Elviña, A Coruña

parroquia civil do concello da Coruña

San Vicenzo de Elviña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 15.255 habitantes (7.569 homes e 7.686 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en 259 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia de Elviña pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Elviña
ConcelloA Coruña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°20′02″N 8°24′16″O / 43.333922, -8.404381
Área14,24 km²
Poboación15.255 hab. (2014)
Densidade1.071,28 hab./km²
Entidades de poboación20[2][1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Nesta parroquia atópase o Castro de Elviña. Nesta parroquia tivo lugar a batalla de Elviña no curso da Guerra da Independencia Española.

Trala aprobación da Constitución española de 1812 e a creación dos concellos constitucionais, a parroquia de San Vicenzo de Elviña integrouse no concello de Oza xunto ás parroquias de San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma e Santa María de Oza. En 1912, o concello da Coruña anexionou o concello de Oza, pasando Elviña a ser unha das cinco parroquias da Coruña.

En 1989, foi creada a Universidade da Coruña, sendo construídos os campus de Elviña (no lugar tradicionalmente coñecido como As Mariñas Douradas[3], nun terreo que xa se expropiara en 1963 para construír unha fábrica de fertilizantes[4]) e mais da Zapateira dentro dos límites da parroquia. Dende entón, a expansión do Campus de Elviña á custa das históricas localidades de Elviña e do Castro de Elviña, levantou as protestas dos veciños que teñen que facer fronte ás continuas expropiacións e á especulación urbanística[4][5][6]. A este problema únense as expropiacións do Parque Ofimático (Xuxán[7]) que xa destruíron lugares como As Cernadas e Galán e teñen proxectado derrubar parte da aldea de Elviña[8][9].

Notas etnográficas

editar

Para cantar e beilar,
as nenas da Pelengrina;
para beber a perrita,
as borrachonas de Elviña [10].

Patrimonio

editar

Ademais do Castro de Elviña e a igrexa de San Vicenzo de Elviña, consérvanse en Elviña dous hórreos centenarios de estilo Visma en bo estado, entre eles o da desaparecida reitoral de San Vicenzo de Elviña sobre a que se levantou o colexio das Franciscanas, que é un dos maiores da comarca, con 15×3,20 metros.[11]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Elviña

editar
Lugares da parroquia de Elviña no concello da Coruña

Aguaceiros | Carracedo | O Castro de Elviña | Elviña | O Escorial | Feáns | A Felga | Fontaíña | O Lagar | Mesoiro | Palavea | Pasaxe ao Burgo | Pedralonga | Pedro Fernández | Penarredonda | Río de Quintas | Santa Xema | O Souto | Vío | A Zapateira

Parroquias da Coruña

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Sumando as entidades que figuran no nomenclátor da Xunta de Galicia e mais as que figuran no do INE.
  3. Xurxo Souto (2005) "O centro e a periferia. A vivencia do emprego do galego na Coruña" Lingua e cidade. I Xornadas sobre lingua e usos. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. (pp. 58-59)
  4. 4,0 4,1 "La última aldea de A Coruña " Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine. El Correo Gallego
  5. "La resistencia de la aldea de A Coruña" El País (04/04/2008)
  6. "Los más expropiados del concello" La Opinión A Coruña (01/04/2009)
  7. O parque Ofimático cambia de nome de xeito oficial a Xuxán
  8. "Novas mobilizacións na Coruña para evitar o desafiuzamento de 12 familias" Galicia Confidencial (29/08/2014)
  9. "'O que queren construír aquí é outro Gaiás'" Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Sermos Galiza (25-05-2013)
  10. O colector desta cantiga, Pérez Ballesteros, explica que "Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña". Actualmente, O Burgo é lugar e parroquia do concello limítrofe de Culleredo, e nin Pelengrina nin forma parecida figuran no Nomenclátor. Segundo Eladio Rodríguez, a perrita é unha "copa de aguardiente de caña, que tomaban en La Coruña los pescadores y marineros en ayunas, para entonar el estómago, al salir a sus faenas. Esta costumbre antigua llamábase 'toma-la perrita', y desapareció en la primera veintena del actual siglo" (refírese ó século XX).
  11. "PXOM da Coruña" (PDF). SIOTUGA. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 1-5-2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar