Mesoiro, Elviña, A Coruña

lugar da parroquia de Elviña, no concello da Coruña

Mesoiro é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2021 tiña 8.226 habitantes, dos cales 4.124 eran homes e 4.102 eran mulleres.

Mesoiro
Río Mesoiro (A Coruña).jpg
ParroquiaElviña
ConcelloA Coruña
Poboación8.226 hab. (2021)
editar datos en Wikidata ]
Situación de Mesoiro (vermello) e Novo Mesoiro (laranxa) no concello da Coruña.[1]

XentilicioEditar

O seu xentilicio é mesoiriño[3].

XeografíaEditar

O lugar é atravesado polo río Mesoiro, ficando na marxe esquerda do río o polígono industrial de Pocomaco e na marxe dereita o casco antigo da vila. Na primeira década do século XXI foi edificada unha gran urbanización chamada Novo Mesoiro nun monte adxacente coñecido polo nome de Alto do Monte do Muíño, o cal tradicionalmente era considerado parte de Feáns[4]. A construción da urbanización provocou críticas por parte de colectivos ecoloxistas, veciños e mais de urbanistas e docentes de diversas universidades, xa que o lugar escollido ten un gran valor biolóxico e o deseño da urbanización resulta moi agresivo co contorno, pois presenta grandes bloques de vivendas no alto dun monte arredor dunha zona rural[5].

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de ElviñaEditar

Lugares da parroquia de Elviña no concello da Coruña

Aguaceiros | Carracedo | O Castro de Elviña | Elviña | O Escorial | Feáns | A Felga | Fontaíña | O Lagar | Mesoiro | Palavea | Pasaxe ao Burgo | Pedralonga | Pedro Fernández | Penarredonda | Río de Quintas | Santa Xema | O Souto | Vío | A Zapateira

Parroquias da CoruñaEditar

NotasEditar

  1. Estudos previos
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  3. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 25. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  4. Xurxo Souto (2005) "O centro e a periferia. A vivencia do emprego do galego na Coruña" Lingua e cidade. I Xornadas sobre lingua e usos. Servizo de Normalización Linguística, Universidade da Coruña. (p.59)
  5. Mesoiro-Feáns: contra a urbanización salvaxe Colectivo R.U.A.

Véxase taménEditar