Brais Maceiras, nado en Elviña (A Coruña), o 10 de agosto de 1978, é un gaiteiro e acordeonista galego que desenvolveu a súa carreira na banda da gaiteira Susana Seivane e noutros grupos cos que colabora. Actualmente forma parte do grupo Luar na Lubre.

Brais Maceiras
Nome completoBrais Maceiras Barreiro
AliasO Lóstrego de Elviña
Data nacemento10 de agosto de 1978
Nado enA Coruña
XéneroFolk
Instrumento(s)Gaita e acordeón
Tempo en activo1999 — actualidade
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aos doce anos iniciou os seus primeiros contactos coa música a través da gaita nos Rexumeiros de Elviña, dirixidos no seu primeiro momento por Bieito Romero, da Asociación Cultural Tempo Novo. Nesta asociación tamén foi mestre gaiteiro durante varios anos e actualmente dá clases de acordeón diatónico. Posteriormente, iniciouse no acordeón por iniciativa de Bieito Romero, o instrumento que na actualidade utiliza nos grupos de que forma parte, Susana Seivane e Ruote, principalmente.

Participou na gravación e nas xiras dos catro discos editados de Susana Seivane e adoita xirar coa artista cambresa por Europa (Francia, Países Baixos, España, Escocia, Portugal...) e América (Buenos Aires, Río da Prata).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar