Baldo Martínez

contrabaixista galego

Baldo Martínez, nado en Ferrol en 1959, é un contrabaixista e compositor de jazz galego.

Modelo:BiografíaBaldo Martínez

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoModern creative (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncontrabaixista
Xénero artísticoJazz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoContrabaixo Editar o valor en Wikidata

Facebook: Baldo-Mart BNE: XX1333201 Spotify: 18IgOb0ZmilxRMntHctonx Musicbrainz: f29ddfb2-c370-421f-9e33-2f348b9878ed Discogs: 1715198 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Realizou estudos musicais no Conservatorio da Coruña e no Municipal de Barcelona. Comezou os seus estudos de contrabaixo co profesor Fernando Sala, e continuou profundando na técnica do instrumento con David Thomas e Todd Coolman. Tamén estudou harmonía enfocada ao Jazz con este último e con Bill Dobbins.

É membro fundador de dous dos grupos máis importantes na historia do Jazz en España: Clunia Jazz e Zyklus. Con Clunia gravou o seu primeiro disco, Clunia Jazz en 1982. Uniuse á formación o saxofonista Antonio Cal. En 1983 obtiveron o segundo premio no Concurso Internacional do Festival donostiarra, e participaron nas primeiras Xornadas de Jazz de Santiago de Compostela xunto a Tete Montoliu.

Foron galardoados co primeiro premio no Concurso Internacional do Festival de San Sebastián en 1985 pola súa interpretación acompañando á cantante portuguesa Maria João. En 1987 participaron en París como representantes do jazz español na exposición "Cinco séculos de arte española", no Museo de Arte Contemporánea de París.

Trala disolución de Clunia comezou a súa carreira en solitario con No País dos Ananos. A revista Cuadernos de Jazz considerouno segundo mellor disco de 1996. O seu segundo disco quedou entre os cinco primeiros. Traballou co trío de Anxo Louro e a Banda do Foro, con quen grava o disco Jazzhondo co cantaor invitado Paco do Pozo.

No ano 1999 emprendeu un novo proxecto, encargado Festival de Jazz de Guimarães, e presentado no mesmo na edición dese ano, o Projecto Miño, música de Galiza e Portugal interpretada por nove músicos de ambos lados do río Miño dentro da linguaxe do Jazz contemporáneo.

No ano 2007 editouse o CD deste proxecto, conseguindo recoñecemento a nivel internacional. Foi disco do mes en xaneiro de 2008 segundo a revista francesa Jazz Magazine, e nomeado aos premios da música pola Academia da Música como mellor álbum de Jazz de 2008. En 2009 formou o MBM trío con Lucía Martínez e Antonio Bravo.

Baldo Martínez Grupo

editar

Algunhas das formacións dos seus proxectos:

Baldo Martínez Projecto Miño

editar

Discografía

editar

Baldo Martínez Grand Ensemble

editar
  • Projecto Miño - Karonte, 2007

Baldo Martínez Grupo

editar
  • No País dos Ananos - Karonte, 1996
  • Juego de Niños - Karonte, 1998
  • Nai - Karonte, 2001
  • Zona acústica I - Xingra 2003
  • Tusitala - Karonte, 2005
  • Triez - Universal, 2010

MBM Trío

editar
  • MBM - Xingra, 2011

SONS-NÚS (Maite Dono & Baldo Martínez)

editar
  • Sons-Nús - Karonte, 2010

Clunia Jazz

editar
  • Clunia Jazz - Citola, 1983
  • XVIII Festival Internacional de Jazz de San Sebastián 1983
  • Afueras Periódicas - Jazz Stop, 1984
  • XX Festival Internacional de Jazz de San Sebastián- con María João 1985
  • Rua Cega - Edigal 1986
  • Carpediem - Sons Galiza 1995

Zyklus

editar
  • Interface - Zyklus 1991
  • Nude - Hyades Arts, 1994

BAC Trio

editar
  • Ya - Ingo, 2002

Outros

editar
  • XXI Festival Internacional de Jazz de San Sebastián Baio Ensamble 1986
  • Temura - Javier Paxariño 1994
  • Esquizodelia - Clonicos 1995
  • Jazzhondo - Ángel Rubio 1998
  • Núcleo - José Luis Gutiérrez 1998
  • Folklore Imaginario -Leo Records- Alissa Publishing/PRS, 2005. Co saxofonista italiano Carlo Actis Dato

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar