2006 |
Xénero artístico | Copla andaluza, Flamenco e Latin ballad (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music Spain (en) |
Familia | |
Cónxuxe | José Ortega Cano (1995–2006), morte Pedro Carrasco (1976–1989, 1994), divorcio, declaración de nulidade |
Fillos | Rocío Carrasco, biological child (en) () Pedro Carrasco Gloria Camila Ortega, fillo adoptivo José Fernando, fillo adoptivo |
Pais | Fernando e Rosario |
Irmáns | Gloria e Amador |
Premios
| |
|
Traxectoria
editarRocío Jurado naceu no número 11 da Rúa Calvo Sotelo, nunha familia humilde. O seu pai, Fernando Mohedano, era zapateiro e a súa nai, Rosario Jurado, era unha ama de casa e intérprete afeccionada da música española. A súa primeira aparición pública foi con oito anos de idade, nunha obra teatral no seu Colexio da Divina Pastora. Dende moi nova aprendeu a traballar duro. Con once anos morreu o seu pai e tivo que botar unha man para a economía da familia. Traballou como zapateira, na recolección de froitos e aínda tivo tempo para presentarse aos concursos de Radio Sevilla. O seu primeiro premio consistiu en 200 pesetas, unha botella de gasosa e un par de medias.
Con dezaseis anos da man da súa nai, viaxou a Madrid para facerse artista, con todo, a súa carreira imparable non comezou ata o seu primeiro encontro coa cantaora Pastora Imperio, quen a contratou no tablao que dirixía, El Duende.
Rocío Jurado, amenceu cun repertorio musical, dun xénero que comezaba a perder forza, a copla, que revitalizou coas súas performances enérxicas, tanto en voz e presenza de escenario. A xente xa nos anos sesenta e setenta coñecía a Rocío en parte por algunhas das aparicións na televisión e cine, pero deu o salto ao status de estrela internacional por se curvar a un repertorio melódico de baladas románticas, con instrumentación orquestral e unha imaxe persoal (pelo, maquillaxe e roupas). De finais dos anos setenta, oitenta e noventa son os seus éxitos "Como una ola", "Señora", "Como yo te amo" ou "Como las alas al viento", moitos deles compostos por Manuel Alejandro. En 1982, aplicou o seu talento cantando flamenco nun LP dobre.
O cancro que se manifestou nos seus últimos anos obrigouna a retirarse do escenario, con todo, a finais de 2005 apareceu nun programa especial para TVE.
A súa voz foi recoñecida internacionalmente. Proba diso é o premio de Mellor Voz Feminina do século XX, concedido en 2000 en Nova York. Ademais, cantou na Casa Branca para o entón presidente dos Estados Unidos, Ronald Reagan, conta con 150 discos de ouro e 63 de platino.
Casou dúas veces: a primeira co boxeador Pedro Carrasco (co que tivo a súa única filla biolóxica, Rocío Carrasco), e máis tarde co toureiro José Ortega Cano.
Discografía
editar
|
|
|
Filmografía
editarNacional
editar
|
|
Internacional
editar- La zapatera prodigiosa (Arxentina)
- De España al cielo (Arxentina)
- Lola Montes (Arxentina)
- Aquellos tiempos (Arxentina), candidata para o premio Martín Fierro
Premios
editarEn España
editar- Rocío ten 150 discos de Ouro e 63 de Platino.
- Premio Nacional ao cante Flamenco de Xerez da Fronteira.
- Trofeo Al Andalus.
- Protagonista de ano xunto a Montserrat Caballé, no Programa de Luis Del Olmo (1982).
- Radio Nacional de España nombrouna "A Andaluza más popular do ano", así como "A mellor intérprete". Este último reconocemento foi debido ao éxito da súa canción "Tengo miedo", que durante varios meses ocupou os primeiros postos das listas de éxitos da canción española.
- Lady España 1967.[7]
- Filla Predilecta de Chipiona en 1968.
- Parra de Ouro do histórico Festival do Moscatel (1968).
- En 1984, foille concedida a medalla de Ouro ao Mérito Turístico.
- Andaluza Universal (1984).
- Medalla de Ouro da Xunta de Andalucía (1986).
- En 1986, recibe unha Placa Empresa De Castilla, por bater récord de portelo tanto en asistencia de público, como en recadación, no Teatro Monumental de Madrid, coa serie de recitais 'Rocío Brava'.
- Premio ABC de Ouro (1987).
- En 1991 recibe o premio limón e anos máis tarde en 1994 recibe o laranxa , pola boa relación coa prensa, sendo ata a data a única persoa que ten os dous.
- En 1992 no teatro da Maestranza de Sevilla, recibe o Premio Humanidad, concedido por ASPACE (Confederación Española de Federaciones y Asociaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral y Afines).
- En 1995, recibe a Medalla de Ouro das Belas Artes de man de Xoán Carlos I, Rei de España.
- Embaixadora de Cádiz (1996).
- En 1999, recibe o premio Pimiento de Oro Cidade de Murcia.
- En 1999, é nombrada Hija Predilecta de la Provincia de Cádiz.
- Hija predilecta de Chiclana (2001).
- Dende xulio de 2002, membro honorífico do Foro Iberoamericano das Belas Artes.
- Premio Shangay pola traxectoria profesional (2004).
- Estrela de ouro da prensa (2004).
- Premio yerbabuena de prata (2005).
- Filla Adoptiva da Cidade de Cádiz (2006).
- Medalla de Ouro ao Mérito do Traballo (2006).
- Filla Adoptiva da provincia de Sevilla (2007).
- Premio Estrela Music Award á traxectoria de Rocío Jurado - Tenerife - (2010).
En América
editar- Rocío Jurado é nomeada a Mellor Voz Feminina do Século XX - "Premio La Voz del Milenio" concedido no ano 2000 na cidade de Nova York.
- En 1973 en México a crítica especializada nomeouna cantante extranjera de mayor impacto en México.
- Rocío Jurado foi unha das artistas estranxeiras máis premiadas pola ACE, Asociación de Cronistas no Estranxeiro:
- Mellor show internacional (1988).
- Mellor intérprete internacional (1982).
- Mellor intérprete feminina (1984).
- Mellor álbum do ano. Premiada en dúas ocasións, polos álbums:
- Señora.
- Paloma Brava.
- Canción do ano, en distintas ocasións polos temas:
- Señora.
- Como una ola.
- ¿Por qué me habrás besado?
- Se nos rompió el amor.
- Premio Extraordinario por Distinción e Mérito no ano 1989.
- Recoñecemento á carreira artística (1989).
- No ano 1986, é nomeada raíña do carnaval de Miami.
- En 1985 cantou na Casa Branca para o Presidente dos Estados Unidos, Ronald Reagan, posteriormente faría o mesmo con George W. Bush.
- En 1987 recibe o Quijote de Oro á artista que máis vínculos estreita entre o Vello e o Novo Continente.
- En 1988, por vez primeira unha artista de fala hispana é premiada co trofeo "AMÉRICA"
- Artista internacional do ano en Porto Rico (3 veces).
- Artista internacional da República Dominicana (2 veces).
- No ano 1990 outórgaselle unha Estrela na rúa 8 de Miami.
- Filla predilecta de Miami (1991).
- Declárase o día de Rocío Jurado na cidade que recae sobre o día 19 de outubro.
- En 1992 recibe o Premio “Aplauso 92” en Miami.
- Guaicapuro de Oro de Venezuela (1985).
- Premio Super Q á artista da Década (1990).
- Cantante Hispana da década en Miami (1991).
- Premio La gran manzana Nova York (2001).
- Traxectoria profesional en Nova York (2003).
- En 2003, recibe en Miami na entrega dos premios OPI 2003, un galardón en recoñecemento á labor artística.
Notas
editar- ↑ "Chipiona homenajea a Rocío Jurado en su 80 cumpleaños". www.canalsur.es (en castelán). Consultado o 2024-06-11.
- ↑ "Quinto aniversario de la muerte de Rocío Jurado". Rememori | Esquelas online (en castelán). 2011-06-01. Consultado o 2024-06-11.
- ↑ "Chipiona homenajea a Rocío Jurado por su 80 cumpleaños con la ausencia de su hija, Rocío Carrasco | Parte 1". europapress.tv (en castelán). 2023-09-18. Consultado o 2024-06-11.
- ↑ Press, Europa (2023-09-15). "La periodista Marina Bernal intervendrá este sábado en 80 aniversario del nacimiento de la artista Rocío Jurado". www.europapress.es. Consultado o 2024-06-11.
- ↑ "El homenaje de Chipiona a Rocío Jurado". Diario ABC (en castelán). 2016-09-18. Consultado o 2024-06-11.
- ↑ Molina, Margot (2006-06-04). "Carrera de homenajes a Rocío Jurado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-06-11.
- ↑ "Telecinco". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rocío Jurado |
Ligazóns externas
editar- Web Oficial do Club de Fans de Rocío Jurado (en castelán).
- Especial: Adiós a Rocío Jurado, en 20minutos (en castelán).
- Especial: Rocío, La más grande, en elmundo.es (en castelán).