Festival de Eurovisión 2010

O LV Festival de Eurovisión celebrouse entre o 25 e o 29 de maio[1]. Estas datas foron escollidas para non coincidir coa final da UEFA Champions League, que tivo lugar o sábado 22 de maio. O festival celebrouse en Oslo, capital de Noruega, logo de que outras cidades por exemplo Bergen (sede en 1986), Lillehammer, sede do Festival de Eurovisión Infantil 2004, Hamar, Trondheim, Stavanger e Tromsø, quixesen adxudicarse a opción de ser sedes. O lugar onde se realizou foi o Fornebu Area situado a 15 minutos de Oslo. O festival realizárono os noruegueses tras gañaren o Festival da Canción de Eurovisión 2009 con Alexander Rybak e a súa canción Fairytale con 387 puntos. As televisións de Austria, Mónaco, Italia e Luxemburgo confirmaron que non ían participar no certame. Con todo, agardouse o debut de Liechtenstein para a edición de 2010. Na rolda de prensa o 13 de maio de 2009, a UER confirmou que países como Kazajstán, Palestina ou Qatar non participarían no futuro no festival por non formaren parte da Zona Europea de Radiodifusión. Con todo, esta información é debatida debido a que a televisión palestina PRTV foi admitida na UER.

Festival de Eurovisión 2010
"Share the Moment"
Datas
Semi-final 1 27 de maio
Semi-final 2 29 de maio
Final 25 de maio
Anfitrión
Lugar Telenor Arena, Oslo, Noruega
Presentador(es) Erik Solbakken
Haddy N'jie
Nadia Hasnaoui
Supervisor executivo Svante Stockselius
Televisión anfitrioa Norsk rikskringkasting (NRK)
Apertura Final: Alexander Rybak cantando "Fairytale"
Participantes
Participantes 39
Países que retornan Xeorxia Xeorxia
Países que se retiran Andorra Andorra
República Checa República Checa
Hungría Hungría
Montenegro Montenegro
Votacións
Canción gañadora Alemaña
"Satellite"
Festival de Eurovisión
◄2009 2011►

Organización editar

Sorteo Semifinais editar

O 7 de febreiro do 2010, realizouse o sorteo para decidir que países participarían na primeira ou na segunda das semifinais do festival. A orde de votación para a final sorteouse o 22 de marzo de 2010. Baseándose no mesmo sistema empregado no Festival de Eurovisión 2008, todos os países foron separados en cinco bombos en función do seu historial de voto nas anteriores edicións e da súa situación xeográfica. O sorteo realizouse para garantir que os países participantes dispostos a dar as puntuacións máis altas uns ós outros na competencia, non participaran na semifinal do mesmo. Destes cinco bombos sairá a lista de países que participen na primeira ou na segunda semifinal, dividíndoos en dous grupos organizados do xeito máis xusto posible. No sexto bombo só participaran Alemaña, España, Francia, Reino Unido e Noruega co fin de designar que país votará e retransmitirá polo menos unha das semifinais.

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 Bombo 5 Bombo 6

Ó rematar o sorteo do 7 de febreiro de 2010, as semifinais quedaron establecidas do seguinte xeito:

1.ª Semifinal
25 de maio de 2010
2.ª Semifinal
27 de maio de 2010
  Serbia
  Finlandia
  Rusia
  Eslovaquia
  Bosnia e Hercegovina
  Moldavia
  Letonia
  Estonia
  Grecia
  Islandia
  Malta
  Portugal
  Macedonia do Norte
  Belarús
  Bélxica
  Polonia
  Albania
  Suíza
  Lituania
  Suecia
  Ucraína
  Dinamarca
  Acerbaixán
  Israel
  Armenia
  Xeorxia
  Turquía
  Irlanda
  Eslovenia
  Países Baixos
  Bulgaria
  Croacia
  Chipre
  Romanía
Só Votación:

  Alemaña
  España
  Francia
Só Votación:

  Noruega
  Reino Unido

Preparativos estruturais editar

A pesar de que a primeira das semifinais é o 25 de maio de 2010, os traballos no Telenor Arena para a montaxe do escenario comezarán o día 20 de abril de 2010. Toda a estrutura estará rematada o 10 de maio de 2010, data na que comezan os traballos de son e creación dos gráficos para as actuacións dos diferentes países participantes. O día 30 de maio de 2010, xa rematado o certame comezará o desmantelamento de toda a estrutura.

Festival editar

Semifinais editar

A primeira semifinal será o 25 de maio de 2010 e a segunda semifinal será o 27 de maio de 2010 onde 17 candidaturas en cada gala tentarán chegar á final, onde xa se atopan, como é habitual, o anfitrión e o Big 4. En febreiro, por sorteo, definirase a que semifinal corresponde cada país. O 22 de marzo sortearase a posición de cada participante na semifinal correspondente.

Primeira semifinal editar

Nesta semifinal votaron ademais dos participantes: España, Francia e Alemaña.

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
01   Moldavia Sunstroke Project & Olia Tira Run Away 10 52
02   Rusia Peter Nalitch Lost and forgotten 7 74
03   Estonia Malcolm Lincoln Siren 14 39
04   Eslovaquia Kristína Horehronie 16 24
05   Finlandia Kuunkuiskaajat Työlki ellää 11 49
06   Letonia Aisha What for? (only Mr God knows why) 17 11
07   Serbia Milan Stanković Ovo je Balkan 5 79
08   Bosnia e Hercegovina Vukasin Brajic Thunder and lightning 8 59
09   Polonia Marcin Mroziński Legenda 13 44
10   Bélxica Tom Dice Me and my guitar 1 167
11   Malta Thea Garret My dream 12 45
12   Albania Juliana Pasha It's all about you 6 76
13   Grecia Giorgos Alkaios OPA! 2 133
14   Portugal Filipa Azevedo Há dias assim 4 89
15   Macedonia do Norte Gjoko Taneski Jas ja imam silata 15 37
16   Bélxica 3+2 e Robert Wells Butterflies 9 59
17   Islandia Hera Björk Je ne sais quoi 3 123

Segunda semifinal editar

Nesta semifinal votaron ademais dos participantes: Noruega e o Reino Unido.

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
01   Lituania InCulto East European Funk 12 44
02   Armenia Eva Rivas Apricot stone 6 83
03   Israel Harel Skaat Milim 8 71
04   Dinamarca Chanée & N'evergreen In a moment like this 5 101
05   Suíza Michael von der Heide Il pleut de l'or 17 2
06   Suecia Anna Bergendahl This is my life 11 62
07   Acerbaixán Safura Alizade Drip drop 2 113
08   Ucraína Alyosha Sweet people 7 77
09   Países Baixos Sieneke Ik ben verliefd (Sha-la-lie) 14 29
10   Romanía Paula Seling & Ovi Playing with fire 4 104
11   Eslovenia Roka Žlindre & Kalamari Narodno Zabavni Rock 16 6
12   Irlanda Niamh Kavanagh It's for you 9 67
13   Bulgaria Miro Angel si ti 15 19
14   Chipre Jon Lilygreen & The Islanders Life looks better in spring 10 67
15   Croacia Feminnem Lako je sve 13 33
16   Xeorxia Sopho Nizharadze Shine 3 106
17   Turquía maNga We could be the same 1 118

Final editar

A final do evento celebrouse o día 29 de maio de 2010. Os dez países clasificados de cada semifinal participaron xunto aos cinco clasificados directamente (Big Four e o Anfitrion)

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts
01   Acerbaixán Safura Alizade Drip drop 5 145
02   España Daniel Diges Algo pequeñito 15 68
03   Noruega Didrik Solli-Tangen My heart is yours 20 35
04   Moldavia Sunstroke Project & Olia Tira Run away 22 27
05   Chipre Jon Lilygreen & The Islanders Life looks better in spring 21 27
06   Bosnia e Hercegovina Vukasin Brajic Thunder and lightning 17 51
07   Bélxica Tom Dice Me and my guitar 6 143
08   Serbia Milan Stanković Ovo je Balkan 13 72
09   Belarús 3+2 e Robert Wells Butterflies 24 18
10   Irlanda Niamh Kavanagh It's for you 23 25
11   Grecia Giorgos Alkaios OPA! 8 140
12   Reino Unido Josh Dubovie That sounds good to me 25 10
13   Xeorxia Sopho Nizharadze Shine 9 138
14   Turquía maNga We could be the same 2 170
15   Albania Juliana Pasha It's all about you 16 62
16   Islandia Hera Björk Je ne sais quoi 19 41
17   Ucraína Alyosha Sweet people 10 108
18   Francia Jessy Matador Allez! Ola! Olé! 12 82
19   Romanía Paula Seling & Ovi Playing with fire 3 162
20   Rusia Peter Nalitch Lost and forgotten 11 90
21   Armenia Eva Rivas Apricot stone 7 141
22   Alemaña Lena Meyer-Landrut Satellite 1 246
23   Portugal Filipa Azevedo Há dias assim 18 43
24   Israel Harel Skaat Milim 14 71
25   Dinamarca Chanée & N'evergreen In a moment like this 4 149
  • O representante español Daniel Diges viuse obrigado a repetir a súa actuación ao final debido a infiltración dun espontáneo durante a súa actuación.

Máximas puntuacións editar

Trala votación os países que recibiron 12 puntos foron os seguintes:

N. A De
9   Alemaña Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Finlandia, Letonia, Noruega, Suecia, Suíza
5   Dinamarca Eslovenia, Irlanda, Islandia, Polonia, Romanía
4   Acerbaixán Bulgaria, Malta, Turquía, Ucraína
4   Grecia Albania, Bélxica, Chipre, Reino Unido
3   Turquía Acerbaixán, Croacia, Francia
3   Armenia Israel, Países Baixos, Rusia
2   Xeorxia Armenia, Lituania
1   Bélxica Alemaña
1   Bosnia e Hercegovina Serbia
1   Serbia Bosnia e Hercegovina
1   España Portugal
1   Chipre Grecia
1   Rusia Belarús
1   Albania Macedonia do Norte
1   Romanía Moldavia
1   Belarús Xeorxia

Países retirados editar

  •   Andorra: O director de Ràdio i Televisió d'Andorra, Enric Castellet, enviou o 11 de decembro de 2009 unha carta a Unión Europea de Radiodifusión, mediante a cal, a cadea renunciaba a participar na próxima edición do Festival. Nun principio, Andorra inscribirase no certame sen ter suficiente presuposto para afontar o proxecto (300.000€ polo menos para un financiamento decente segundo a directiva da cadea). Finalmente non se acadou ningún acordo económico.
  •   Hungría: A cadea pública Magyar Televízió confirmou a súa retirada do festival debido ás dificultades financeiras que presentará a empresa de radiodifusión nacional húngara no 2010, que implican un recorte no seu presuposto de ata un 30%. Porén, a UER estableceu conversacións cos executivos da cadea e con representantes do goberno húngaro para reconsiderar estes recortes orzamentarios.[2]
  •   Montenegro: A cadea pública Radio-televizija Crne Gore anunciou a súa retirada argumentando dificultades económicas.[3]
  •   República Checa: A cadea pública Česká televize confirmou a súa retirada debido ós malos resultados obtidos nas pasadas edicións do Festival e na falta de interese por parte do público checo.

Incidentes editar

 
Daniel Diges representante español.
  • Durante a actuación de España, en segundo lugar, un espontáneo saltou ao escenario a sabotar a actuación. Daniel Diges seguiu cantando como se nada pasase e a seguridade do Telenor Arena fíxose cargo de Jimmy Jump, o espontáneo. A organización decidiu tralo incidente repetir a actuación despois do último participante, Dinamarca.

Notas editar

  1. http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=5715
  2. http://www.oikotimes.com/v2/index.php?file=articles&id=6775 Arquivado 06 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.. EBU urges MTV to reconsider budget cuts. Oikotimes.com. Data:8-11-2009
  3. http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=5981&idioma Montenegro no estará en Eurovisión 2010 Ed:Eurovision-spain.com. José García Hernández. Data 17-11-2009

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
  Moscova 2009
 
Festival de Eurovisión

2010
Sucesor:
  Düsseldorf 2011