Maite Dono
María Teresa Dono Duro, nada en Gasteiz o 17 de febreiro de 1969, é unha cantante, actiz e escritora galega.
Maite Dono | |
---|---|
Nome completo | María Teresa Dono Duro |
Nacemento | 17 de febreiro de 1969 |
Lugar de nacemento | Vitoria |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | cantautora, poeta, actriz e escritora |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Cursou estudos de Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Interpretación na Real Escuela de Arte Dramático de Madrid. Desde 1993 participou en varios proxectos como actriz.
Editou dous traballos discográficos na súa andaina musical: O primeiro álbum Corazón de Brief (1998) en homenaxe a Emilio Cao no que interpretaba as súas pezas. O segundo, titulado O mar vertical (2001), é moito máis persoal e inclúe pezas propias, traballo que se completa cun libro de poemas homónimo. Tamén participou no cd recompilatorio Cantigas de Nadal.
Maite Dono comparte e colabora en proxectos con diferentes artistas da escena galega: jazz, acompañando a Baldo Martínez e Alberto Conde, interpretando cantigas medievais xunto a Carlos Beceiro ou traballos con Roberto Somoza. Ten participado tamén en traballos musicais de Na Lúa, La Musgaña.
Actualmente vive en Madrid.
Obra musical editar
- Corazón de Brief, 1998.
- O mar vertical, 2001.
Obra literaria en galego editar
Poesía editar
- O mar vertical, 2000, Espiral Maior.
- Desilencios, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
Obras colectivas editar
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
Premios editar
- XXIII Premio Esquío de poesía no 2003, por Desilencios.
Obra literaria en castelán editar
Poesía editar
- Manta de sombra, 1996, Libertarias/Prodhufi.
Premios editar
- Premio Internacional Libros del Egoísta no 1995, por Manta de sombra.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Maite Dono na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.