Moxenas

compositor e gaiteiro galego
(Redirección desde «Nazario González Iglesias»)

Nazario González Iglesias, coñecido tamén como Moxenas, nado no barrio do Outeiro, na parroquia viguesa de San Pedro de Sárdoma o 29 de xaneiro de 1934 e finado en Sárdoma o 11 de xuño de 1995, foi un compositor e gaiteiro galego.

Infotaula de personaMoxenas
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Sárdoma, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 1995 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Sárdoma, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , gaiteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Herdou o alcume de "Moxenas" do seu bisavó que era limpachemineas e xa con sete anos de idade daría os primeiros pasos no mundiño da gaita da man de Xosé Barcia Couto máis coñecido como "Pepe o coxo", un gaiteiro paralítico que tocaba en cadeira de rodas.

Aos once anos entra a formar parte do grupo "Os Chavales" de Sárdoma, pasando máis tarde a "Os Peruchos". Despois do servizo militar traballaría no estaleiro Fillos de X. Barreras coma aprendiz electricista que simultaneamente compartiría como compoñente de "Airiños do Monte" de Sampaio, e "Vento das Cíes", grupo dirixido por Melitón.

Arredor de 1961, emigra a Alemaña, feito que durante unha década o afastaría da gaita, e a súa volta traballaría tres anos como taxista e máis tarde como monitor de autoescola no barrio vigués do Calvario, unha actividade que compaxinaría coma mestre de gaita en diferentes centros culturais de Vigo e a súa comarca.

No ano 1978 crea con Xosé Manuel Fernández Costas o grupo Muxicas a partir de Lembranzas Galegas,[1] que ensaiaban nas instalacións dos Franciscanos no Barrio do Cura. O Quinteto "Muxicas" supuxo para Moxenas a faceta de compositor, posto que eran momentos de pontes entre a tradición e os tempos novos da música tradicional. Abandonaría o grupo no ano 1986, despois da edición de dous álbums de estudio: "Parolada" (1982) e "Muxicas" (1986).

Moxenas foi un gaiteiro vigués ó que lle gostaba acubillarse ó carón do palco do "Pino Manso" na Romaría de San Roque, observando as actuacións dos Gaiteiros Os Morenos de Lavadores sempre uns dos seus referentes (manifestouno en diversas ocasións), incluso adicándolles unha poesía titulada "Carballeira de San Roque".

Foi "Vigués Distinguido" no ano 1991 e catro anos despois sería o seu pasamento. Unha rúa na cidade de Vigo leva o nome Nazario González (Moxenas).[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar