Jorge Sánchez Blas, máis coñecido como Jorge Blass, nado en Madrid o 2 de maio de 1980, é un ilusionista español.

Infotaula de personaJorge Blass

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jorge Sánchez Blas Editar o valor em Wikidata
2 de maio de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJorge Blass Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmago , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1494907 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Con 6 anos empezou na casa cuns xogos de maxia que lle regalaran os pais. Tempo despois, leu nun fascículo do Curso de Magia de Juan Tamariz que en Madrid había unha tenda de maxia, "Magia Estudio", de Encarnita e José Luis Ballesteros. Acode coa súa nai e compra "La cuerda tricolor". Durante meses seguiu acudindo á tenda coa nai, quen o anima a asistir a unha escola de maxia.[1][2]

Con 12 anos iniciou a súa formación na "Gran Escuela de Magia de Ana Tamariz", dirixida pola filla de Juan Tamariz, a quen sempre sinalou como mestre. Na madrileña sala de maxia, Harry Houdini presentou as súas primeiras actuacións.

 
Blass estudou na Escola de Ana Tamariz, filla do famoso mago (na foto)

En 1993 superou a proba de acceso á Sociedade Española de Ilusionismo, o que o converteu, con 13 anos, no mago máis novo do grupo.[2] Dende entón, a súa formación fíxose máis purista. Comezou a asistir a todo tipo de conferencias e faladoiros sobre maxia e ilusionismo, e especializouse en manipulación. Recibiu un premio nacional en 1995, durante o Congreso Nacional de Maxia celebrado en Valladolid.

Madurez e éxito na maxia editar

En 1995 tamén obtivo dous premios no Congreso Internacional Magic Valongo, que fixeron que se falase do mago en círculos internacionais. O ano seguinte David Copperfield actuou en España e solicitou unha actuación de Blass para intercambiaren ideas. Ese mesmo ano obtivo o Premio Frakson ao mellor mago do ano. Participou no Congreso Mundial de Maxia en Dresden (Alemaña) e obtivo o quinto posto en manipulación.

En 1998 comeza a súa andaina como profesor da Escola de Maxia de Tamariz. O ano seguinte, xunto a Tamariz e outros grandes da maxia española, realizou unha exhibición en Nova York. Poucos meses despois o príncipe Rainerio III de Mónaco outorgoulle o premio Varita Máxica de Ouro.

En 2000 participou nun concurso de maxia en Las Vegas, onde foi galardoado como "talento máis prometedor".

En 2004 crea a súa propia empresa, 7 Rojo Producciones. Organiza espectáculos e proxectos como galas de maxia, tanto a nivel nacional como internacional, así como eventos para empresas ou particulares. Blass coordina a loxística máxica, o equipo e as viaxes.

O seu espectáculo El Arte de la Magia foi unha das súas primeiras grandes producións. Viaxou co seu equipo durante varios anos por teatros do estado con levitacións, maxia para todas as idades, aparicións e desaparicións. O mago ampliou o seu repertorio e encheu teatros. Deulle maior protagonismo á maxia participativa, co que ofreceu un espectáculo audiovisual de gran calidade técnica.

En 2011 dirixiu e presentou o I Festival Internacional de Maxia de Madrid, no Teatro Circo Price de Madrid. Tras o éxito repetiuno os seguintes anos. O Festival celébrase o primeiro trimestre do ano.[3][4]

En setembro de 2012 estreou no teatro Compac Gran Vía de Madrid o espectáculo Birlibirloque, en que introduce ilusións de última xeración con aparellos electrónicos. O espectáculo inclúe música en directo, creada e interpretada por Nacho Mastretta e a súa banda de música.

En 2015 chegou Palabra de Mago. Estreouse novamente no Teatro Compac Gran Vía de Madrid, mais tamén no Teatro Poliorama de Barcelona ou no Teatro Olympia, entre outros.

Segue presentando os seus espectáculos de maxia en grandes escenarios do mundo, como o Starlite Festival en 2018.

Chegada e consolidación na televisión editar

A súa primeira aparición televisiva foi en 2000, nun anuncio de publicidade dunha compañía de comunicacións. Isto fixo que a cara de Blass chegase ao público xeral. Porén, seguía con outros traballos menos recoñecidos, como os efectos do musical "Dr. Jekill and Mr. Hyde" de Raphael. En 2001 participou no popular programa infantil de Antena 3 Megatrix, no cal dirixía un espazo de maxia de seu, "Magiatrix".

A súa popularidade seguiu crecendo, con actuacións na India e en Hollywood. En 2002 comezou a traballar no programa Zona Disney de Telecinco, cunha sección chamada "Maxia Vip". Desde aí, a súa participación faise habitual en programas como Lo + Plus (Canal +) ou Un domingo cualquiera (La 1).

En 2004 creou o seu propio espectáculo, con xiras por salas de Madrid e Barcelona. Os seus posteriores traballos en televisión foron colaboracións esporádicas en Ankawa e Sábado Noche. Dirixiu e presentou 3 tempadas do programa Nada x Aquí de Cuatro entre 2005 e 2008.

En 2007 foi galardoado co Premio Zapping ao "mellor programa de entretemento". Ese ano deseñou como asesor máxico o efecto de transformación da Bestia en Príncipe do musical "La Bella y la Bestia", no Teatro Calderón de Madrid entre 2007 e 2008.

En 2013 participou no programa Por arte de magia, presentado por Anna Simon e emitido en prime time en Antena 3.

Accidente e consecuencias editar

En 2017 Blass foi atropelado por un coche en Vigo e tivo que ser operado por varias fracturas nun brazo.[5] Como a súa man dereita é fundamental no seu traballo, dende entón non pode realizar algúns dos seus trucos.[6] O condutor, quen duplicaba a taxa máxima de alcol, foi condenado polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo a unha indemnización de 35.000 euros e a unha multa de 2.190 euros. Durante o xuízo, Blass alegou que varias secuelas, entre elas no polgar dereito, impediríanlle realizar trucos de alto nivel.[7]

Fundación Abracadabra de Magos Solidarios editar

É membro fundador e patrón da Fundación Abracadabra de Magos Solidarios. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro que se dedica a levar maxia a nenas e nenos en hospitais, anciás e anciáns en residencias e persoas con discapacidade psíquica e física.

En 2007 protagonizou a xira «Magos Solidarios on Tour 07». Percorreu 22.000 km, visitou 25 cidades de España e actuou de balde en máis de 30 hospitais infantís no que foi o maior maratón de maxia solidaria xamais realizada. En 2008 e 2009 naceu o proxecto «Semana de la Magia Solidaria», en Madrid.

No cinema editar

En 2010 Blass participou no filme Pájaros de papel, ópera prima de Emilio Aragón como director e escrita polo guionista Fernando Castets.[8] Interpreta a un gran mago que actúa nos teatros da posguerra española.

Premios editar

  • La Baguette D´Or de Montecarlo en 1996 [9]
  • Premio SARMOTI ao talento máis prometedor en Las Vegas.
  • Primeiro Premio Internacional de Maxia en Portugal.
  • Premio Frakson ao mellor mago do ano en 1996 [10]

Publicacións editar

  • 2003 - Magia para No Dejar de Soñar: Desde Houdini a Harry Potter, Crea Tu Propio Ilusionismo. Con prólogo de Juan Tamariz. Ediciones Martínez Roca. ISBN 9788427029491 [1]
  • 2011 - La fuerza de la ilusión, coescrito con Fernando Botella. Grupo Planeta. ISBN 9788492414802 [11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Blas, Jorge (2003-10-02). Magia para No Dejar de Soñar: Desde Houdini a Harry Potter, Crea Tu Propio Ilusionismo (en castelán). Ediciones Martínez Roca. ISBN 978-84-270-2949-1. Consultado o 2021-08-27. 
  2. 2,0 2,1 Madrid, Ayuntamiento de. "El Madrid mágico de Jorge Blass" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2022. Consultado o 2021-08-27. 
  3. "Web oficial del Festival Internacional de Magia de Madrid". Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  4. "Jorge Blass: «Ya no existe el "coge tu carta", pero no hay nada imposible para la magia»" (en castelán). 2021-02-16. Consultado o 2021-08-27. 
  5. "Jorge Blass recuerda el aparatoso accidente de tráfico que sufrió en Vigo" (en castelán). 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  6. Vigo, Faro de. "El mago Jorge Blass: "El atropello dañó mi mano derecha, que es mi bien más preciado"" (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  7. "El conductor ebrio que atropelló al mago Jorge Blass en Vigo tendrá que pagarle 35.000 euros" (en castelán). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  8. "Web oficial de la película Pájaros de papel" (en español o inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2010. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  9. "Web oficial de Jorge Blass". Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2012. Consultado o 14 de abril de 2012. 
  10. "Jorge Blass". Círculo Mágico Internacional Don Bosco. 26 de agosto de 2008. Consultado o 14 de abril de 2012. 
  11. Blass, Jorge; Botella, Fernando (2011-02-15). La fuerza de la ilusión (en castelán). Grupo Planeta Spain. ISBN 978-84-92414-80-2. Consultado o 2021-08-27. 

Ligazóns externas editar