Berta Collado

Presentadora e periodista española

Berta Collado Rivera é unha presentadora e periodista española nada o 3 de xullo de 1979 en Talavera de la Reina, (Toledo), aínda que creceu en Navalmoral de la Mata (Cáceres), debido á vida profesional dos seus pais.[1]

Infotaula de personaBerta Collado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Berta Collado Rivera Editar o valor em Wikidata
3 de xullo de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Talavera de la Reina, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión , modelo , xornalista , actriz Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLa Sexta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webbertacollado.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2927811 Twitter: colladoberta Instagram: colladoberta Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Realizou traballos de prensa escrita en varias empresas e gabinetes de comunicación. Comezou no periodismo con 20 anos, chegando a licenciarse, e compaxinando a súa carreira con diferentes traballos relacionados co sector. Nada máis finalizar a súa carreira, realizou un máster en comunicación televisiva.

Ademais, antes xa realizara un curso en TVE de locución e presentación de programas de televisión e un ano de interpretación. Comezou en televisión no ano 2004, concretamente na cadea de televisións locais Punto TV, pertencente ao grupo Vocento.

En Onda 6 foi presentadora da segunda tempada do programa Do U Play?, dirixido por Nacho Niño. Máis tarde, os canais AXN e Sony en VEO contaron con ela para presentar o seu programa Insert Coin.[2] Ademais, realizou traballos de modelo publicitaria para varias marcas, prestando a súa imaxe para Deuralde, protagonizou un vídeo das Fuerzas Armadas Profesionales, e colaborou en curtas.

No 2006 copresentou e fixo reportaxes no programa deportivo de Cuatro, Maracaná 06. En xaneiro de 2007 fixo de reporteira para Cuatro en U.V.E., producido por Cuarzo Producciones. O 3 de marzo de 2007 comezou a presentar Esta tarde con esta gente, un programa de humor producido por Zeppelin TV que só durou dúas fins de semana.

O 5 de novembro de 2007 incorporouse ao programa de La Sexta Sé lo que hicisteis... como reporteira de eventos políticos e deportivos, interpretando cada vez personaxes máis diversas. En outubro de 2008, Berta protagonizou a campaña "Somos Extremadura", con anuncios en solitario e xunto a outros personaxes famosos. En novembro de 2008, cando cumpriu un ano da súa incorporación a Sé lo que hicisteis..., Berta deixou o programa Insert Coin, que presentaba dende hai dous anos e medio, xa que o seu traballo como reporteira ocupaba case todo o seu tempo.

En febreiro de 2009, apareceu na portada da revista para homes FHM. En xuño de 2009, Berta foi nomeada a 22ª muller máis sexy do mundo polos españois votantes da prestixiosa revista FHM, onde apareceu na súa portada en febreiro.

No verán do 2009, Berta volveu a ter máis protagonismo en Sé lo que hicisteis.... Durante as vacacións do seu compañeiro Dani Mateo, Berta substitúeo facendo a sección de noticias "Berta y la actualidad". E no mes de agosto, cubriu as vacacións do seu compañeiro, Miki Nadal, facendo a súa sección. A principios do 2010, Berta Collado renovou o seu contrato con La Sexta e ademais de reportaxes e sketchs conta cunha sección diaria no plató. O 25 de febreiro do 2010 presentou, de forma puntual, o programa enteiro e por primeira vez, substituíndo á presentadora Patricia Conde. A partir do 5 de xullo do 2010, Berta converteuse na presentadora substituta do programa durante as vacacións de Patricia Conde e o programa pasou a chamarse "Sé lo que hicisteis.. verano".

En abril do 2010 anunciouse durante o Festival de cine español de Málaga que protagonizaría a súa primeira película, “Sin cita previa”, ó carón do seu compañeiro televisivo Miki Nadal. A rodaxe empezaría despois do verán, compaxinando o programa coa rodaxe e filmando as fins de semana, pero ao rexeitar Miki Nadal o papel na película, tal como anunciou no seu Twitter, Berta seguiu os pasos do seu compañeiro e non vai a interpretar o papel de protagonista en dita película.

Foi elixida polos lectores de terra.es a mellor reporteira da TV. Está considerada unha das 10 mulleres máis sexys de España. Movistar joven elixiuna 'La chica de la semana' en agosto do 2010. No 2010, foi nomeada a 11ª muller máis sexy do mundo e 7ª polos españois votantes da revista FHM. En outubro do 2010 foi portada da revista Must! magazine.

Foi galardoada co premio Top Glamour Mujer del Año á mellor comunicadora. O 11 de novembro do 2010 foi recoñecida como Rostro Revelación 2010.

No verán de 2016 substitúe a Inés Ballester como presentadora no programa Amigas y conocidas de TVE do que forma parte como colaboradora habitual desde 2015.

Televisión editar

Notas editar

  1. Entrevista a Berta Collado no Diario Hoy (20/08/2008)
  2. "Páxina web do programa Insert Coin". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar