Trote é un filme galego de 2018 dirixido por Xacio Baño, sendo a súa primeira longametraxe. O filme conta o rol da muller como coidadora que non atopa o xeito de saír dun ambiente opresivo.

Trote
Ficha técnica
Título orixinalTrote
DirectorXacio Baño
ProdutorLuisa Romeo
Marija Razgute
GuiónDiego Ameixeiras
Xacio Baño
IntérpretesMaría Vázquez
Celso Bugallo
Tamara Canosa
Diego Anido
FotografíaLucía Catoira Pan
MontaxeÁlvaro Gago
EstudioFrida Films
Ciobreliai Films
EstreaFestival de Locarno: 8 de agosto de 2018
Duración83 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Recadación8.436,95 €[1]

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno o 8 de agosto de 2018.

ArgumentoEditar

A acción transcorre durante a fin de semana da rapa das bestas, mentres a aldea comeza a preparar os festexos. Carme é unha muller da aldea que vive a carón do seu pai, Ramón, e da súa nai doente. A comunicación co seu pai é case inexistente. O seu traballo, nunha panadaría, e a súa vida nun ambiente afogador fan que medre a necesidade de fuxir, mais as súas circunstancias nunca llo permitiron. Por outra banda, o seu irmán maior Luís volve a casa por uns días na compaña da súa parella María.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

Recibiu 14 nomeamentos en 13 categorías nos Premios Mestre Mateo de 2018, gañando finalmente cinco.[2]

2020 17ª edición dos Premios Mestre Mateo[2] Mellor filme Xacio Baño Nomeado
Mellor director Xacio Baño Nomeado
Mellor actriz María Vázquez Gañadora
Mellor actor secundario Federico Pérez Gañador
Mellor actor secundario Celso Bugallo Nomeado
Mellor actriz secundaria Melania Cruz Gañadora
Mellor guión Xacio Baño e Diego Ameixeiras Gañadores
Mellor dirección de produción Xabier Eirís Nomeado
Mellor dirección artística María Lolo Nomeada
Mellor montaxe Álvaro Gago Nomeado
Mellor son Miguel Seixo Nomeado
Mellor fotografía Lucía Catoira Pan Gañadora
Mellor maquixalle e peiteado Marian Simón Nomeada
Mellor deseño de vestiario Renata Uzal Nomeada

NotasEditar

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Trote". Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Palmarés dos XVII Premios Mestre Mateo" (PDF). Academia Galega do Audiovisual. 4 de marzo de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar