Ons (filme)

filme de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza

Ons é un filme dramático galego de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza e escrito por Zarauza e Jaione Camborda. É unha longametraxe galega con participación portuguesa[1] rodada en lingua galega. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020.

Ons

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aAlfonso Zarauza Editar o valor en Wikidata
GuionistaAlfonso Zarauza e Jaione Camborda Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enGalicia Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña e Portugal Editar o valor en Wikidata
Recadación9.158,46 € Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 26 minutos Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt11660916 Filmaffinity: 425867 Allocine: 287258 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A película levouse a cabo a través dunha coprodución entre Galicia e Portugal na que participaron a produtora galega Maruxiña Film Company e a portuguesa Bando à Parte. Tamén tivo participación tanto a Televisión de Galicia (TVG) coma a Rádio e Televisão de Portugal (RTP), xunto cunha subvención de AGADIC e a colaboración da Deputación de Pontevedra.

Sinopse

editar

Tras unha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto á súa esposa Mariña a unha remota illa do Atlántico, co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio.

A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor, ata que, tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.

Personaxes

editar
Actor/actriz Personaxe Notas
Melania Cruz Mariña Esposa de Vicente e irmá de Antón. Chega a illa coa esperanza de recuperar o home do que se namorou pero os acontecementos que os rodean non

son os que ela esperaba.

Antonio Durán “Morris” Vicente Interpreta o personaxe de Vicente, un doutor da gran cidade que se encontra en depresión debido ao accidente mortal que sufriu a súa amante. Chega a

illa co obxectivo de superar a súa enfermidade e recuperar a maxia coa su muller, Mariña.

Xúlio Abonjo Antón É un dos gardas forestais. É o marido de Isabel e á súa vez, irmán de Mariña.
Marta Lado Isabel Nada na Illa e fareira pola tradición familiar. Gústalle vivir illada e pensa que é a única fareira que queda no continente, os demais están automatizados. É muller

dun dos gardas forestais, Antón.

Anaël Snoek Creba É un personaxe que naufragou na illa. A súa aparición pon en relieve a relación entre Mariña e Vicente, así como aos demais personaxes. A coñecen como

“Creba” pero en realidade non sabemos o seu nome, nin sequera quen é.

Diego Anido Couto personaxe que se encarga de traer todas as cousas á illa, incluso no inverno. É moi querido por todos e o seu afogamento supón unha traxedia emocional.
Miguel de Lira Golobardos É un colono que naceu na illa, o cal despreza aos turistas e as regras que rexen este patrimonio da humanidade. Dende que Ons se convirtira nun espazo

protexido, o tivo difícil xa que sempre viviu dos congros e a pesca. Ademais, a súa muller, era futiva e morreu mariscando.

Montserrat Martínez Pereira Valentina Filla de Antón e Isabel.

Estrea

editar

Difusión

editar

Ons estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020, mais a súa estrea nas salas comerciais produciuse un mes máis tarde, a partir do 18 de decembro de 2020.[2] Á súa vez, competiu na sección de nova creación “Special Screen”, onde disputou un premio dotado con 10.000 euros contra catorce longametraxes de países coma o Reino Unido, Francia, Dinamarca ou Bélxica. Outros festivais onde Ons estivo presente foron o Márgenes de Madrid e o festival de Cineuropa.

En canto ás plataformas de streaming, Ons foi o primeiro filme en estar só e integramente en galego e sen dobraxes nas plataformas de Netflix, Filmin e HBO, mais contan con subtítulos ao castelán

Acollida

editar

O filme Ons (2020) foi recibido polo crítico Sergio F. Pinilla en Cinemanía con catro estrelas sobre cinco.[3]

Nos Premios Mestre Mateo, Ons alzouse con nove premios dos trece ao que estaba nomeado: mellor película, mellor dirección de fotografía a Alberte Branco, mellor dirección de produción a Tamara Soto, mellor guión a Alfonso Zarauza e Jaione Camborda, mellor montaxe a Fernando Alfonsín, mellor son a Sérgio Silva e David Manchado,  e mellor interpretación a Melania Cruz, a Antonio Durán “Morris” e a Marta Lado.[4]

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Ons". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2021. 
  2. Farriol, Daniel (8 de abril de 2021). "Crítica de 'Ons': La paradoja del faro". noescinetodoloquereluce.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  3. Pinilla, Sergio F. (15 de decembro de 2020). "Ons". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2022. 
  4. "GAÑADORAS XIX MESTRE MATEO" (PDF). academiagalegadoaudiovisual.gal. 10 de abril de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar