Susana Seivane

gaiteira galega

Susana Seivane Hoyo, nada en Barcelona o 25 de agosto de 1976, é unha gaiteira galega cun estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros, mais incorporando ás veces influencias doutras músicas.

Infotaula de personaSusana Seivane

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGaita e gaita galega Editar o valor en Wikidata

Páxina websusanaseivane.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1929556 Facebook: 166402198105 Twitter: SusanaSeivane iTunes: 202331576 Last fm: Susana+Seivane Musicbrainz: dcf9547a-8512-48c1-89a1-1c15d231a283 Songkick: 99362 Discogs: 2131571 Allmusic: mn0000755378 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Susana Seivane pertence a unha familia recoñecida dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de Galiza, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade da man do seu pai Álvaro Seivane. Aos nove trasladouse xunto coa súa familia a Cambre. Xa en Galiza, entrou en contacto con mestres gaiteiros como Ricardo Portela e Moxenas, que xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane,[1] influenciarían grandemente o seu modo de entender e interpretar a música tradicional galega.

Dende os 10 anos comezou a ofrecer concertos por todos os recunchos do país. Durante a súa adolescencia, Susana cursou estudos de solfexo e piano, formando parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos, tomou contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista invitada.

No ano 2001 resultou escollida como unha das cinco finalistas dos Indie Awards, os premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente dos Estados Unidos (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

Ten cinco discos editados e acostuma facer xiras anuais polo territorio europeo (Francia, Holanda, España, Escocia, Portugal, Alemaña, Italia...) e americano (Bos Aires, Río da Prata, Estados Unidos).

 
Susana Seivane, entrevistada na Radio Galega

Discografía

editar

Álbums en solitario

editar
* Susana Seivane (1999)
* Alma de buxo (2001)
* Mares de tempo (2004)
* Os soños que volven (2009)
* Fa (2018)
* Dende o meu balcón (2020)
  • Susana Seivane:

Este traballo baséase en temas tradicionais e composicións de artistas galegos e foi levado polos escenarios do folk nacional e internacional, conseguindo grandes éxitos e boas críticas. O seu primeiro disco editouse entón en Europa, os Estados Unidos e o Canadá.

  • Alma de buxo:

Como novidades, neste traballo introduce instrumentos como a batería e o baixo eléctrico e inclúe no disco composicións propias.

  • Mares de tempo:

Foi o terceiro disco de Susana Seivane, que foi interpretado por escenarios de Escocia, Alemaña, Francia, Italia, Estados Unidos, Arxentina etc. Sen abandonar a tradición e as raíces, Susana quixo dar un importante paso na innovación dos arranxos e na selección dos temas -doce máis outro extra-, para o que contou con artistas invitados.

  • Os soños que volven:

O cuarto disco contén melodías que Susana Seivane escoitaba e/ou interpretaba na súa infancia, rexurdindo na súa voz e na súa gaita, acompañadas de arranxos modernos e ás veces atrevidos.

  • Dende o meu balcón:

Este disco naceu a partir das actuacións coas que agasallaba aos seus veciños durante o confinamento por mor da pandemia de COVID.[2] Consta de 55 temas populares moi coñecidos -como A Carolina, O Galo, a Muiñeira de Lugo ou o Himno Galego- que se agrupan en 20 suites.[3]

Colaboracións

editar

A banda

editar
 
Susana Seivane nas festas de Narón 2009

Susana está acompañada por un elenco de músicos moi novos: Brais Maceiras nos acordeóns, Xurxo Iglesias no bouzouki, Carlos Gándara na batería e bombo tradicional, Carlos Freire nas percusións e tamboril tradicional, Iago Rodríguez no baixo eléctrico e Begoña Riobó na zanfona e violín.

Xiras e festivais máis relevantes

editar

Dende 1999, ano do primeiro disco de Susana Seivane, foron numerosas as xiras da gaiteira, así como a súa participación nos festivais máis importantes de España, Europa e os Estados Unidos.

Susana acode ós festivais nacionais e internacionais máis importantes e viaxa por todo o mundo, como o Festival Celtic Connections en Escocia, o Festival de Rudolstadt en Alemaña, o Dranouter Fest en Bélxica, Irish Festival en Italia, o Festival Intercéltico de Lorient, o Festival de Brampton e o Eastleigh Summer Music Festival, o Cambridge Folk Festival, os tres en Gran Bretaña, o Malahide International Festival of Piping & Drumming de Dublín en Irlanda etc.[4] En Francia acode entre outros a festivais como o de Les Irlandays e Juvisy sur Orge, o Festival du bout du Monde e o Festival de La Saint Loup en Guingamp etc. Tamén toca nos festivais máis relevantes de España: o Festival Folk de Getxo, o Mercat de la Música Viva de Vic, en Barcelona, La Mar de Músicas en Cartaxena, o Festival Mendébala de Biscaia, o Festival Folk de Segovia, San Froilán de Barcelona, Karrantza de Biscaia, o Festival folk de Cantabria... E en Galicia percorre todo o país: Festival do mundo celta de Ortigueira, San Froilán en Lugo, Festas de María Pita, Praza Maior de Ourense, Praza da Quintana de Santiago de Compostela, Pontevedra...

Vida persoal

editar

En 2002, casou co acordeonista Roberto Grandal[5].

Antoloxías

editar

Premios

editar
  1. Redacción (13 de xuño de 2021). "Seivane, el hombre que hizo internacional la gaita gallega desde Cambre". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  2. Capelán, Brais (6 de novembro de 2020). "Susana Seivane: "Nuestra música fue un grito de ánimo para los gallegos que lo pasaron mal"". elespanol.com (en es/gl). Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  3. "SUSANA SEIVANE PUBLICA “DENDE O MEU BALCÓN”, SU NUEVO DISCO". regalamusica.es (en castelán). outubro de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  4. http://www.susanaseivane.net
  5. Neira, Fernando (6 de agosto de 2002). "La gaitera Susana Seivane se casa en una ceremonia a la vieja usanza". elpais.com (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar